1º e 2º nivel de Primaria

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE en 2ºEP, 3 de decembro

Este ano queremos conmemorar esta data cunha actividade titulada A MIÑA VOZ, O MEU MUNDO onde  o alumnado deste nivel lle  poremos voz e faremos un debate logo dun mural ou presentación dos logros e desafíos das persoas con discapacidade, promovendo a inclusión. 

"Todos e todas temos discapacidade" polo que partindo desa premisa temos que loitar pola inclusión adaptando o contexto e creando situacións de aprendizaxe onde todos e todas podamos medrar, metafóricamente falando.

Tratáronse moitos temas poñéndolle a NOSA VOZ para crear o NOSO MUNDO: 

  • Definición de discapacidade, que procuramos na internet.
  • Tipos de discapacidade
  • Inclusión e intregración
  • DUA, deseño Universal de Aprendizaxe
  • Adaptar o contexto non a persoa, para que todo o mundo teña oportunidades
  • Eliminación de barreiras
  • Comportamento da xente ante as persoas con calquer tipo de capacidade: rexeitamento, desprezo, indiferencia...
  • Eliminar frases como mellor nun sitio para eles/elas, non son ben, non son capaces...
  • Riqueza de oportunidades, posibilidade de superación ante dificultades, éxito ante a frustación...

Cada neno/a falou das súas experiencias familiares, coñecidos/as, veciños/as, compañeiros/as do cole, do parque...e chegamos a unha conclusión: todos e todas aprendemos de todos e todas, sen ter en conta as nosas capacidades ou discapacidades e reforzamos valores como a empatía, a cooperación, a amizade, o compromiso, a inclusión dentro dun grupo (tan importante na vida xa que somos animais racionais sociais)

Vimos vídeos, en especial, un que trata dunha rapaza chamada ESTELA ou de asociacións que loitan pola inclusión e demostran que tamén son capaces de acadar os obxectivos que se propoñen nun proxecto que lles interesa, sempre e cando cambiemos o punto de mira tendo en conta as persoas e eliminando as barreiras e o contexto que faga imposible esa inclusión das persoas con calquer tipo de discapacidade. Estes recursos que tanto nos valeron para traballar esta temática proveñen dun curso en liña sobre DUA.

Tamén procuramos información de xente famosa que tiña algún tipo de discapacidade e aínda así se converteu nun personaxe moi importante e a imitar nas nosas vidas como os que aparecen no arquivo PDF que adxuntamos pinchando aquí

Pero hai moitos mais e preto de nós que lograron conseguir os seus soños! 

E para iso, xunto coa profe Marita, que nos guía no programa NUTRIESCOLAS deseñamos unha actividade DUA para levar a cabo na aula e funcioanria para todo tipo de alumnado independentemente da discapacidade ou nivel de cada un e unha...probade a ver se vos gusta!!

 

OUTRA ACTIVIDADE DO 25N de 2ºB EP

Seguimos traballando no 25N no 2ºnivel B de educación primaria, esta vez lendo dous libros que tratan o tema de violencia de xénero e para o que deseñamos varias actividades, dende debates, cuestionarios, creación de textos, ilustracións e gravacións...para pór de manifesto que eliminala das nosas vidas e que depende de que todos e todas nós aportemos un gran de area e empaticemos.

Por un lado PEPUKA E O MONSTRO QUE LLE LEVOU O SORRISO de Estela Moreno

  • Uns e unhas ilustraron a lectura de como sentiron e viviron 

 

  • Outros e outras decidiron falar sobre o lido expresando as súas opinións

 

 

 

Por outro lado OS HOMES NON PEGAN de Beatriz Monco:

 

  • Neste caso decidiron debuxar sentimentos, emocións, ideas sobre o que se imaxinaban, como o representan e incluso dicían que é imposible ser tan malo, como era a figura masculina do conto o pai de Javier.

UNDÉCIMA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2ºEP

Agora un destino maís preto de nós, PORTUGAL. Vera, mochileira de 2ºAinformounos de todo o que investigou sobre este país europeo:

  

Canto traballou esta rapaza! Un vídeo impresionante!

DÉCIMA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2ºEP

Agora toca unha viaxe un pouco mais longa, Lucas, mochileiro de 2ºBinformounos de todo o que investigou sobre XAPÓN:

 

Este país asiático é moi diferente co que levemos escoitado ata agora!

