O Grupo no Concurso Literario: Maio Cultural 2009

Concellala Juana Hermitas coas gañadoras do CEIP O Grupo

Na 17ª edición do Concurso Literario Maio Cultural. A concelleira de Educación do Concello de Ribeira, Juana Ermitas Crugeiras Vidal, foi a encargada de entregar os diplomas e agasallos correspondentes aos rapaces distinguidos nun Auditorio Municipal que estaba ocupado por 275 rapaces pertencentes aos diferentes centros que participaron no certame: Grupo, Galaxia, Palmeira, Aguiño, Carreira e da Capela, así como da Asociación Ámbar.

Nesta 17ª edición presentáronse preto de 200 aspirantes á acadar uns premios que estaban divididos en tres categorías (prosa, poesía e banda deseñada), subdividíndose á súa vez nas modalidades de entre 7 e 10 anos e de entre 10 e 13 anos.

O noso centro acadou dous premios concedidos polo xurado avaliador:    

  • Na modalidade de poesía,  na categoría de 7 a 10 anos a nosa alumna Raquel Montemuíño Rodríguez, do CEIP O Grupo, con “O mariñeiro” resultou premiada.
  • Na modalidade Cómic, de 7 a 10 anos, foi premiada tamén Marta Gómez Rodríguez, do CEIP O Grupo, con “A xoaniña que quería voar”.

Ao remate do acto entregouse aos colexios participantes un lote de libros con literatura en galego e obras dedicadas á figura de Ramón Piñeiro.