Orientacións familias

Ribeira sin acoso 21-22

Ribeira sen acoso

Durante a  "Semana da Prensa", que este ano o colexio  a vai adicar a analizar  a problemática do acoso escolar, desenvolverase unha  xornada intercentros "Ribeira sen acoso" o vindeiro 9 de marzo, que consistirá nunha sesión matinal en streaming dende o auditorio para alumnado a partir de 5º de EP a cargo do especialista na materia, Javier Pérez Aznar, así como outra sesión destinada a mestras/es e familias de xeito presencial e en streaming pola tarde.

 Como o aforo é limitado é importante que  fagan as inscricións para a charla presencial en normalización@ribeira.gal, xa que contamos coa colaboración da Concellería de Educación e o Servizo de Normalización Lingüística de Ribeira para estas actividades.

Agardamos sexa do seu interese.

Díptico Ribeira sin acoso diptico Ribeira sin acoso

 

Algúns materiais para a reflexión, relacionados coa difícil tarefa da educación.

     - Os nenos e o xogo : A miudo os pais deixámonos levar polas modas ou pola publicidade (en especial da TV) e non sempre nos paramos a reflexionar sobre os mellores criterios para elixir un xoguete.

     - Carta do teu fillo.

     - Os nenos aprenden o que viven.

     - Algunhas recomendacións en relación cos problemas de atención.

     - Algúns principios básicos para educar ben.

     - As relacións no seo familiar son un elemento clave no desenvolvemento afectivo de calquera neno... (seguir lendo)

     - Programa de sensibilización sobre o maltrato entre iguais.

     - Educación da autonomía : Normas e hábitos.

Distribuir contido