Letras Galegas

letras galegas 18-19

 

LETRAS GALEGAS BANDEIRA GALEGA

ANTONIO FRAGUAS

AO LONGO DE TODA A SEMANA ESTIVEMOS A FACER MOITAS ACTIVIDADES RELACIONADAS COA CULTURA GALEGA QUE TANTO ESTUDOU E PROMOCIONOU FRAGUAS.

ESTIVEMOS A FACER DE LABREGOS, PLANTANDO PLANTAS AROMÁTICAS E ORNAMENTAIS, COA AXUDA DE MANOLO DA ROXA, AGRICULTOR ECOLÓXICO DA PARROQUIA DE ARTES, PERTENCENTE Á ASOCIACIÓN "SACHOS Á RÚA". 

 

Montaje creado Bloggif

AO DÍA SEGUINTE FOMOS DE ROMERÍA AO PARQUE DE SAN ROQUE. TIVEMOS A ACTUACIÓN DO GRUPO TRADICIONAL "VAI DE RODA", PAGADO POLA NOSA MARABILLOSA ANPA SANTA UXÍA, PARA QUE TODOS OS NENOS E NENAS E FAMILIAS QUE NOS ACOMPAÑARON, PUIDESEN APRENDER E GOZAR DESTA NOSA MÚSICA GALEGA.

Montaje creado Bloggif

E XA NO ÚLTIMO DÍA, TIVEMOS A GRAN ACTUACIÓN DO GRUPO DE TEATRO DO COLE, DIRIXIDO POLO NOSO MESTRE DANIEL, a obra de teatro "MAXINA, CERTAME DA INVENTIVA".Preme no cartel para vela.

MAXINA 2019

 

E ACTUACIÓN DOS NOSOS BAILADORES E PANDEIRETEIRAS.

 

Montaje creado Bloggif

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 15-16

BANDEIRAGALEGANOTASMUSICAIS  PANDEIRETABANDEIRAGALEGA

APRENDEMOS SOBRE A VIDA DE MANUAL MARÍA DA MAN DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 6º.

PREMEDE NAS IMAXES PARA VER OS VÍDEOS.

VIDA DE MANUELMARIA

TIVEMOS MOITO BAILE TRADICIONAL A CARGO DAS NOSAS BAILARINAS E BAILARÍNS DO OBRADOIRO DA PROFE ROSA.

muiñeira     muiñeira

    muiñeira

TIVEMOS UN ESPECIAL DE CONTACONTOS  MOI ANIMAAAALLL, CON ADIVIÑAS INCORPORADAS...

quenson contacontos

 LOGO TAMÉN TIVEMOS UNHA DEMOSTRACIÓN DA CALIDADE E CANTIDADE DE ARTISTAS QUE HAI NO COLEXIO. DELEITÁRONNOS COAS SÚAS CANCIÓNS, OS SEUS BAILES E O SEU RECITADO. PREMEDE PARA DESFRUTAR DOS VÍDEOS.

INFANTIL 3 ANOS: " A RODA RODA "

INFANTIL 4 ANOS: "O PEIXE DE MANOLA "

INFANTIL 5 ANOS: "BAIXO O MAR "

1ºA: "A VACA "

1ºB: "O PIRATA METEPATA "

2ºS A E B: "QUE CALOR "

3ºA: "POESÍAS DE MANUEL MARÍA "

3ºB: "A LENDA DA SEREA"

4ºA: "O CUCO"

4ºB:" O CARRO"

5ºS A E B: "MUSA DOS VENTOS"

PARABÉNS A TODOS E TODAS POLAS VOSAS ESPECTACULARES INTERPRETACIÓNS.

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 15-16

                            

      CARTELETRAS15-16 

ESTE ANO O DÍA DAS NOSAS LETRAS E DA NOSA LINGUA GALEGA ESTÁ ADICADO AO POETA DA TERRA CHÁ : MANUEL MARÍA.

MANUELMARIA MANUELMARIAMANUELMARIA

PARA SABERES SOBRE A SÚA VIDA, SOBRE A SÚA OBRA,E DESFRUTAR DOS SEUS POEMAS MUSICADOS PREMEDE NA ICONA DA SÚA CASA-MUSEO

CASAMUSEO

TAMÉN PODEDES FACER ACTIVIDADES INTERACTIVAS NOS VOSOS ORDENADORES.PREMEDE AQUÍ.

TAMÉN TENDES MOITAS ACTIVIDADES PARA IMPRIMIR NESTA LIGAZÓN.

 

 

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 14-15

UN ANO MÁIS FIXEMOS A HOMENAXE Á NOSA LINGUA. CANTAMOS, BAILAMOS, RECITAMOS, INTERPRETAMOS PERO... EN GALEGO!!!!

PREMEDE NAS IMAXES PARA DESFRUTAR DOS NOSOS ARTISTAS.

 3anos14-15  4anos14-15  5anos14-15

                  INFANTIL 3 ANOS                                         INFANTIL 4 ANOS                                          INFANTIL 5 ANOS

1º14-15  2º14-15  conto4º14-15

            PRIMEIRO A E PRIMEIRO B                           SEGUNDO A E SEGUNDO B                      QUEN PODE VENCER AO VENTO?

3ºS14-15  4ºA  4ºB14-15

               TERCEIRO A E TERCEIRO B                                      4ºA                                                                4ºB

5ºB14-15   5ºA14-15  6ºa14-15

                          5ºB                                                          5ºA                                                            6ºA

muiñeiras14-15               6ºb14-15

               MUIÑEIRAS                                                                                            6ºB

                                                                teatro14-15

                                                                         TEATRO,"COUSAS DE MAIORES"

LETRAS GALEGAS 2014

ESTE ANO O HOMENAXEADO É XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

 

 

NA NOSA ESCOLA TAMÉN ESTUDAMOS E DESFRUTAMOS COS POEMAS DE DÍAZ CASTRO, POIS A NOSA LINGUA É FERMOSA PARA CANTAR, FALAR, RECITAR  E AO SON DA NOSA MÚSICA TAMÉN BAILAR. Fixemos un gran festival onde todos e todas en galego participamos :

RECITAMOS POESÍAS

3ºBPOESIA 3ºBPOESIA

6ºARECITANDO 6ºARECITANDO

BAILAMOS E CANTAMOS

baileinfantil       baileinfantil

baileinfantil      baileinfantil

baileinfantil       baileinfantil

baileprimaria        baileprimaria

baileprimaria        baileprimaria

baileprimaria baileprimaria

baileprimaria   baileprimaria

baileprimaria   baileprimaria

BAILAMOS O NOSO BAILE TRADICIONAL

muiñeira1 muiñeira2

muiñeira3 muiñeira4

FIXEMOS MÚSICA

musica14   musica14  

musica14     musica14    musica14

E TAMÉN TIVEMOS TEATRO, COA OBRA: "Unha pedriñ a máxica"

teatro14   teatro14    teatro14

teatro14   teatro14    teatro14

LETRAS GALEGAS 2013

TEATRO2013letrasemptygalegas        BANDEIRA DE GALICIA

Este ano  2013, o homenaxeado é Roberto Vidal Bolaño

Vidal Bolaño

No noso cole traballamos sobre a súa biografía e sobre a súa obra.

Pero tamén quixemos facer a nosa  homenaxe a esta Nosa Terra e á nosa lingua galega cun festival de música,cantares,poesía, bailes e teatro.

Baile galego

  bailegalego2013  bailegalego2013   bailegalego2013                 

Poesía e música tradicional

gaitagalega  adiosríos himnogalego

 Tivemos "CONTOS AO TELÉFONO", por conta do obradoiro de teatro.

TEATRO2013    TEATRO2013  TEATRO2013 TEATRO2013    TEATRO2013    TEATRO2013  T   TEATRO2013 

E...moita máis música, para CANTAR E BAILAR...

TWIST2013  PEIXE2013

CAROLINA2013   RAPDALINGUA2013

PREFIROTWIST  A ONDEVASRAPAZ

DONAANICA2013   FESTAMONTERREY

NALAVADORA2013     RIASBAIXASSTYLE2013

MÁIS FOTOS

 

 

 

 

XOGOS POPULARES

xogosempty

 populares

 CON MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS, O 16 DE MAIO DISFRUTAMOS DUNHA XORNADA DE XOGOS POPULARES. PASÁMOLO PIPA!!

 

PREME AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS

LETRAS GALEGAS

         letras

   galegas 


                             2012


ESTE ANO, O 17 DE MAIO, O DÍA DAS


LETRAS GALEGAS ESTÁ ADICADO


A VALENTÍN PAZ ANDRADE


 


Valentín Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra) e morreu en Vigo o 19 de maio de 1987. Está enterrado no seu Lérez natal. Escolarizouse en Pontevedra e posteriormente estudiou a carreira de Dereito en Santiago. Foi sempre membro activo da vida universitaria. Nos seus tempos de estudiante inicia a súa aproximación ó galeguismo, guiado nos seus postulados teóricos polo feito que supuxo a creación das Irmandades da fala.


Aínda moi xove, Paz Andrade, evidencia un especial talento periodístico. Colabora en diferentes revistas como Grial, Outeiro ou O Ensino. Nos seus artigos aborda temas de lingua e literatura, dedicándolle unha especial atención á figura de Castelao, o que coñece nesa época.


