DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE en 2ºEP, 3 de decembro

Este ano queremos conmemorar esta data cunha actividade titulada A MIÑA VOZ, O MEU MUNDO onde  o alumnado deste nivel lle  poremos voz e faremos un debate logo dun mural ou presentación dos logros e desafíos das persoas con discapacidade, promovendo a inclusión. 

"Todos e todas temos discapacidade" polo que partindo desa premisa temos que loitar pola inclusión adaptando o contexto e creando situacións de aprendizaxe onde todos e todas podamos medrar, metafóricamente falando.

Tratáronse moitos temas poñéndolle a NOSA VOZ para crear o NOSO MUNDO: 

  • Definición de discapacidade, que procuramos na internet.
  • Tipos de discapacidade
  • Inclusión e intregración
  • DUA, deseño Universal de Aprendizaxe
  • Adaptar o contexto non a persoa, para que todo o mundo teña oportunidades
  • Eliminación de barreiras
  • Comportamento da xente ante as persoas con calquer tipo de capacidade: rexeitamento, desprezo, indiferencia...
  • Eliminar frases como mellor nun sitio para eles/elas, non son ben, non son capaces...
  • Riqueza de oportunidades, posibilidade de superación ante dificultades, éxito ante a frustación...

Cada neno/a falou das súas experiencias familiares, coñecidos/as, veciños/as, compañeiros/as do cole, do parque...e chegamos a unha conclusión: todos e todas aprendemos de todos e todas, sen ter en conta as nosas capacidades ou discapacidades e reforzamos valores como a empatía, a cooperación, a amizade, o compromiso, a inclusión dentro dun grupo (tan importante na vida xa que somos animais racionais sociais)

Vimos vídeos, en especial, un que trata dunha rapaza chamada ESTELA ou de asociacións que loitan pola inclusión e demostran que tamén son capaces de acadar os obxectivos que se propoñen nun proxecto que lles interesa, sempre e cando cambiemos o punto de mira tendo en conta as persoas e eliminando as barreiras e o contexto que faga imposible esa inclusión das persoas con calquer tipo de discapacidade. Estes recursos que tanto nos valeron para traballar esta temática proveñen dun curso en liña sobre DUA.

Tamén procuramos información de xente famosa que tiña algún tipo de discapacidade e aínda así se converteu nun personaxe moi importante e a imitar nas nosas vidas como os que aparecen no arquivo PDF que adxuntamos pinchando aquí

Pero hai moitos mais e preto de nós que lograron conseguir os seus soños! 

E para iso, xunto coa profe Marita, que nos guía no programa NUTRIESCOLAS deseñamos unha actividade DUA para levar a cabo na aula e funcioanria para todo tipo de alumnado independentemente da discapacidade ou nivel de cada un e unha...probade a ver se vos gusta!!

 

AdxuntoTamaño
3 de decembro (1) (1).pdf367.58 KB

Powered by Drupal - Design by artinet