Audición e linguaxe

O BONECO DE NEVE

É posible cun boneco de neve poida namorarse dunha estufa?

Pois.... por suposto que SÍ. Falando de AMOR non hai nada IMPOSIBLE.

Dentro do P.E.L.O, o alumnado de E.I coñeceu a un BONECO DE NEVE moi especial, que non sabía o que era o AMOR. E cando menos o esperaba, este bonequiño namorouse a primeira vista da estufa do salón, cada vez ca veía sentía un escalofrío.

Con esta historia todos aprendimos moitisimas cousas sobre o inverno... e claro, como non, xogando co boneco de neve pasámolo xenial!! 

A BALEA MALENA

Dentro do P.E.L.O, o alumnado de E.I coñeceu a BALEA MALENA, unha balea moi boa e simpática, a cal encántalle xogar e ir á feira coa súa avoa. 

Como podedes ver nas fotos, a nós tamén gústanos moito xogar con ela.

P.E.L.O (E.I 4 anos). Actividade de soplo (traballamos control e forza)

Unha historia de esforzo e superación

O noso compañeiro Víctor de 6ºA, elaborou, coa axuda da mestra de Audición e Linguaxe, unha historia moi especial. 
Un dos seus ídolos, Leo Messi, representa unha historia onde o esforzo e a superación son dous dos valores que marcaron a súa carreira deportiva. 

Se queredes coñecer a súa historia, segue lendo...

Xogos para aprender froitas

Que vos paracen os novos xogos para aprender froitas?

Na aula de A.L. coloreamos, recortamos, pegamos e traballamos moito para crear este 3 en raia, este dominó e estos puzzles de froitas.

Gústanvos?

 

 

 

Coñecemos os deportes

Na Aula de Audición e Linguaxe, aprendemos moitas cousas sobre os deportes que practicamos na escola.
Con este novo material, buscamos e relacionamos todo o imprescindible para practicar mini-basquet, tenis, natación e fútbol.

 

 

Seguimos aprendendo con froitas

O noso compañeiro Victor en colaboración coa súa familia e a mestra de A.L, investigou e aprendeu moito sobre as froitas. 

 

Esta presentacións tan chulas o demostran. Noraboa Víctor!

 

A lingua Lola

Lalaralalala, lilirililili, lolorolololo, a lingua Lola encántalle cantar, pero tamén lle gusta percibir novos sabores, iso nos contou Thais. Como  a nós o que nos gusta e experimentar, aquí nos tedes probando alimentos doces, salgados e ácidos...que difícil distinguilos!! Seguiremos degustando!

 

 

Preme aquí para ver o ben que o pasamos e o moito que aprendemos nas sesións de estimulación da linguaxe en Educación Infantil

 

 

Aprendendo matemáticas

Na aula de Audición e Linguaxe, aprendemos e divertímonos moito co noso novo material de deporte.....coas pelotas de tenis, baloncesto, fútbol e ximnasia rítmica, contamos, facemos series....

Que vos parece??



A soplar!

Os nenos e nenas de Educación Infantil, de 3, 4 e 5 anos na sesión de Estimulación da Linguaxe, practicamos deporte dunha maneira moi especial...xogamos ao tenis, ao voleibol e ao balonmán cunha palliña e unha pelota de ping-pong....que raro, verdade?

Este foi o resultado....

 

 

Que froita é?

Na sesión de estimulación da linguaxe de eduacación infantil, estivemos xogando a adiviñar froitas a través de preguntas: de que cor son? pódese comer a miña pel? son doce? de qué árbore veño?

Animádevos a xogar na casa!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet