3º e 4º nivel de Primaria

OS CONSELLOS DE MARELA

Marela está moi preocupada por esta situación de alerta sanitaria que estamos a vivir.

Falou cos nenos e as nenas de segundo de Primaria, para que seguindo as recomendacións sanitarias lle axudaran a crear uns carteis cos consellos que todas e todos debemos seguir para GAÑAR este partido ao CORONAVIRUS.

Eu escoito a Marela!! E ti...?

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TRABALLO ORIENTATIVO PARA O ALUMNADO DE TERCEIRO E CUARTO

Bo día familias!

Esta semana imos seguir traballando na mesma liña que o viñamos a facer en días anteriores, reforzando os coñecementos adquiridos durante o presente curso:

MATEMÁTICAS:

-Repasar as táboas de multiplicar.

-Cálculo: sumas, restas, multiplicacións e división dunha cifra ( de dúas cifras para o alumnado de 4º e facendo a proba).

-Problemas sinxelos.  (material facilitado)

-Xogos matemáticos online: https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/numeros

LINGUA CASTELÁ e LINGUA GALEGA:

-Lectura diaria en libros e contos que teñan na casa.

-Fichas de comprensión lectora (material facilitado)

-Expresión escrita: Propoñemos que o alumnado de terceiro e cuarto escriba unha carta ao compañeiro ou compañeira que máis añore nestes días de confinamento.

Tamén podedes inventar un conto acompañado dun debuxo.

CIENCIAS

-Repasar o tema que estabamos a traballar na aula.

PLÁSTICA.

-Facede alguna manualidade desenvolvendo a vosa creatividade usando soamente tesoiras, pegamento, papel e un rolo de papel de cociña ou papel hixiénico.

Ah….e XOGADE!!! que tamén é moi importante…

Un saúdo e ánimo que xa queda menos!

 

As titoras de 3º e 4º

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR RELIXIÓN DESDE A CASA

Queridas familias:

Un agarimoso saúdo da profesora de Relixión dos vosos fillos e fillas. Sen ánimo de sobrecargar de tarefas aos nosos nenos e nenas, simplemente de xeito opcional e voluntario, e como unha materia máis do currículo escolar, non obrigatoria, ben é certo, aquí vos deixo algunhas propostas de actividades que pode levar a cabo o alumnado matriculado na mesma.

Moito ánimo e confianza nunha recuperación rápida da normalidade nas nosas vidas. 

 

Para o alumnado de Relixión de 3º propóñovos algunhas actividades relacionadas coas próximas celebracións cristiás, de longa tradición cultural, como son a Semana Santa e a Pascua, para que comprendades a orixe e o significado das mesmas. Para todos e todas os que non poidan imprimir este material, lembrarlle que está a opción de facelo nun folio. Lembrade tamén que nas actividades de colorear, cando esto non sexa posible, sempre podemos debuxalo primeiro e logo dámoslle color. A necesidade tamén abre as portas á creatividade. Lembrade que non son actividades obrigatorias senón suxerencias de traballo para quen dispoña de tempo e queira facelas.

 

Descargar PDF

 

 

 

Para o alumnado de Relixión de 4º propóñovos coñecer un pouco máis sobre o país onde naceu e viveu Xesús, que por aquela época era unha provincia do Imperio Romano á que lle deron o nome de Palestina.Hoxe en día se buscades nun mapa o nome que vos aparece dese país é Israel. As actividades consisten na lectura dun texto con información sobre o país de Xesús e logo situar no mapa,impreso ou debuxado nun folio, as vilas e cidades que se vos indican.Tamén podedes facer constar a pé de mapa algún episodio da vida de Xesús que lembredes e que acontecera nestes lugares. A outra actividade que se vos suxire é unha especie de cartel publicitario que anime a visitar Terra Santa destacando algúns lugares interesantes para coñecer. Aquí vos deixo este traballo por se tedes tempo e queredes  facelo.

 

Descargar PDF

IDEA A TÚA LATA DE CONSERVAS

Despois de tanto peixe, propóñovos idear a vosa lata, só tes que elexir a túa conserva e mans á obra, seguro que queda chulísima. Recoméndoche que imprimas en cartulina.

Aquí tes o modelo 

Nota: todos os traballos que fagades, enviaranse ao correo do cole, desta actividade en concreto ou de calquera das outras que se propoñen sobre este tema. 

ceip.arzua@edu.xunta.es

 

OS ARROASES DARANCHE MOMENTOS DIVERTÍDOS (lecturas, xogos e receitas en familia)

Os Arroases

Os Arroases son unha cuadrilla de 7 nenos e nenas que coñecen moi ben a importancia de comer peixe.

Resultado de imagen de Os arroases a súa primeira aventura

Os arroases e a súa primeira aventura

Os arroases e a súa segunda aventura

                                                                                      XOGA E DIVÍRTETE COS ARROASES AQUÍ

 

Receitas

Riquísimas receitas moi doadas de facer

                                                                                                                                                  Preme aquí

 

MATERIAIS PARA TRABALLAR NO PLAN PROXECTA

Tendo en conta a situación que estamos a vivir e contando ademais con que o centro está a participar no Plan Proxecta en diferentes cursos, as coordinadoras dos programas "Aliméntate ben" e "Sustentabilidade e paisaxe" propoñemos unha serie de actividades para que dun xeito entretido poidan aprender un pouquiño sobre estes temas. Esta vez vai relacionado co mundo da costa, un pouco máis lonxe de nós e que seguramente descoñecemos máis. Os nenos e nenas poden pasar momentos agradables e ao mesmo tempo estarán aprendendo cousas novas, co obxectivo de familiarizarse co mundo da pesca e da acuicultura para aumentar o seu coñecemento e interese por este produto.

Preme na imaxe e descarga.

 

Imaxe do peirao virtual

Coñezo o peirao Con esta actividade interactiva que tes que descargar vas pinchando nas diferentes imaxes e aparecerá información de cada unha delas. 

Vídeos 360º Vivir a experiencia de distintas profesións do mar dunha maneira directa a través da visualización en 360º desprazándose pola pantalla do ordenador para visualizalo desde diferente puntos de vista (preme no botón esquerdo do rato e móvete ata 360º nos vídeos. Poderemos coñecer: 

Percebeiros/as

Bateiros

Marisqueo

A navalla

Palangreiros

Cerqueiros

Naseiros do polbo

Vídeos de artes: Imos de pesca

Percebe

Nasas

Mexillón

Palangre

Acuicultura

Artes auxiliares

Apnea

Cerco

Enmalle

Arrastre

Marisqueo a flote

Marisqueo a pé

 

 

 

 

 

COMPRENSIÓN LECTORA PARA TERCEIRO E CUARTO DE PRIMARIA

OLA FAMILIAS!

Seguimos a traballar na distancia.... Aqui tedes unhas fichas de comprensión lectora axeitadas para terceiro e cuarto. Podedes imprimir unha para cada día, a que máis "apetecible" lles resulte.

Moito ánimo!

MARELA QUEDA NA CASA...!!!

Ola a todas e a todos os deportistas do Ceip de Arzúa!!!

Marela tamén se sumou ao reto de... QUÉDATE NA CASA!!

Sabe que durante este tempo de confinamento temos que seguir traballando telematicamente dende a casa e que de momento non podemos compartir xogos cos nosos amigos e amigas. Pero como bos e boas deportistas que somos ten moi claro que imos a conseguir este novo RETO porque a través do DEPORTE aprendimos  os valores esenciais para acadalo:  COMPAÑEIRISMO, COOPERACIÓN, TRABALLO EN EQUIPO, DEPORTIVIDADE, XOGO LIMPO.....

Se estes valores os envolvemos coa SOLIDARIEDADE, seguro que GAÑAMOS ao noso adversario o CORONAVIRUS.

Marela vainos acompañar durante a nosa permanencia na casa con consellos saudables e lúdicos.

Vos tamén podedes colaborar con Marela e mandar consellos saudables!!!!

 Mirade, mirade...... o que nos deixou....

Problemas para o alumnado de terceiro e cuarto

Seguimos traballando, deixamos unha serie de problemas para que practiquedes. Podédelos imprimir ou copiar en folios. Facédeos pouco a pouco. Pincha na palabra problema

Ánimo, todo vai ir ben. 

Powered by Drupal - Design by artinet