You are hereEducación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.

Educación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.


UNHA EIRUGA CONTANDO CONTAS (28/05/2020) sticky icon

Boa tarde nenos e nenas:

Agora que xa sabemos que a intriga de Infantil eran as eirugas de seda, queremos propoñervos unha divertida actividade para facer un gusano que conta contas. Deste xeito traballaremos algúns contidos como os números, ademais do círculo e a seriación ou a motricidade fina para a súa elaboración.

Para deseñalo necesitaredes goma eva ou anacos de teas, unha cinta, un botón, tesoiras e rotulador para decorar.

Con todo, tedes que ter en conta que os máis peques de infantil traballarán os primeiros números, e iremos incrementándoos segundo poidamos.

Animádevos a deseñar unha fermosa eiruga combiando cores, decorando con orixinalidade e traballando tanto como cando estabamos no cole. Tedes ata o próximo 4 de xuño para mandarnos fotiños.

Un bico enorme das profes de infantil.

 

 

As pitas baixo a choiva (27/05/2020) sticky icon

Ola chicos e chicas!

Aquí tedes as primeiras fotos da semana das letras galegas.

Vaia chefs estades feitos! As vosas profes seguro que vos imos a copiar as receitas!

 

 

ANIVERSARIOS (26/05/2020) sticky icon

FELIZ ANIVERSARIO AOS CUMPLEAÑEIROS DESTA QUINCENA!

Esperamos que vos guste o vídeo!

Unha aperta moi grande das vosas profes

 

 

Experimento: Flota ou non...? (26/05/2020) sticky icon

 

 FLOTA OU NON…? 

Ola nenos e nenas!

Hoxe toca experimentar con auga. O que imos facer é: 

  •   -  Buscar diferentes obxectos que queiramos comprobar se flotan ou non.
  •   -  Encher un recipiente con auga.
  •   -  Facer una táboa coma esta (en obxectos podedes escribir o nome dos obxectos elexidos e debuxalos).
  •   -  E por último cubrir a táboa seguindo as indicacións que aparecen na mesma.

 

 * Recordade que o último día para enviar as fotos é o póximo martes 2 de xuño de 2020

Moitos bicos!

 

Misterio en Infantil (3) (25-5-2020) sticky icon

Bo día chicas, chicos e familias…

Que tal ides co do misterio?...

Cremos que vos fixemos pensar un pouquiño e xunto coa vosa familia pasar momentos divertidos, polo menos esa era a nosa intención….a nós tamén nos gustou ver a variedade de respostas que se vos ocorreron…!

Aquí tedes as ideas dalgún compañeiro/a:

Lía investigou e pensou que se trataba de sementes dunha árbore...

Mario chegou a conclusión de que eran grans de café...

Na casa de Olivia déronlle voltas as pistas, estiveron moi entretidas e aproveitaron para repasar varias sementes, así como as súas árbores e as hortalizas...e, finalmente pensaron que son sementes de berza ou col..

A Zoe pareceulle que son boliñas arco da vella que chegan as cortezas das árbores moi altas e acaban caendo ó chan e alguén recolleu...

 

Zhoe despois de pensar, fixo un debuxiño e imaxinou que podían ser formigas, xoaniñas ou froitos secos...

Na casa de Ana V. pareceulles divertido ir averiguando a partir das nosas pistas e, así pensan que se trata do Faisán chino e quixeron completar a actividade cuns "faroliños chinos"...

 Martín pensou que son sementes dalgunha árbore e fixo para todxs un debuxo ben fermoso..

E Cristian pensou que eran sementes dunha flor: xeranio

 

Verdade que hai variedade de propostas...?

E xa veredes que alguen conseguiu descubrir o misterio…coas pistas ou non do luns pasado, non sabemos pero...

O certo é que algunha nena deu coa solución…

Sofía (4ºEI), Sabela, Zhoe (tempo despois do primeiro debuxo e despois de que lle leran máis pistas...) e Carmen (6ºEI) (no arquivo adxunto)...

 

Agora xa sabedes cal era o misterio...

OVOS DE EIRUGAS DA SEDA..!

Aquí tedes as primeiras imaxes...

E temos que seguir investigando, non vos parece?...

1.- Son vermes ou eirugas?, por que o sabedes?.

2.- Que significa eso de "seda"?

3.- Que comen?

4.- Que lles pasa ó longo do tempo despois de comer e comer?...

...iremolo vendo cada semana pero mentres esperamos as vosas respostas ata o luns 1 de xuño para dar resposta ás nosas preguntas con debuxiños e texto, por suposto...veremos quen se anima a "traballar"e participar...!

Mentres aquí deixamos unha canción moi chula...


Moitas grazas pola vosa participación e esperamos que sigades traballando con nós igual de ben. Sodes campioas e campións...Noraboa!

Mil bicos das vosas profes de Infantil.

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar