Letras Galegas

XOGOS POPULARES

xogosempty

 populares

 CON MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS, O 16 DE MAIO DISFRUTAMOS DUNHA XORNADA DE XOGOS POPULARES. PASÁMOLO PIPA!!

 

PREME AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS

LETRAS GALEGAS

         letras

   galegas 


                             2012


ESTE ANO, O 17 DE MAIO, O DÍA DAS


LETRAS GALEGAS ESTÁ ADICADO


A VALENTÍN PAZ ANDRADE


 


Valentín Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra) e morreu en Vigo o 19 de maio de 1987. Está enterrado no seu Lérez natal. Escolarizouse en Pontevedra e posteriormente estudiou a carreira de Dereito en Santiago. Foi sempre membro activo da vida universitaria. Nos seus tempos de estudiante inicia a súa aproximación ó galeguismo, guiado nos seus postulados teóricos polo feito que supuxo a creación das Irmandades da fala.


Aínda moi xove, Paz Andrade, evidencia un especial talento periodístico. Colabora en diferentes revistas como Grial, Outeiro ou O Ensino. Nos seus artigos aborda temas de lingua e literatura, dedicándolle unha especial atención á figura de Castelao, o que coñece nesa época.


A partir de 1921 exerce de avogado en Vigo. Entre 1922 e 1926 dirixe nesta cidade o xornal Galicia, unha alternativa liberal e democrática que aglutinaba destacadas personalidades da vida e a cultura galegas, entre elas a Castelao, quen aportaba os seus debuxos e as súas caricaturas. En 1924 pasa dous meses na cadea de Vigo, por dous artigos que publicara. En 1957 volve outro mes á cadea. O xornal Galicia, co que xurdiu a gran escola de caricaturistas galegos, foi pechado pola dictadura de Primo de Rivera.


Milita no Partido Galeguista, na formación do cal participa. En 1931 preséntase con Castelao e Cabanillas ás cortes constituíntes, non saíndo elexido por unha diferencia de poucos votos. En 1934 é nomeado Secretario do Partido Galeguista. En 1936 colabora na campaña polo Estatuto de Galicia. Nesta época asesoraba como avogado ás asociacións de armadores pesqueiros. Sofre dous atentados, o primeiro en Vigo, o segundo en Verín, onde fora desterrado logo do alzamento franquista. Trasládano despois á Serra de Queixa e Pobra de Trives, onde coñece a Pilar, coa que casa en 1939. Anos máis tarde regresa a Vigo. En 1940 nace o seu fillo Alfonso.


Despois da morte de Castelao en 1950 relaciónase cos emigrantes e exiliados galegos en Arxentina e intensifica a súa relación co mundo da pesca e a súa colaboración coa FAO. En 1976 e 1977, despois da morte do Dictador, representa a Galicia na "Comisión dos dez", que negociou a transición co goberno español presidido por Adolfo Suárez, e nas eleccións democráticas que teñen lugar ese último ano foi elexido senador por Pontevedra dentro das listas da Candidatura Democrática Galega. En 1978 pronuncia o discurso de ingreso na Real Academia Galega, da que é membro desde 1964.


 


Valentín Paz Andrade, xa desde moi cedo, demostrou unha viva preocupación polos temas pesqueiros e pola máis xeral problemática socioeconómica de Galicia. Impulsor de Pescanova, empresa da que foi vicepresidente, e técnico da FAO, foi o primeiro especialista español proposto por esta organización das Nacións Unidas para misións internacionais en Hispanoamérica. Tamén, dentro deste eido, dirixiu a revista de economía e tecnoloxía Industrias pesqueras e é o autor do primeiro tratado sobre Principios de economía pesquera, editado pola FAO. Destaca tamén a súa faceta de conferenciante e participante en numerosos congresos internacionais da ONU sobre agricultura e alimentación.


Obras


Poeta da Xeración de 1925, iníciase na literatura en 1921 coa publicación da novela Soldado da morte. En 1955 aborda o eido da poesía con Pranto matricial, no que evoca a morte de Castelao. Continuará esa liña en Sementeira do vento (1968), libro no que canta á paisaxe, ás xentes, ó exilio e ós poetas galegos. Cen chaves de sombra (1979) e Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1986) son as dúas últimas obras poéticas. Ademais das múltiples contribucións a libros e publicacións periódicas, é autor tamén dos ensaios Galicia como tarea (1959), La anunciación de Valle-Inclán (1976), La marginación de Galicia (1970), A galeguidade na obra de Guimarães Rosa (1978) e Castelao na luz e na sombra (1982), unha das máis completas biografías do autor de Rianxo. Como promotor que é dos estudios económicos en Galicia, publicou numerosas obras sobre o mundo da pesca e a actividade económica en Galicia.


BANCO DE ACTIVIDADES


http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas


http://onosofalar.blogspot.com.es/2012/05/lim-galicia.html


http://www.coordinadoraendl.org/letras2012/index.html http://seminariogalan.org/inicio/portada/documentos/


 

LETRAS GALEGAS

             --------------

----                          ---------------

             --------------------

Foi todo un éxito. Tivemos bailes rexionais e moitas actuacións interpretadas polos nos@s alumn@s

  

Un festival cheo de música, baile e teatro. Dende os máis pequenos aos maiores, todos participaron. E rematamos coa entrega de premios do concurso literario. Unha mañá chea de sorpresas

  

Preme nas notas musicais para ver todas as fotos

LETRAS GALEGAS

 


  ACTIVIDADES EN ANOS ANTERIORES:


Os equipos de Novas Tecnoloxías e de Normalización veñen de maquetar o próximo número da Revista Alborada 2010. Este ano leva como tema o Mundo Mariño, temática do Traballo por Proxectos que se levou a cabo este curso no cole do Grupo.


Este número foi enviado á imprenta e en breve estará a disposición da Comunidade educativa do cole. Todalas clases teñen mostras do traballo e actividades realizadas ao longo do curso: excursións, traballos, campionatos escolares, contos, debuxos, fotos grupos de aula, traballos de inglés, temos páxinas centrais a toda cor das Letras Galegas e do Proxecto de traballo de Infantil.


Deixamosvos a portada deste ano. Un saúdo afectuoso e agardamos que vos guste este novo número.


Festival Letras Galegas 2010.

Hoxe 13 de maio de 2010 o cole do Grupo celebrou no Auditorio Municipal de Ribeira o tradicional Festival das Letras Galegas.

Coma ven sendo habitual nestes actos ao ter o Auditorio un aforo tan pequeno tivemos que facer dúas quendas de actuacións e tamén coma sempre sentimos non ter aforo para os papás e mamás. 

Na galería de imaxes tedes a reportaxe fotográfica de ámbalas dúas sesións de actuacións e proximamente teredes dispoñible unha video montaxe coas actuacións íntegras para non perder detalle destes pequenos/as artistas.

Agardamos sexan do voso agrado.

Prema na ligazón para acceder a Galería de imaxes.

Letras Galegas 2010: o lucense Uxío Novoneyra.

 

 

 

Este curso académico desde o colo do Grupo estamos a organizar o programa de actividades paraa conmemorar o Día das Letras Galegas (17 de maio) que este ano se adica ao escritor lucense D. Uxío Novoneyra.

- Os titores andan a organizar actuacións cos seus grupos aula para o Festval de Letras Galegas no Auditorio Municipal.

- O Equipo de Normalización Lingistica do cole anda a organizar o Correlingua deste ano e o Tradicional Certame de Debuxo e Pintura.

- O equipo de Novas Tecnoloxías anda a rematar de maquetar a cartelería desta comemoración. Está a rematar unha nova edición da Revista "Alborada".

- Andamos a organizar unha exposición de Traxe tradicional Galego, en breve teremos máis novas.

- O Equipo de Biblioteca anda a traballar noutra nova actividade para promocionar a lectura.

 

O Grupo no Concurso Literario: Maio Cultural 2009

Concellala Juana Hermitas coas gañadoras do CEIP O Grupo

Na 17ª edición do Concurso Literario Maio Cultural. A concelleira de Educación do Concello de Ribeira, Juana Ermitas Crugeiras Vidal, foi a encargada de entregar os diplomas e agasallos correspondentes aos rapaces distinguidos nun Auditorio Municipal que estaba ocupado por 275 rapaces pertencentes aos diferentes centros que participaron no certame: Grupo, Galaxia, Palmeira, Aguiño, Carreira e da Capela, así como da Asociación Ámbar.

Nesta 17ª edición presentáronse preto de 200 aspirantes á acadar uns premios que estaban divididos en tres categorías (prosa, poesía e banda deseñada), subdividíndose á súa vez nas modalidades de entre 7 e 10 anos e de entre 10 e 13 anos.

O CORRELINGUA 2009 ESTE ANO NA POBRA

 

 

Grupo de 3ºB CEIP O Grupo no Correlingua 2009 

Hoxe pola mañán, martes 12 de maio de 2009, todo o alumnado de Primaria do Ceip o Grupo, encheu cinco buses dirección á Pobra para celebrarmos o Correlingua 2009.

Ao chegarmos demos un paseiño trouleando en galego por algunhas rúas da pobra ata que demos a saída desta carreira simbólica a prol da defensa da noso lingua galega.

SUPERFESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2009 A RAMÓN PIÑEIRO

 Festival Letras Galegas Grupo 2008-09

Hoxe, xoves 7 de maio de 2009, celebramos no salón de actos do Auditorio Muinicipal de Ribeira o Festival das Letras Galegas no noso cole do Grupo. Desde as 9 da mañanciña que comenzamos cos preparativos do grupo de Infantil e 1º ciclo de Primaria, ata a 1:30 pm que rematamos coa última actuación da segunda quenda cos alumnos/as de 2º e 3º ciclo de Primaria, non paramos de disfrutar, admirar, escacharnos coa risa, sufrir por se nos tocaba a bici da rifa, jejeje. A verdade é que "molou", molou cantidade.

Tivemos de tódolos xéneros artísticos: homenaxes a Ramón Piñeiro, canción, teatro, números circenses, actuacións musicais, poemas, baile rexional, paiasos, un sorteo dunha bici entre os asistentes...

Todo isto quedou "jrabado" para a posteridade nalgunhas das instantáneas que podedes ver máis abaixo no enlace á galeria de imaxes ou na montaxe que levarán tódalas familias do centro ao final de curso. Dous "cineastas afecionados" grabamos tódalas actuacións para compartir cos, seguramente fachendosos papás e mamás do rapaces/as, e non é para memos, asegurovolo.

Agardamos que vos gusten tanto coma aos poucos que puidemos ver tódalas actuacións. é unha magoa que o aforo sexa tan limitado para tanta xente, asi que como compensación ahi tendes un aperitivo.  

clica para ver a galeria de imaxes do festival

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2009

O 7 de Maio de 2009 temos o Festival das Letras Galegas 2009. Este ano como sabedes adicase a Ramón Piñeiro. Mestres/as e nenos/as creamos un montón de actuacións para celebrar este día  tan importante de exaltación da cultura galega. O lugar elixido como tódolos anos é o Auditorio Municipal de Ribeira.

Distribuir contido