 

NOVENA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2ºEP

Recén chegada de ITALIA, Carmen, mochileira de 2ºAinformounos de todo o que investigou sobre este país europeo:

 

Que gañas de viaxar a este fermoso país europeo!

 

  

OITAVA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2ºEP

Recén chegada de SUÍZA, Patricia, mochileira de 2ºB, informounos de todo o que investigou sobre este país europeo:

    

Canto traballou esta rapaza! e que ben o expuxo!

E como recordo unhas fermosas fotos  para non esquecer esta aventura:

 

WISH: O PODER DOS DESEXOS

O martes 28 de novembro fomos a Santiago de Compostela, concretamente As Cancelas para ver o estreo dun filme  que segundo as críticas defínese como “A magnífica autohomenaxe de Disney polo seu centenario: animación tradicional, tanto na súa forma como no seu enfoque cun reino máxico (...) e carrusel de situacións que fan referencia aos clásicos, Wish: O poder dos desexos.

"Wish", de Walt Disney Animation Studios, é unha comedia musical de animación que nos dá a benvida ao máxico reino de Rosas, onde Asha, unha moza idealista e con recursos, formula un desexo tan poderoso que é respondido por unha forza cósmica: unha pequena bola de enerxía ilimitada chamada Estrela. Xuntas, Asha e Star enfróntanse a un poderoso inimigo, o Rei Magnífico, gobernante de Rosas, no Mar Mediterráneo para salvar o seu pobo e demostrar que, cando a vontade dunha persoa valente se une á maxia das estrelas, cousas marabillosas poden ocorrer.

  

  

UN MUNDO NUN MUSEO: TERCEIRO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES en 2ºB

Partimos do cadro titulado Emigrante de Luís Seoane (1967):

Emigrante | Museo de Belas Artes da Coruña

Luís Seoane foi un dos creadores galegos máis destacados do século XX, con influenza e importancia internacional. Un home polifacético que ademáis de pintor traballará como gravador, muralista, periodista, editor, escritor e promotor dunha morea de iniciativas culturais, entre outras moitas cousas. En todas estas facetas Seoane mostrou ser un creador profundamente comprometido coa cultura e sociedade galega.

Seoane foi sen dúbida “un home de mundo”. Nado en Bos Aires en 1910 no seo dunha familia de emigrantes galegos pasará a súa infancia e primeira xuventude en Galicia; tendo que marchar novamente tras o estoupido da Guerra Civil, aínda que xa non como emigrante senon como exiliado. No seu exilio bonarense continuará loitando por Galicia e representándoa (as súas xentes, especialmente as mulleres, os seus traballos, os seus mitos…), moitas veces desde as lembranzas e a morriña. Fará unha arte atemporal, iconográfica, universal e, sobre todo, popular.

Boa parte da súa obra plástica vai ter un trasfondo de denuncia social; no caso da “Emigrante” dun xeito completamente claro. Neste cadro vemos representada unha muller cun cartaz pendurado no pescozo no que se pode ler: Elle s’apelle Manuela Rodríguez. Elle est analphabéte. Aidez-la. Genève 1963”. Seoane realizou este cadro motivado por unha historia real: a de Manuela Rodríguez. A través da súa correspondencia con amigos descubrimos que Luís Seoane coñeceu as vivenzas de Manuela a través dun artigo de prensa. Esta muller galega tivo que partir a Xenebra en busca dunha vida mellor; desubicada e seguramente alterada por un estado de confusión ou mesmo de ansiedade foi tomada por tola, unha persoa ponlle o cartaz no pescozo agardando que alguén a axude. A historia conmovería profundamente ao artista e o levaría a expresar o seu pesar a través do cadro.

Seoane denuncia aquí dúas problemáticas distintas: a emigración (unha constante na súa obra pero tamén unha situación que lle tocou vivir persoalmente) e o analfabetismo e a falta de cultura (moi presente todavía na sociedade galega e que afectaba especialmente ás mulleres).

A pesares de representar a unha vítima da sociedade, a muller amósase monumental e rotunda. Trátase de Manuela Rodríguez, unha persoa concreta cunha historia concreta; pero coa que Seoane quere representar a todas as mulleres, a todas as persoas que viven e viviron o problema da emigración.

Preséntanos o rostro de fronte e de perfil, nunha postura que parte do cubismo e que na súa sinteticidade pode lembrarnos tamén as obras da escultura románica. Evoca así a icona, o sintético, o símbolo.

