You are hereEducación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.

Educación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.


FOTOS "CICLO DE VIDA DA EIRUGA" sticky icon

Bo día!

Achegamos as fotos sobre os traballos do ciclo de vida das eirugas. Moi ben chicxs! Grazas por participar!

 

 

EIRUGA LARPEIRA: ESCRIBIR E CONTAR (06/06/2020) sticky icon

Ola chicxs!

Seguimos a voltas co conto La pequeña oruga glotona. Hoxe deixámosvos unha versión musicada (Babamusica) que nos servirá para recordalo. A ver se vos gusta!

E agora, imos facer unha pequena ficha-resumo do conto (arquivo adxunto). No primeiro cadro temos que poñer o día da semana, e no segundo o número de alimentos que comeu a eiruga ese día. Recordade: os máis pequenos precisarán unha axudiña, os de 4 escribimos en maiúscula e os de 5 intentámolo coa minúscula.

Ademais de facelo en papel, podedes facelo tamén con pezas de letras e números que teñades na casa: formar o nome dos días da semana e a serie numérica do 1-9.

                

Tedes de prazo para mandarnos foto ata o venres 13 de xuño. Veña, ánimo, que xa queda pouco e estádelo facendo moi ben ;)

Bicos e achuchóns das vosas profes

 

Que come a eiruga larpeira?? (04/06/2020) sticky icon

Boa tarde nenos e nenas:

Como vistes no conto, a eiruga come moitas cousas e de diferentes cores. Por esta razón, a actividade que vos porpoñemos hoxe está centrada nestes dous aspectos: os alimentos e as súas cores.

Elaboraremos unha eiruga de forma que cada círculo do seu corpo sexa dunha cor distinta, as que vos queirades. Para iso, podedes empregar papeis de cores, colorealos ou calquera outro material que vos permita recortar en forma de círculo.

Tendo isto en conta, os máis pequenxs de infantil, teñen que buscar alimentos da cor de cada círculo, facendo así unha asociación e identificando os seus nomes. Os de 4 anos, escribiredes os alimentos escollidos en letras maiúsculas e os de 5 anos, empregando as minúsculas.

Deixámosvos o que elaboramos nós para que vos sirva de exemplo, pero agardamos que as vosas eirugas teñan dispoñibles ricos e variados manxares.

Recordade que tedes ata o 11 de xuño para facernos chegar as fotiños do que fixestes. 

Un bico enorme das larpeiras profes de Infantil.

 

 

 

O TEMPO METEOROLÓXICO (3/06/2020) sticky icon

Ola pequenos meteorólogos! 

Aquí está o rexistro do tempo do mes de maio:

Carmen G. de 5° de E.I

Ana V. de 5° de E.I

 Carmen de 6° de E.I

 E Noa de 6° de E.I

Se vos apetece podedes seguir co rexistro os próximos meses. 

Moitos bicos! 

 

FLOTA OU NON...? ( 3/06/2020) sticky icon

Ola chicos e chicas! 

Xa poderes ver as vosas fotos e as dos vosos compañeiros/as experimentando con diferentes obxectos e descubrindo se flotan. 

 Moitas grazas por participar! As vosas mestras gozamos moito vendo as vosas fotos! Bicos! 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar