3º e 4º nivel de Primaria

ACTIVIDADES PARA TERCEIRO E CUARTO

Bo día familias!

Antes de propoñer o traballo para hoxe, queremos comunicarvos o seguinte:

·        

O pasado venres 17 de abril a Consellería de Educación publicou as orientacións provisionais para o desenvolvemento da terceira avaliación.

Estas orientacións provisionais indican:

“Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do alumnado”

 

·        

No apartado principal desta páxina web do centro, podedes ver a información relativa ao servicio gratuíto de impresión de material escolar que ofrece o concello de Arzúa.

 

PROPOSTAS DE TRABALLO PARA TERCEIRO E CUARTO

As mestras de terceiro e cuarto seguimos a propoñer, dende a distancia, actividades de reforzo e de repaso para todo o alumnado.

MATEMÁTICAS:

Propoñemos unha ficha de cálculo. Podedes velas nos documentos adxuntos.

 

LINGUA GALEGA.

Debedes facer un retrato dun compañeiro (documento adxunto)

 

Lembrade que estamos á vosa disposicón nos seguintes correos:

YOLANDA: clase.primaria.yolanda@gmail.com

MARÍA: 4primariamvb@gmail.com

 

Un saúdo,

As titoras de terceiro e cuarto.

 

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día, rapaces e rapazas. Para esta semana vos propoño repasar a clasificación de instrumentos musicais por familias.
Aquí vos achego uns videos para adiviñar instrumentos:

Adiviña instrumentos de vento:  https://www.youtube.com/watch?v=QRhcQV4t5xI

Adiviña instrumentos de percusión: https://www.youtube.com/watch?v=aaWfi839UEI

Adiviña instrumentos de corda:   https://www.youtube.com/watch?v=7JwF4oWeCJs

Para seguir traballando o ritmo aquí tedes unha nova proposta musical. Neste video farase a mesma actividade pero en velocidades diferentes, fixádevos ben nas palabras en italiano que se empregan na música para expresar a velocidade do tempo. Seredes capaces de chegar a presto? Seguro que sí.
https://www.youtube.com/watch?v=mCieoPJLLho

E, por último, unha canción para mandarvos moitos ánimos!!   https://www.youtube.com/watch?v=MCwYOsOCUgg

Se queredes poñervos en contacto comigo aquí tedes o meu email: musicaceiparzua@gmail.com
Unha aperta moi grande!

ACTIVIDADES DE CIENCIAS NATURAIS E CIENCIAS SOCIAIS PARA TERCEIRO E CUARTO

Boas tardes familias, 

Propoñémosvos máis actividades, desta vez para traballar as Ciencias Naturais e Ciencias Sociais. Para visualizalas preme nos arquivos adxuntos. Unha vez feitas, podedes envialas aos nosos correos.

Estamos á espera de ter novas directrices para continuar o trimestre, insistimos unha vez máis que as actividades son de reforzo e orientativas. 

Un saúdo,

As titoras de terceiro e cuarto.

ACTIVIDADES PARA TERCEIRO E CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bos días familias,

Seguimos con máis propostas de actividades. Desta vez propoñémosvos unha comprensión lectora de Lengua Castelá e uns problemas matemáticos para practicar operacións.  Unha vez que teñades feita a tarefa podedes enviala aos nosos correos para corrixir e supervisala. Preme nos arquivos adxuntos para descargalas.

Deixámosvos un xogo para practicar a lectura do reloxo de agullas. Cando premas no enlace, aparece un reloxo de agullas. Na parte superior esquerda atoparás dous deslizadores (horas cor vermella e minutos cor azul) deslízaos para marcar a hora que queiras.  A hora que marques aparecerá  no reloxo dixital,  no reloxo de agullas e en  formato texto. Na parte inferior esquerda podes seleccionar o nivel que consideres (principiante, medio ou avanzado).

Reloxo de agullas

MALABARES!!!

Durante estes días de vacacións, Marela aproveitou para ver o espectáculo que o  circo do Sol nos fixo chegar a través das novas tecnoloxías e decidiu que quere aprender a facer malabares con pelotas.

Buscou información para construir unhas pelotas de malabares e comezou a traballar….. Tamén podemos utilizar outras cousas como pelotas, só temos que deixar voar a imaxinación..... e buscar na casa.

 

 

 

 

Agora toca practicar...… Para iso deixounos estes vídeos......

Atréveste...??? Pincha en cada imaxe e...….a practicarrrrr!!!!

 

 

 

 

 

Se queres compartir a elaboración das pelotas e os xogos de malabares, pódesme enviar as fotos ou os videos ao meu correo electrónico maritaef@gmail.com.

ANIMOOOOOOO....SEGURO QUE VOS QUEDAN MOIIII CHULAS!!!!

 

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Para o alumnado de Relixión de 4º propóñovos seguir con actividades que vos axudarán a ampliar a vosa cultura artística, a identificar aos seus personaxes e a interpretar os seus símbolos. Neste caso trátase dunha obra de arte que está baseada no relato bíblico da "Parábola do Bo Samaritano", que xa coñecedes.

Este cadro atópase na Real Academia Catalana de Belas Artes de San Jorge, e o seu autor é Pelegrín Clavé i Roqué. 

Despois de analizado e traballado o cadro, podedes buscar información sobre o pintor do mesmo.

FAI CLIC AQUÍ PARA VELO

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Saúdo novamente as familias e a todo o alumnado,de parte da mestra de Relixión, despois deste breve paréntese vacacional, para darvos moito ánimo nesta situación que tan complicada e incerta está sendo para todos. A espera de novas instruccións aquí vos deixo novas suxestións de traballo para o alumnado que cursa esta materia e que lle sexa posible levalo a cabo. Moi agradecida polo esforzo realizado, aquí me tedes a vosa disposición no correo electrónico relixion@arzua.net e moita paciencia para afrontar esta recta final de curso. Saúde para todo o mundo.

Para o alumnado de Relixión de 3º propóñovos unha actividade sobre "Historias da Biblia" e poderiamos comezar coa "historia de Rebeca". Esta actividade consiste:

-En primeiro lugar, na lectura pausada dun pequeno texto do Antigo Testamento para familiarizarse coas historias da biblia.

-En segundo lugar, traballar nunha ficha(ou en folio)para valorar a comprensión lectora do mesmo.

 

-Por último podedes buscar información sobre os pozos de auga na antigüidade e acompañala dun debuxo.  

PREME AQUÍ PARA VER O TEXTO

PREME AQUÍ PARA VER AS ACTIVIDADES

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día rapaces e rapazas, esta semana vos propoño estas actividades:

1) Comezamos cunha canción de repaso :
https://www.youtube.com/watch?v=dhiR4si1hK8

2) Un xogo de percusión corporal.
https://www.youtube.com/watch?v=_BQJeW_o5jM


3) Mirade cómo se pode imitar a choiva con percusión corporal.
https://www.youtube.com/watch?v=M_iq--BQeI4

4) Xa sei que a maioría de vós tedes a frauta no cole pero aínda así quería que practicarades estas cancións.
Se non tedes a frauta vale con que collades un bolígrafo, pau ou similar e que o coloquedes apoiado no mentón.
1º Escoitade a canción e intendade facer o ritmo con palmas.
2º Escoitade de novo a canción dicindo as notas e seguindo o ritmo.
3º Colocade os dedos na "frauta" na posición correcta (podedes consultar o pdf adxunto).
4º Soplade dicindo tu ou du ( como facíamos na clase) seguindo o ritmo da canción e colocando ben os dedos na "frauta".

Canción para 3º e 4º 
https://www.youtube.com/watch?v=sxdd_LAkiU4

Canción para 4º ( os nenos/as de 3º tamén podedes interpretala, empezar moi despacio, ata que vos aprendades as notas)

https://www.youtube.com/watch?v=ZmVaY4uuOvM
 

5) Vos atrevedes con este baile? Animádevos! https://www.youtube.com/watch?v=SH-7A3NVQbY

Unha aperta moi grande para todos e todas!

PROPOSTA DE TRABALLO PARA TERCEIRO E CUARTO.

Bo día familias!!

Que tal estades? Esperamos que todos e todas vos atopedes ben.

Ao longo desta semana recibiremos instruccións de como imos levar a cabo este trimestre. Mentres tanto, seguimos con actividades orientativas e de repaso.

A nosa proposta para estes primeiros días despois das “vacacións” é a seguinte:

·      

Faredes un escrito  entre 5 -10 liñas (en castelán ou en galego) contándonos como vivistedes estas peculiares vacacións de Semana Santa. Acompañarédelo dun debuxo.

 

Ah! Recordade prestar atención á caligrafía, ortografía, presentación e seguir unha orde no que nos vaides contando. Facede oracións curtas e lembrade poñer signos de puntuación.

 

Se queredes podedes enviárnolas aos nosos correos:

YOLANDA: clase.primaria.yolanda@gmail.com

MARÍA: 4primariamvb@gmail.com

 

Moito ánimo!

 

As titoras de 3º e  4º.

APÚNTATE AO IOGA!!!

Marela acaba de descubrir unha disciplina oriental.....o IOGA!!! Os seus mestres ensináronlle a unir o corpo, a respiración e a mente, e a facer diferentes posturas que nos axudarán a DESCONECTAR deste confinamento e a recargar ENERXÍA.

Apúntaste á primeira sesión??

Non vos olvidedes da coreografía de QUÉDATE NA CASA!! Temos que practicala para logo facela todos e todas xuntos e xuntas. Podédesme mandar algún video!! O meu correo é maritaefisica@gmail.com

ÁNIMOOOOO...IMOS GAÑAR ESTE RETO!!!

Powered by Drupal - Design by artinet