Actividades

INICIO SERVIZO DE COMEDOR E PLAN MADRUGA

Inicio Servizo de Comedor escolar e Plan Madruga curso 21-22

Estimadas familias:

A Anpa do CEIP O Grupo poñerá en marcha o luns 13 o comedor e o servizo de madrugadores. O comedor estará xestionado por Golfiño, desenvolverase de 14.00 a 16.00 horas e terá un custe de 6,80 euros por día. Do madruga encargarase Ocio Bross. Tarifas: unha hora con almorzo custará 50 euros; unha hora sen almorzo, 40; dúas horas sen almorzo, 55 e dúas horas con almorzo, 60. As familias que desexen facer uso destes servizos poden anotarse enviando un wasap ao teléfono da Anpa: 693649967

Presentación do libro Paxarada

PAXARADA

Hoxe 21 de xuño tivemos a presentación do libro "Paxarada", para o que contamos coa presenza do pintor Manuel Ayaso, a súa filla tamén pintora, Mónica Ayaso, que de xeito totalmente altruista ilustraron coa súa arte, os poemas dos nenos e nenas; a presidenta da nosa Anpa, Mª José, e tamén Unai, tesoureiro. Grazas á Anpa, toda a comunidade educativa vai poder gozar del, pois asumiron o custe total da súa publicación.

 

Tivemos a sorte que nos adicaron os libros facendo as súas maxistrais ilustracións.


Tamén nos agasallaron cunha fermosa creación , para o colexio.

Para que gocedes toda a comunidade educativa aquí tendes o libro en formato dixital.

 

 

 

O NOSO PATIO SENSORIAL MUSICAL-2019

A NOSA ANPA SANTA UXÍA AGASALLOUNOS CUNS INSTRUMENTOS MUSICAIS DE EXTERIOR, O QUE NOS PERMITIU CREAR UN RECUNCHO PARA GOZAR, COMPARTIR, DEIXAR VOAR A IMAXINACIÓN, ESPERTAR SENSIBILIDADES E CAPACIDADES,...

É O NOSO PATIO SENSORIAL MUSICAL. PREME NA IMAXE PARA COMPROBALO

PATIO SENSORIAL MUSICAL

LETRAS GALEGAS 2019

GRAZAS Á NOSA ANPA SANTA UXÍA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PUDO GOZAR DA FANTÁSTICA ACTUACIÓN DO GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL "VAI DE RODA", NO PARQUE DE SAN ROQUE.

PASÁMOLO FENOMENAL, COMPARTINDO MÚSICA, BAILE E MERENDA EN FAMILIA.

 

 

Montaje creado Bloggif

PÍSCORE- NADAL 2018

FANTÁSTICA ACTUACIÓN NO AUDITORIO MUNICIPAL  A CARGO DO GRUPO PÍSCORE.

GOZAMOS DO ESPECTÁCULO TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE.

 

Montaje creado Bloggif

CONVENIO CEIP O GRUPO/DEPORTES ALIA: Equipación deportiva.

 

 

Estamos á espera de amosar imaxes da equipación de Infantil. Aínda que lles poden valer as tallas máis pequenas para os peques de Infantil os máis miudiños non teñen tallaxe para este chandal e fixemos xestións para conseguir ao mesmo prezo un chandal para eles. En breve faremos charlas informativas e colgaremos unha imaxe.   

E LOGO POR QUE?

A instancias dos mestres de Educación Física coa mediación da Dirección do centro e a inestimable colaboración da ANPA do cole buscamos a posibilidade de ofertar para quen quixera ( libre e por tanto non obligatorio) un chandal cunha boa relación calidade-prezo. Unha equipación común darianos unha mellor imaxe do noso centro nas saídas didácticas e nas saídas deportivas( Campo a través, Atletismo, Actividade Polideportivo Cultural, Excursións didácticas á contorna...).

E A CRISE QUE!

As xestións da ANPA para conseguir unha equipación de calidade a un bo prezo deron o seu fruto con dúas posibilidades:

  • Chandal J´Haiber - 30 euros (bordado do CEIP O Grupo incluído)*.
  • Sudadeira J´Haiber- 13 euros (bordado do CEIP O Grupo Incluído)*.

Existen á disposición dos interesados outros elementos da equipación pantalóns curtos, de deporte, camisetas, polos... tamén a precios interesantes.

* O prezo para adultos confirmar coa tenda.

... E SE O QUERO ONDE PODO PROBALO ENCARGALO E/OU MERCALO

Na tenda de Deportes ALIA, Avda. Miguel Rodriguez Bautista 46. tlfno contacto (Alicia) 981 87 29 71. Está ao carón do ximnasio Natural Sport de Ribeira preguntades por Alicia que vos deixará ver as prendas e probalas sen compromiso ningún.

A oferta é boa para a calidade das prendas, probablemente gastedes máis cartos noutras prendas.

A equipación ten unha permanencia de 2 anos, se non vos vai ben agora mercalo podedes facelo máis adiante ou para o curso que ven. Os pantalóns do chandal pódense mercar por separado a un prezo de 20 euros, por se se rompe.

Lembrade que esta oferta é libre e voluntaria, que se trata dun convenio cuxa finalidade é que cando teñades que mercar outra equipación, pensedes na do cole: chandal ou a sudadeira con outro pantalón azul que teñades.

... E SE VOS INTERESAN OUTROS COMPLEMENTOS:

A instancias das petición de pais e nais nas reunións informativas celebradas en primaria ampliamos a oferta do convenio a outros complementos da equipación:

  • Camiseta básica de algodón, polo básico de algodón, camiseta sintética J´Hayber.
  • Pantalóns curtos de algodón e pantalóns curtos de atletismo.

Coma no caso da equipación están á vosa disposición na tenda para velas, probalas e decidir se vos interesan libremente sen ningún tipo de imposición.

Agardamos sexan do voso agrado!!!

 

 

 

Distribuir contido