No seu estilo característico, a cor e a liña parecen ir por camiños distintos. O cadro se compón con esas manchas de cor que logo son definidas coa liña. Esa liña (como noutros cadros seus do museo como As Mariscadoras) parece en ocasións que vai por libre, desaxustada do fondo, creando unha sensación de “disloque” das distintas partes da figura.

ACTIVIDADE 1. Investigando as nosas historias de emigración

O tema da emigración será unha constante na obra de Luís Seoane. Esta situación que sabemos afecta a tantísimas persoas no mundo, afectou enormemente aos galegos e galegas nos tempos de Seoane.

Que é a emigración? Coñeces a algunha persoa migrante?

Que diferencias hai entre emigrante, exiliado e refuxiado?

Unha persoa emigrante é un/unha “turista”?

Emigrante, exiliado e turista teñen en común que denominan a unha persoa que está fóra do seu país de orixe. Luís Seoane e a súa familia viviron estas tres realidades, pero teñen distintos significados.

- Un turista é alguén que está fóra do seu país por lecer

- Un emigrante é alguén que está fora do seu país por motivos económicos

- Un exiliado é alguén que está fóra do seu país por motivos políticos

Galicia é unha terra tradicionalmente emigrante. Desde finais do século XIX e o longo de todo o século XX miles de galegos e galegas emigraron a distintos lugares (especialmente Europa e América). Hoxe en día vivimos un enorme movemento migratorio; mais, na maior parte dos casos, trátase de inmigración (persoas que veñen a Galicia e a España desde outros países). Pensades que tratamos os emigrantes que veñen hoxe a vivir aquí do mesmo xeito que trataron os galegos e galegas que emigraron no pasado a outros lugares? O certo é que non todas as persoas nin en todos os lugares se está a tratar correctamente ás persoas migrantes; e o xeito no que se trata aos migrantes depende ás veces do lugar de onde veñen.

1. Investigaremos se na nosa familia hai algunha persoa que emigrou a algún país (se cadra eu mesmo ou ti mesma somos emigrantes). Onde emigraron os nosos familiares ou nós mesmos?

2. Nun mapa do mundo, deixaremos constancia dos lugares de procedencia ou de destino das vosas historias de emigración ou as historias dos vosos familiares. Podemos realizar unha pequena estatística dos lugares de orixe.

Cada estrela blanca con bordo vermello representa unha persona emigrada

ACTIVIDADE 2. Versionando a Emigrante de Seoane

Partindo das nosas propias historias de emigración/inmigración ou das historias dos nosos familiares, faremos unha versión da Emigrante de Seoane. Recolleremos a información precisa e escribiremos ou compartiremos a historia de emigración nosa familia. Despois, en poucas palabras, faremos unha versión propia do cadro de Seoane substituíndo a Manuela Rodríguez polo noso relato.

          

UN MUNDO NUN MUSEO en 2ºB: SEGUNDO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES

Este curso imos viaxar de seguido, o segundo reto do museo vai diso. Partimos do cadro titulado O gabinete do coleccionista de Frans Francken II (c. 1630)

 

Nesta pequena táboa observamos dúas estancias diferenciadas. Nunha delas preséntanse numerosos obxectos: cadros de distintos xéneros, pequenas esculturas clásicas, un busto, cunchas, xarróns, dous loros desecados e outros obxectos de gran valor. Nunha segunda escena separada por un vano cunha cortina vermella, observamos a dous homes rodeando unha mesa con comida. Semella que están a observar unha pintura. Un terceiro personaxe, un rapaz novo, está a servirlles as viandas.

Este cadro representa o que se encadra dentro do xénero coñecido como “pintura de gabinetes”. Xurde no século XVI e terá especial desenvolvemento durante o s. XVII. O autor desta táboa, Frans Franken II, é considerado un dos creadores deste tipo de pintura.

Un Gabinete do Coleccionista, tamén chamado “cuarto das marabillas”, era unha habitación, ou as veces un simple moble, onde se coleccionaban e expoñían obxectos exóticos, artísticos ou curiosos. Os coleccionistas artífices destes gabinetes eran persoas adiñeiradas da nobreza e a burguesía que tiñan poder adquisitivo para facerse con obras de arte e obxectos curiosos. Estas coleccións estaban formadas tanto por obxectos creados polo ser humano (cadros, esculturas, cerámicas...) como por obxectos procedentes da natureza (animais, minerais, cunchas...).

