Actividades

Nadal 21-22

    gif animado agasallos nadalPor un Nadal Solidariogif animado árbore nadal  

Este trimestre os nosos cativos e cativos estiveron a traballar a reo cos seus mestres e mestras para solidarizarse con dúas causas moi importantes:

-recadar fondos para a enfermidade de Dent, colaborando co calendario solidario,

-e o empaquetado agarimoso co papel deseñado por eles e elas, dos alimentos que  trouxeron para compartir coas familias que nos necesitan, nestas datas, se cabe, aínda máis.

Neste vídeo, queren amosarvos un chisco do que fixeron, e tamén desexarvos un moi Bo Nadal. Premede para velo e descargalo.

 

VÍDEO-fELICITACIÓN-NADAL

A nosa ANPA SANTA UXÍA, ten o pracer de convidar a todos os nenos e nenas do  colexio a gozar dun espectáculo de teatro, para escachar coa risa: 

"Bon Apetit".

Bon Apetit, cartaz teatro

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA 21-22

Para conmemorar o Día Universal da Infancia o noso alumnado cóntanos a través dun vídeo cales son os dereitos do nen@. Podedes velo premendo na imaxe.

 

Samaín 21-22

 

Samaín gifHalloween Pumpkin GIF

Nenos e nenas, pais e nais, avós e avoas... 

Este é un día de arrepíos, sustos  e medos. Monstros, demos, trasgos,... Grazas á nosa ANPA, teremos no colexio á bruxa  PIRUXA, que nos vai facer morrer de medo a todos os nenos e nenas do cole, e tamén a quen se tope con ela, coas súas historias. Preme no cartaz para ver.

cartel Samaín Anpa

Aínda así, non estades a temblar!!!

Pois escoitade estas historias para non durmir no resto do ano, neste podcast gravado na nosa radio RadioTodiño:

https://radiotodinho.blogspot.com/

Tamén podedes desfrutar e gozar de todas as arrepiantes cabazas que están polas nosas ventás e corredores.

 

 


Samaín 21-22

Samaín 21-22

 

Familias, pais, nais, avós, avoas, cativos e cativas....o Samaín está chegando e precisamos da vosa colaboración para que no cole o desfrutemos todos xuntos.

Animádevos a participar.

 

Presentación do libro Paxarada

PAXARADA

Hoxe 21 de xuño tivemos a presentación do libro "Paxarada", para o que contamos coa presenza do pintor Manuel Ayaso, a súa filla tamén pintora, Mónica Ayaso, que de xeito totalmente altruista ilustraron coa súa arte, os poemas dos nenos e nenas; a presidenta da nosa Anpa, Mª José, e tamén Unai, tesoureiro. Grazas á Anpa, toda a comunidade educativa vai poder gozar del, pois asumiron o custe total da súa publicación.

 

Tivemos a sorte que nos adicaron os libros facendo as súas maxistrais ilustracións.


Tamén nos agasallaron cunha fermosa creación , para o colexio.

Para que gocedes toda a comunidade educativa aquí tendes o libro en formato dixital.

 

 

 

Letras Galegas 20-21

bandeira galega Letras Galegas 21

  Xela    Xela Arias

O noso alumnado tivo a sorte de poder entrevistala, para saber máis da súa vida e da súa poesía.

Escoitade as súas respostas na nosa emisora de radio escolar RadioTodiño.

Semana da Diversidade e das Letras Galegas

10/05/2021 09:00
13/05/2021 14:00
Europe/Paris

                                                       

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO E LINGUA MATERNA 18-19

NESTA FERMOSA LINGUA NA QUE EU FALO, A NOSA HOMENAXE COLECTIVA A ROSALÍA, DESTACANDO CATRO VERBAS DO  SEU POEMA: ONDIÑAS, SONS, ALEGRÍA E LINGUA, SUSTENTADA SOBRE O MAR DE SEOANE. PREME NA IMAXE PARA VER A MONTAXE DE VÍDEO.

Distribuir contido