@S ALUMN@ DE 4º B VISITARON A TVG E O MUSEO LUÍS IGLESIAS DA USC

No marco das actividades programadas no Proxecto de Actividades de Normalización e en estreita colaboración co equipo de Actividades Extraescolares, os alumnos de 3º B do noso cole visitaron as instalacións da Televisión de Galicia en San Marcos (Santiago de Compostela). E o Museo de Historia Natural Luís Iglesias da USC.

Sairon pola mañá a primeira hora camiño a San Marcos, ali recibiunos persoal da TVG e ensinoulles os varios platós de grabación dos programas, ensináronlles como funcionaba un programa, as cámaras. O máis emocionante para a maioría foi que coñeceron a Gayoso do Luar, coido que saiu con tendinite no pulso de tanto asinar autógrafos.

Máis tarde subiron au bus para visitaren o Museo de Historia Natural Luís Iglesias, situado no Campus sur da USC, na Facultade de Química. Puideron disfrutar das exposición permanentes de Fauna e Flora. Quedaron ben contentos!. Lixomán amigo dos nenos do grupo tiña moito interese en que os rapaces e rapazas visitaran este museo da Historia Natural, para que saibamos que se non coidamos o noso medio moi pronto so poderemos ver aos animais e plantas nos museos, detrás de vitrinas expositoras.