Estas importantes coleccións xurden na época na que desde Europa se comezan a facer as primeiras grandes viaxes a outros continentes. Estas viaxes traerán consigo todo un tráfico de obxectos exóticos ou curiosos que, en ocasións, rematarán nestes gabinetes de coleccionista. Unha das funcións principais destes lugares será pois a de servir como obxecto de estudo daquilo que, por distancia, era ata entón descoñecido.

Aínda que moitos cadros de gabinete representan coleccións reais, o cadro de Frans Franken II tratase dunha invención. O autor quere representar unha colección tipificada co aspecto que terían habitualmente os gabinetes da cidade de Amberes onde residía. A pesares disto algunhas das pezas que aparecen representadas si que existiron, ou existen, na realidade.

Os gabinetes de coleccionistas son considerados os antecesores dos museos modernos. Xa que moitas destas coleccións privadas pasaron a converterse en museos e salas de exposicións abertas ao público.

Hoxe en día case todos e todas temos acceso a desfrutar de obras de arte orixinais de xeito gratuíto e moitas das coleccións que se poden observar nos museos son patrimonio de todos. O Museo de Belas Artes da Coruña é un museo cunha colección estatal, o que nos converte a todos e todas nós en donos e donas das pezas que alberga.

Un mundo nun cadro...

No Gabinete do coleccionista vemos representados cadros de distintos xéneros: obras mitolóxicas, retratos, cadros relixiosos... Salta á vista que o tema máis repetido é o da paisaxe. Contamos polo menos oito cadros de paisaxe: mares axitados, árbores movidos polo vento, montañas rochosas...

Este cadro foi realizado nun contexto moi concreto: o das primeiras grandes viaxes. Hoxe en día realizar viaxes é algo máis próximo á realidade de todo mundo; máis preto ou máis lonxe todos e todas realizamos excursións e visitamos lugares que nos son máis ou menos descoñecidos. No pasado, estas viaxes eran irrealizables; ata a excursión máis curta podía ser toda unha aventura. Non existían os medios de transporte actuais e case ninguén tiña os cartos suficientes para a preparación dunha viaxe.

A finais do s. XVI comézanse a realizar as primeiras grandes viaxes. Algunhas persoas (consideradas históricamente como “aventureiras”) embárcanse en travesías longuísimas a través dos océanos. Os europeos descubren outros continentes que nin sequera aparecían nos mapas por non saber da súa existencia. Nese contexto, moitos científicos e estudosos comezan a descubrir unha fauna e flora que lles resulta allea, e unha serie de ecosistemas e paisaxes totalmente novidosos para eles. Por ese motivo, na pintura, comezamos a ver a difusión das primeiras paisaxes.

 Deste xeito, e gracias á contemplación artística, algunhas persoas podían “viaxar” a través de observar obras de arte que representan paisaxes lonxanos.

ACTIVIDADE 1: VIAXANDO A TRAVÉS DO GABINETE DO COLECCIONISTA

Unha obra de arte pode transportarnos a outro tempo e a outro lugar. Non sempre as persoas temos a opción de coller un avión e descubrir un país lonxano como a India ou Xapón, pero os medios actuais nos permiten saber como son estes países. Gracias a vídeos, fotografías ou a aplicacións como Google Maps e Google Street View podemos viaxar de xeito virtual a estes lugares. No pasado, isto soamente era posible a través da observación de obras de arte, especificamente de pinturas e gravados.

Para isto teremos unhas láminas do Gabinete do Coleccionista. Nestas láminas moitas das obras aparecen en branco; o que queremos e realizar a propia versión do cadro completando estes espazos. No lugar dos cadros orixinais, representaremos paisaxes de distintos lugares do mundo; estas paisaxes poden ser naturais ou urbanas, pero teñen que estar inspiradas en lugares existentes na vida real: París, New York, Roma, La Habana, Buenos Aires, Arzúa, Santiago de Compostela...

Xa estamos a ello, viaxando e plasmando diferentes opcións de cada país que visitamos:

 

SÉTIMA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2º EP

Hoxe chegou ás nosas aulas BRASIL, un país de Sudamérica que investigou  Iago, un mochileiro de 2ºB:

 

Foi unha pasada a súa exposición contando un montón de información deste país!

 

Powered by Drupal - Design by artinet