You are hereEducación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.

Educación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.


Paseando e recollendo flores (14/05/2020) sticky icon

Boa tarde nenxs e familias:

Sabemos que esta situación está sendo complicada para todos, para nós tamén. Por iso decidimos facervos un agasallo, un pequeno e modesto regalo co que esperamos animarvos un pouquiño e que un sorriso se debuxe nas vosas caras.

Deste xeito e no paseo diario que facemos, estivemos recollendo flores que iamos atopando polo campo, polo parque ou polo monte, e fixemos un pequeno ramiño de flores co que vos queremos agradecer todo o bo que nos estades ofrecendo, os correos de ánimo que recibimos e que nos axudan a levar esta situación o mellor posible. A nós tamén nos gustan unhas palabras bonitas, igual que a vós.

E desta idea xorde a nova actividade que vos propoñemos hoxe. Cando saiades dar un paseo, queremos que recollades flores, herbas, plantas en xeral e que deseñedes o voso ramo particular co que agasallar a algún compi. A imaxinación, as cores, o contacto coa natureza... ides traballar arreo sen apenas darvos conta. Logo podedes rematar a foto dedicándolle unhas palabriñas a esx nenx ao que lle enviades virtualmente o ramo de flores.

Agardamos ter o correo cheo de flores olorosas que nos alegren cada día. Recordade que tedes ata o día 21.

Non obstante e antes de despedirnos, queriamos deixarvos unha pequena reflexión.

Son momentos complicados para todos, son momentos de angustia, de ansiedade en moitos casos, de incerteza, de desconsolo, de agotamento mental máis que físico... e tamén o son para nós. Por esta razón pedímosvos comprensión, dándovos as grazas pola participación, pala implicación e polos bos desexos que moitos nos estades facendo chegar. Podedes estar seguros que estamos a facer todo o que está nas nosas mans para que estes días sexan o máis levadeiros posible. Que máis quixeramos que estar coma sempre, na aula, no patio, nos corredores... Nós tamén temos morriña diso. Pero a situación é a que se presenta e a única maneira que temos de traballar é esta, non sabemos se mellor ou peor, pero si a que nos parece máis próxima aos nenos e nenas. Somos conscientes do esforzo que facedes as familias, que non vos caiba dúbida, pero comprendede tamén o noso e a ilusión coa que vos presentamos as tarefas.

Desexando que esteades todos ben despedímonos, co maior dos bicos e coa máis forte das apertas.

As vosas profes de infantil que vos adoran.

Creando xoguetes novos e reciclados (13/05/2020) sticky icon

Boa tarde nenxs e familias.

Aquí tedes os marabillosos resultados dos traballos que fixestes reciclando botellas que tiñades pola casa. Esperamos que o pasarades ben e que lle deades uso.

Ademais, queremos darvos as gracias por todas as fotos e tamén facervos saber que non nos é posible publicalas todas, así que facemos unha selección e aquelas que xa nos veñen en collage, para así non facer as entradas máis longas. Esperamos que o entendades, porque nós facémolo coa mellor das nosas intencións e coa maoir das ilucións.

Un bico enorme das profes de Infantil.

 

 

 

 

O TEMPO METEREOLÓXICO (13/05/2020) sticky icon

Ola peques!

Xa podedes ver as vosas fotos, sodes todos/as uns meteorólogos!

-Moi bo traballo-

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MEMORY AUDITIVO (12/05/2020) sticky icon

 

* Outras actividades que podedes realizar a partir desta son:

- Decorar os botes : podedes usar pegatinas, rotuladores...ou 

-Contar cantos elementos metedes en cada bote ( para que as parellas de botes leven o mesmo número de obxectos)

 

Aniversarios en Maio (11/05/2020) sticky icon

Ola nenos e nenas!

As mestras de Infantil desexámos un feliz aniversario a :

- Sofía da aula de 4 anos e

- Laura e Jeny da aula de 5 anos

Moitas felicidades!

 

  

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar