You are hereMisterio en Infantil (3) (25-5-2020)

Misterio en Infantil (3) (25-5-2020)


By celia - Posted on 25 Maio 2020

Bo día chicas, chicos e familias…

Que tal ides co do misterio?...

Cremos que vos fixemos pensar un pouquiño e xunto coa vosa familia pasar momentos divertidos, polo menos esa era a nosa intención….a nós tamén nos gustou ver a variedade de respostas que se vos ocorreron…!

Aquí tedes as ideas dalgún compañeiro/a:

Lía investigou e pensou que se trataba de sementes dunha árbore...

Mario chegou a conclusión de que eran grans de café...

Na casa de Olivia déronlle voltas as pistas, estiveron moi entretidas e aproveitaron para repasar varias sementes, así como as súas árbores e as hortalizas...e, finalmente pensaron que son sementes de berza ou col..

A Zoe pareceulle que son boliñas arco da vella que chegan as cortezas das árbores moi altas e acaban caendo ó chan e alguén recolleu...

 

Zhoe despois de pensar, fixo un debuxiño e imaxinou que podían ser formigas, xoaniñas ou froitos secos...

Na casa de Ana V. pareceulles divertido ir averiguando a partir das nosas pistas e, así pensan que se trata do Faisán chino e quixeron completar a actividade cuns "faroliños chinos"...

 Martín pensou que son sementes dalgunha árbore e fixo para todxs un debuxo ben fermoso..

E Cristian pensou que eran sementes dunha flor: xeranio

 

Verdade que hai variedade de propostas...?

E xa veredes que alguen conseguiu descubrir o misterio…coas pistas ou non do luns pasado, non sabemos pero...

O certo é que algunha nena deu coa solución…

Sofía (4ºEI), Sabela, Zhoe (tempo despois do primeiro debuxo e despois de que lle leran máis pistas...) e Carmen (6ºEI) (no arquivo adxunto)...

 

Agora xa sabedes cal era o misterio...

OVOS DE EIRUGAS DA SEDA..!

Aquí tedes as primeiras imaxes...

E temos que seguir investigando, non vos parece?...

1.- Son vermes ou eirugas?, por que o sabedes?.

2.- Que significa eso de "seda"?

3.- Que comen?

4.- Que lles pasa ó longo do tempo despois de comer e comer?...

...iremolo vendo cada semana pero mentres esperamos as vosas respostas ata o luns 1 de xuño para dar resposta ás nosas preguntas con debuxiños e texto, por suposto...veremos quen se anima a "traballar"e participar...!

Mentres aquí deixamos unha canción moi chula...


Moitas grazas pola vosa participación e esperamos que sigades traballando con nós igual de ben. Sodes campioas e campións...Noraboa!

Mil bicos das vosas profes de Infantil.

 

AdxuntoTamaño
Gusanos_Carmen_Otero_Carballo.pdf934.81 KB

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar