Que temos

PROXECTOS NOS QUE ESTAMOS A TRABALLAR . CURSO 2019-2020

Este curso 2019-2020 estamos a participar en distintos Programas e Proxectos coa fin de mellorar a calidade do ensino e a convivencia no noso centro, e ofrecer ao noso alumnado unha oferta máis ampla que dea resposta aos seus intereses e ás intelixencias múltiples.

Queremos contribuír a esa formacións integral que os vai capacitar para a inserción laboral e social nun futuro, non moi lonxano, e que se presenta con novos retos .

 

ISTO É O QUE PODES ATOPAR

 

O Ceip o Grupo fundouse no 1949. Desde entón viuse influenciado por moitos cambios e melloras. Describimos brevemente algunha das súas características máis importantes se non o coñeces.

ALUMNADO: Centro tipo B, Doble liña en Infantil e en Primaria. (6 unidades Infantil + 12 unidades Primaria + Unidades de Educación Especial). Aulas completas, 25 alumnos por aula, sen contabilizar repetidores.

PROFESORADO: 34 mestres/as. 18 Titores/as, 2 especialistas de E.F., 1 especialista E. Músical, 3 especialistas de Lingua Estranxeira. 1 Relixión Católica, 1 Relixión Evanxelista. 1 apoio Infantil, 1 Orientador, 5 Especialistas de PT / Audición e Linguaxe. 

HORARIO: Dispoñemos de Xornada Continuada desde o curso 2007-08. Entrada ás 09:00 am e saída ás 14:00.

SERVICIO DE COMEDOR: Dispoñemos de comedor xestionado pola ANPA, a través dun servicio de Catering da empresa Baiuca, que da de comer a uns 30 nenos/as en horario de 2:00 horas ás 4:00 horas da tarde.

 SERVICIO MADRUGADORES

HORARIO DE ATENCIÓN A PAIS: Tódolos Martes de 17:00 a 18:00, Concertar cita previa co titor/a do alumno/a para que poidan compilar información de tódolos mestres especialistas implicados e para poder distribuir as citas dos papás ao longo do horario de titoría.

TRANSPORTE ESCOLAR: Ao recoller a alumnado do nucleo urbán non posúe transporte escolar.

INSTALACIÓNS:

GRUPOS DE TRABALLO DO PROFESORADO NESTE CURSO:  

  • Equipo de Medioambiente: Coordinador Manuel Rivas Ageitos.
  • Equipo de Biblioteca: Coordinador Josefa Pazos Pousol.
  • Equipo de Novas Tecnoloxías: Coordinador Patricia García López. 
  • Equipo de Dinamización Lingüística: Coordinadora Eva Mª Fernández Martínez .
  • Equipo de actividades extraescolares: Coordinadora David Novo Martínez.
  • PFPP "Creando espazos comúns"coordinado por Ángeles Castro e Manuel Sobral.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES:

  • Biblioteca: Tarde: luns, mércores e xoves 16:00 a 17:30. Martes: 16:00-17:00. Mañáns de luns a Xoves na hora do recreo. 
  • Xadrez. Concello de Ribeira.
  • Actividade Física e Deportiva: Baloncesto, Fútbol Sala, Aeróbic. ANPA.
  • Educación Vial. Concello e ANPA.
  • Video: Mestres de garda.
  • Actividades xestionadas pola ANPA: (Preme na ligazón para ver tódalas actividades que organiza a ANPA. 

 

Distribuir contido