You are hereEducación Primaria / 2º Ed. Primaria

2º Ed. Primaria


TRABALLO DE MÚSICA 2º - SEMANA DO 28 DE MAIO Ó 10 DE XUÑO sticky icon

OLA!!!

DEIXO O TRABALLO DE MÚSICA PARA AS PRÓXIMAS SEMANAS.

UNHA APERTA!!!

Tarefas Arts and Crafts 2º (26.05.20) sticky icon

E para Arts and crafts esta semana, aproveitando que coñecemos o "Gruffalo", que vos parece se creamos ó noso propio Gruffalo?

Déixovos varias ideas para que aproveitedes do xeito mais orixinal os recursos que tendes en casa, unha opción pode ser facer a cara do Gruffalo nun plato de papel; outra cousa que podedes usar e o rollo de papel hixiénico; ou facer unha cinta para a cabeza cunha cartolina...o que se vos ocurra, vale? 

Xa sabedes, sede creativos! Adxúntovos algunhas ideas.

Un saúdo!

Tarefas Inglés 2º (26.05.20) sticky icon

Bo día rapaces! Esta semana empezamos tema 4, páxina 29, unimos e debuxamos; na páxina 30 seguimos cos animais, encántanme!! e a vos? Neste caso rodeamos, observamos e escribimos, moi sinxelo. E rematamos ca páxina 31.

E como de animais se trata, déixovos un video dun conto moi chulo "The gruffalo", seguro que moitos de vos xa o coñecedes, pero vedeo de novo, escoitade con atención e fixadevos na pronunciación das palabras, vale?

https://www.youtube.com/watch?v=s8sUPpPc8Ws

Un abrazo pequenos!

Guía das Unidades 11 de Lengua, Lingua e Matemáticas sticky icon

Bos días, espero e desexo que esteades todos/as ben. Hoxe adxúntovos as Unidades 11 de matemáticas, lengua e lingua. As dúbidas que teñades mas indicades pola aplicación do Abalar. Saúdos.

Tarefas Arts and Crafts 2º (19.05.20) sticky icon

Bo día!

Para a materia de Plástica (arts and crafts en inglés) esta semana ides facer unha puppet (marioneta) dunha serpe, adxúntovos o ficheiro, é moi sinxelo. É para poñer no dedo, polo que as tiras que ten no pescozo a serpe deberedes unilas e pegalas.

Recortaina e coloreadea, sede orixinais!! Non vos esquezades de mandarme fotiño!

Un saúdo.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar