You are hereEducación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.

Educación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.


FOTOS "PRESUME DE FAMILIA" sticky icon

Aquí tedes a nosa exposición virtual PRESUME DE FAMILIA, na que os artistas de Infantil retrataron ás súas familias e fixeron uns cadros dignos de calquera museo ;) 

Desfrutade das súas obras! 

Artistas da clase de 3 anos: Martín, Zhoe, Olivia, Sabela, Sofía, Mario, Helena e Pablo. Artistas da clase de 4 anos: Laura, Zoe, Lía, Ana V. e Carmen G.

 

 

AS PITAS BAIXO A CHOIVA (22/05/2020) sticky icon

Ola de novo nenxs e familias!

 Esta semana centramos as actividades no conto As pitas baixo a choiva de Ricardo Carballo Calero, o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Se vistes o conto que vos deixamos o martes (2º vídeo) e fixestes o antiface de pita que vos propuxemos onte, xa podedes facer a actividade de hoxe... Imos decorar un paraugas con pingas de auga para recrear este conto.

1- Debuxades moitas pingas de auga (un pouco grandes) e coloreádelas coa técnica que prefirades. Poden debuxalas os nenos, a familia ou imprimilas (arquivo adxunto).

 2- Os nenos recortan ou pican con punzón as pingas. Collemos cordón, sedal ou lá e pegamos as pingas coma na imaxe. Despois colgámolas nun paraugas.

   

 3- Collemos o noso antiface de pita e o noso paraugas decorado con pingas  e… xa somos unha pita baixo a choiva! Só nos queda sacar unha foto para mandárllela ás profes (prazo de entrega: venres 29 de maio).

Grazas de antemán por participar! Achuchóns virtuais

 

 

Máis pitas e..... (21/05/2020) sticky icon

Bos días nenos e nenas:

Seguimos a semana coas actividades das Letras Galegas. Nesta ocasión faremos unha manualidade que se relaciona co conto que vos propuxemos o outro día, "As pitas baixo a choiva" de Ricardo Carvalho Calero.

Para facela, precisaredes un anaco de goma eva ou cartolina de cor amarela, anaquiños de cor vermella e unha goma elástica ou la.

Para que será??????

Debuxamos, recortamos, pegamos, decoramos, atamos e....


Pero… OLLO… esta actividade non remata aquí, así que gardade o antiface porque mañá teredes unha nova misión. Será entón, cando completedes a tarefa o venres, cando teñades que mandarnos a foto do resultado.

Moito ánimo e agardamos que cumprades a misión.

Celia, Jenni, Tania e Shaila.

Novas fotos cheas de cor e olor. (21/05/2020) sticky icon

Bo día nenos e nenas:

Que ilusión ver tantos ramos preciosos que nos enviastes, seguro que aos vosxs compis lles fai a mesma ilusión. Son uns días complicados, pero ao poder saír dar pequenos paseos permítenos despexar a mente, gozar de sensacións esquecidas e, quen sabe, cruzarse cos amigos e amigas cos que tan bos momentos pasamos no cole. Por esta razón quixemos propoñervos a actividade das flores. Moitas cores, tantos olores e múltiples texturas que mesturastes, combinastes e decorastes con cariño.

Un millón de gracias polas fotos.

As profes Tania, Jenni, Celia e Shaila.

 

 

 

Memory auditivo ( 20/05/2020) sticky icon

Bos días:

Que tal estades? Imaxinamos que desfrutando destes fantásticos días de sol!

Queremos darvos as grazas a todos/as os que nos mandades as vosas fotos facendo as actividades, fainos moita ilusión recibilas! 

Aquí tedes as do memory auditivo:

 

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar