You are hereEducación Primaria / 2º Ed. Primaria

2º Ed. Primaria


Tarefas Inglés 2º (19.05.20) sticky icon

Bo día rapaces, esta semana imos continuar co cuadernillo de actividades, as tarefas son: da páxina 26, actividade de reciclaxe, preguntanos cantos obxectos podemos reciclar do debuxo, contamos e apuntamolo, a seguinte consiste en escribir o que falta e colorear. Na páxina 27 volvemos cas partes da casa, lembrádesvos delas? Pois temos que debuxar e escribir onde está cada cousa. E finalmente, algo de repaso, na páxina 28, rodeamos a correcta e escribimos; no último exercicio pidenos que sigamos o camiño hacia a nosa actividade favorita, e despois, que debuxemos e escribamos a nosa palabra favorita. 

Un saúdo!

Fichas de cálculo e problemas para 2º de primaria. sticky icon

Bos días, xa sei que tedes tarefas para que fagan os nenos, pero por si queredes repasar cálculo e problemas vos adxunto uns cuadernos para que non teñades que andar buscando.

Un saúdo

Guía das Unidades 10 de Lengua, Lingua e Matemáticas de 2º curso sticky icon

Bod días a todos/as.

Espero e desexo que estedades ben. Hoxe vou adxuntar as unidades 10, para que vaiades facendo ao voso ritmo. Lembrade que poño exercicios de repaso para facer no caderno.

Aconsello que cada día fagades un pouco de cada materia para non vos saturar. Facer dúas páxinas ou unha, dependendo da dificultade e pasar a outra materia distinta.

Coma sempre si tedes dúbidas estou a vosa disposición no Abalar.

Saúdos.

TRABALLO FICHAS DE MÚSICA 13/5 Ó 27/5 - 2º CURSO sticky icon

OLA!!! BO DÍA A TODOS!!

DEIXO O TRABALLO DE MÚSICA PARA AS SEGUINTES SEMANAS.

UNHA FORTE APERTA!!!

Tarefas Inglés 2º (11.05.20) sticky icon

Moi bo día rapaces!

Agora que xa dispondes dos libros e das fotocopias que vos adxuntei, podedes ir traballando nelas, para esta semana podedes ir facendo as duas fotocopias que hai do corpo humano: a das partes da cara e a do bonequiño, son moi sinxelas e divertidas, disfrutade coloreando, pegando e recortando, vale?

Un abrazo!

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar