Hábitos, rutinas e normas

Normas Aula de Educación Física

 MATERIAL PSICOMOTRICIDADE INFANTIL



 


MATERIAL PRIMARIA EDUCACIÓN FÍSICA


 



 


MATERIAL PARA A ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA:



- Chándal, camiseta e pantalón de deportes ou mallas e zapatillas deportivas.(TODO ROTULADO NA ETIQUETA CO NOME, CURSO E GRUPO)



- Para cambiarse logo da clase de E.F.: calcetíns e camiseta de recambio (ver progresión de habitos de hixiene).



- Toalliña (de bidé) para secar a suor ou secarse logo do cambio de roupa.



- Aconséllase traer un bidón ou botella de auga, con un bo peche, para hidratarse e non andar seguido a beber na billa do baño.



- É aconsellable unha bolsa ou un zapatilleiro para levar todo o material.



- Prégase ENCARECIDAMENTE aos pais/nais, titores/as, rotulen o nome, curso e grupo do seu fillo/a nas etiquetas de tódalas prendas con rotulador permanente para facilitar as devolucións en caso extravío. Cousa moi frecuente!.



- NON se deben traer á aula de E.F. : aneis, pendentes de aro ou colgante, cadeas, reloxos, gafas*( se a visión non se ve moi comprometida) así como calquera outro accesorio que poida lesionar ou causar lesións durante as sesións de E.F.



- Lémbrase unha vez máis que en caso de lesión ou calquera circunstancia que comprometa a práctica de E.F. débese informar aos mestres implicados e se deberá presentar un informe médico no que consten explicitamente, polo menos,  estes dous puntos:



  1. A Patoloxía: enfermidade, lesión... que esté a padecer nese intre.

  2. As recomendacións do médic@ especialista para esta patoloxía na clase de E.F.

*Asemade lémbrase que as valoracións pedagóxicas serán competencia dos mestres.

Distribuir contido