A partir de 1921 exerce de avogado en Vigo. Entre 1922 e 1926 dirixe nesta cidade o xornal Galicia, unha alternativa liberal e democrática que aglutinaba destacadas personalidades da vida e a cultura galegas, entre elas a Castelao, quen aportaba os seus debuxos e as súas caricaturas. En 1924 pasa dous meses na cadea de Vigo, por dous artigos que publicara. En 1957 volve outro mes á cadea. O xornal Galicia, co que xurdiu a gran escola de caricaturistas galegos, foi pechado pola dictadura de Primo de Rivera.


Milita no Partido Galeguista, na formación do cal participa. En 1931 preséntase con Castelao e Cabanillas ás cortes constituíntes, non saíndo elexido por unha diferencia de poucos votos. En 1934 é nomeado Secretario do Partido Galeguista. En 1936 colabora na campaña polo Estatuto de Galicia. Nesta época asesoraba como avogado ás asociacións de armadores pesqueiros. Sofre dous atentados, o primeiro en Vigo, o segundo en Verín, onde fora desterrado logo do alzamento franquista. Trasládano despois á Serra de Queixa e Pobra de Trives, onde coñece a Pilar, coa que casa en 1939. Anos máis tarde regresa a Vigo. En 1940 nace o seu fillo Alfonso.


Despois da morte de Castelao en 1950 relaciónase cos emigrantes e exiliados galegos en Arxentina e intensifica a súa relación co mundo da pesca e a súa colaboración coa FAO. En 1976 e 1977, despois da morte do Dictador, representa a Galicia na "Comisión dos dez", que negociou a transición co goberno español presidido por Adolfo Suárez, e nas eleccións democráticas que teñen lugar ese último ano foi elexido senador por Pontevedra dentro das listas da Candidatura Democrática Galega. En 1978 pronuncia o discurso de ingreso na Real Academia Galega, da que é membro desde 1964.


 


Valentín Paz Andrade, xa desde moi cedo, demostrou unha viva preocupación polos temas pesqueiros e pola máis xeral problemática socioeconómica de Galicia. Impulsor de Pescanova, empresa da que foi vicepresidente, e técnico da FAO, foi o primeiro especialista español proposto por esta organización das Nacións Unidas para misións internacionais en Hispanoamérica. Tamén, dentro deste eido, dirixiu a revista de economía e tecnoloxía Industrias pesqueras e é o autor do primeiro tratado sobre Principios de economía pesquera, editado pola FAO. Destaca tamén a súa faceta de conferenciante e participante en numerosos congresos internacionais da ONU sobre agricultura e alimentación.


Obras


Poeta da Xeración de 1925, iníciase na literatura en 1921 coa publicación da novela Soldado da morte. En 1955 aborda o eido da poesía con Pranto matricial, no que evoca a morte de Castelao. Continuará esa liña en Sementeira do vento (1968), libro no que canta á paisaxe, ás xentes, ó exilio e ós poetas galegos. Cen chaves de sombra (1979) e Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1986) son as dúas últimas obras poéticas. Ademais das múltiples contribucións a libros e publicacións periódicas, é autor tamén dos ensaios Galicia como tarea (1959), La anunciación de Valle-Inclán (1976), La marginación de Galicia (1970), A galeguidade na obra de Guimarães Rosa (1978) e Castelao na luz e na sombra (1982), unha das máis completas biografías do autor de Rianxo. Como promotor que é dos estudios económicos en Galicia, publicou numerosas obras sobre o mundo da pesca e a actividade económica en Galicia.


BANCO DE ACTIVIDADES


http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas


http://onosofalar.blogspot.com.es/2012/05/lim-galicia.html


http://www.coordinadoraendl.org/letras2012/index.html http://seminariogalan.org/inicio/portada/documentos/


 

LETRAS GALEGAS

             --------------

----                          ---------------

             --------------------

Foi todo un éxito. Tivemos bailes rexionais e moitas actuacións interpretadas polos nos@s alumn@s

  

Un festival cheo de música, baile e teatro. Dende os máis pequenos aos maiores, todos participaron. E rematamos coa entrega de premios do concurso literario. Unha mañá chea de sorpresas

  

Preme nas notas musicais para ver todas as fotos

LETRAS GALEGAS

 


  ACTIVIDADES EN ANOS ANTERIORES:


Os equipos de Novas Tecnoloxías e de Normalización veñen de maquetar o próximo número da Revista Alborada 2010. Este ano leva como tema o Mundo Mariño, temática do Traballo por Proxectos que se levou a cabo este curso no cole do Grupo.


Este número foi enviado á imprenta e en breve estará a disposición da Comunidade educativa do cole. Todalas clases teñen mostras do traballo e actividades realizadas ao longo do curso: excursións, traballos, campionatos escolares, contos, debuxos, fotos grupos de aula, traballos de inglés, temos páxinas centrais a toda cor das Letras Galegas e do Proxecto de traballo de Infantil.


Deixamosvos a portada deste ano. Un saúdo afectuoso e agardamos que vos guste este novo número.


Distribuir contido