You are hereEducación Primaria / 2º Ed. Primaria

2º Ed. Primaria


Actividades de Ciencias Sociais e da Natureza. sticky icon

Bos días, desexo que todos/as sigades ben como me poñedes nas mensaxes de Abalar.

Aquí vos mando axuda para ir facendo algunhas actividades de ciencias sociais e de ciencias da natureza. Sei o esforzo que estades facendo as familias para que os nenos/as sigan traballando na casa.

Eu entendo a vosa situación e poñome no voso lugar. Ánimo, xa falta menos para que termine o confinamento.

Un saúdo a todos/as.

Tarefa para despois da saída dos nenos. sticky icon

Bos días, imaxínovos contentos despois da saída á rúa. Mándovos as Unidades 9 de lengua, matemáticas e lingua. Son unha axuda para realizar as tarefas e solucións por si tedes dábidas en algo. Pódense descargar no teléfono, tableta ou ordenador. Fácedes as actividades no libro dixital e seguides a unidade co que vos propoño de cada unidade nos adxuntos. Lémbrade que cada unidade é para unha quincena, facede algo cada día de cada unha. Mándareivos tamén as de Ciencias Sociais e de Ciencias da Natureza.

Ánimo!

 

SOLUCIÓN TRABALLO FICHAS DE MÚSICA - 2º CURSO sticky icon

Bo Dia!!

A continuación, deixovos as solucións de todas as fichas de música que levamos feito, para que poidades correxir.

Boa fin de semana a todxs!!!

Unha forte aperta!!!

Solucións e guía das actividades dos libros de Segundo de Primaria. sticky icon

Saúdos para todas as familias e alumnado:

Desexo que todos esteades ben. Coa dificultade que presenta a corrección das actividades no libro dixital para segundo e primeiro, vos adxunto as solucións e una axuda para realizar as actividades.

En algunha materia puxen ao final das páxinas exercicios para reforzo e ampliación. Revisade o que levades feito con calma. Si se presentan dúbidas contactade a través do Abalar como ata agora.

 

Tarefas repaso Inglés 2º E.P. sticky icon

Moi bo día rapaces, espero que estedes todos ben.

En vista de que seguimos con esta situación, vamos a darlle un empuxón ás clases de Inglés para non esquecer o que aprendemos.

De momento vouvos subir algunhas fichas de repaso de vocabulario que xa demos no 1º trimestre, "classroom objects". Duas actividades moi sinxelas para que poidades facer na casa.

A última é de repaso das partes da casa "parts of the house", tamén moi sinxela.

Na 1º deberedes colorear os obxectos coas cores que vos indica, e na 2º, simplemente tendes que buscar no debuxo o que vos pide. Despois podedes colorear a imaxe para deixala ben bonita.

Deixovos tamén uns videos para que poidades repasar a pronunciación do vocabulario, escoitamos e repetimos a palabra.

https://www.youtube.com/watch?v=TARreOtrWUg

https://www.youtube.com/watch?v=5HOeWyAkhRc

https://www.youtube.com/watch?v=1lqZmMu5wkk

https://www.youtube.com/watch?v=aOSJZbHoiY8

Un abrazo a todos!

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar