You are hereEducación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.

Educación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.


Misterio en Infantil...!!! (11-5-2020) sticky icon

Bo día chicas e chicos.

Hoxe temos un “misterio” que esperamos nos axudades a resolver….ensínovos unha foto con algo que deixaron na casa e unha carta “moi estraña”…

Verdade que é todo moi raro? Vos sabedes que é o que está na foto…e quen escribiría esa carta?

Pois entre todos podemos investigar sobre as pistas que temos: unha foto (son cousiñas pequenas porque mirade ó lado dunha moeda cómo se ven…), unha carta na que fala de “coidádeos”, de que se tratará???

Veña…qué máis pistas atopades?

Xa nos ides dicindo qué sabedes despois da vosa investigación…podedes facer un debuxo do que pensades que  é(pero facédeo vós,eh, que así nos gustará moito máis) e escribir “libremente” o seu nome (os da aula de 3 anos que o intenten pero que o fagan eles/as, os de 4 que o fagan en maiúscula e,os máis maiores: recordade intentar facelo en minúscula, eh…!).

( NOTA PARA FAMILIAS: deixade que sexan os peques os que pensen, falen, imaxinen, que digan eles libremente qué pode ser....será a mellor axuda que lle podedes dar.Á hora de debuxar e escribir igual...que sexan eles os que proben os que se equivoquen...non se trata de facelo ben, senon de facelo, de intentalo...esto é o que máis os vai motivar. Grazas por axudalos )

Nós mentres, iremos “coidando”estas cousiñas que chegaron ata aquí e xa vos iremos mandando fotos co que pase….ups que intriga…!!!

Tedes ata o luns 18 de maio para enviarnos as vosas fotos, as pistas que atopades e se facedes debuxo e/ou escrito…

E grazas por axudarnos, ehh!!!

Bicos das profes de Infantil.

 

XOGAMOS CON POMPAS (08/05/2020) sticky icon

 Ola chicxs! Hoxe traémosvos unha proposta para aproveitar o bo tempo e xogar ó aire libre. Imos facer pompas! 

 Primeiro tedes que preparar vós mesmos o xabón para pompas: Nun recipiente mesturamos 5 tazas de auga. 1 taza de xabón para pratos. E media taza de xel fixador (“gomina do pelo”) que disolveremos previamente cun pouco de auga. Se non tedes “gomina” podédela substituir por azucre glass.

 

Deixámosvos tres propostas, podedes escoller a que máis vos guste ou facer as tres.

1º XOGO: MONTAÑA DE POMPAS

 O primeiro xogo consiste en facer unha montaña de pompas tan grande como poidamos. Para iso metemos a palliña na mestura anterior e despaciño sopramos e sopramos… 

 

2º XOGO: SERPE DE XABÓN

 Cortamos a parte de arriba dunha botella de plástico. No extremo atámoslle cunha goma un trozo de toalla ou un calcetín (que quede ben estirado). Mollamos ben o calcetín na mestura de xabón e sopramos… Sodes capaces de facer unha serpe!?

 

3º XOGO: PROBAMOS A FACER POMPAS

 Podedes aproveitar a mestura para encher un “pompero” que teñades pola casa. Se non tedes pompero podédelo facer vós mesmos cun limpiapipas, cun arame ou coa botella do xogo anterior. Aquí vos deixamos algunhas ideas…

        

 

Esperamos a vosa participación e as vosas fotos (prazo: ata o venres día 15).

Comentarvos que dende as autoridades educativas non se deron apenas indicacións para a Educación Infantil, esquécense da importancia fundamental que ten esta etapa... Pero as mestras de infantil deste cole estamos propoñendo estas actividades diarias porque así o queremos... e seguirémolo facendo mentras haxa un neno/a que nos envie fotos...

Boa fin de semana! Achuchóns das vosas profes

 

FOTOS TAREFAS VIDA PRÁCTICA II sticky icon

E velaquí as vosas fotos da limpeza de xoguetes... Seguro que quedaron impecables! Grazas por seguir aí...

OLIVIA:

ÁLVARO L.G:

SABELA E MARTÍN:

ZHOE:

SOFÍA:

NOA E CRISTIAN:

ZOE:

ALEJANDRO:

NOA E ICÍA:

 

FOTOS TAREFAS VIDA PRÁCTICA I sticky icon

Aquí vos deixamos as fotos das tarefas con calcetíns que vos propuxemos a semana pasada...

ÁLVARO L.G:

 SOFÍA:

SABELA E MARTÍN:

OLIVIA:

  ZHOE:

 NOA E MAIRA:

 CRISTIAN E ICÍA:

 ALEJANDRO:

 ZOE:

 NOA:

 

Experimentando...pequenxs científicxs. ( 7-5-2020 ) sticky icon

Menudos científicxs temos en Infantil...Noraboa!

É unha alegría para as profes ver cánto traballades coas nosas propostas e o ben que o pasades...ou eso parece vendo as vosas cariñas...jejeje.

Aquí deixamos algunhas fotos para que vexades o ben que vos saíron os experimentos e animar ó resto de compañeiros por se queren probar e pasalo moi, moi ben coa familia na casiña.

Recordade os experimentos eran 3:

Ovos de cores, a auga sube? e Arco da vella sin sol.

( Non subimos todas fotos por non facer unha entrada demasiado longa...disculpade ).

Sofía (4ºEI):

Zhoe:

Zoe:

Alicia (4ºEI):

Sabela, Carmen R. e Martín:

Maira e Icía:

Icía e Álvaro L.G.:

Carmen G.:

Helena, Cristian e Maira:

 

Zhoe:

Martín:

Olivia:

Noa (6ºEI) e Zoe:

Carmen G.:

Naiara:

Martín:

Ana V.:

Sabela e Sofía (4ºEI):

Moitas grazas por participar!

Saúdos.

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar