1º e 2º nivel de Primaria

SEGUIMOS CO 8M en 2ºB de EP

Na nosa clase queremos que 8M sexa todos os días do ano, onde predomine o lema dunha muller que admiramos

 “Enamórate de ti, de la vida y luego de lo que tú quieras” de Frida Kahlo.

E para iso seguimos traballando nesta temática A IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES escoitando de fondo unha cancion de Miley Cyrus: Flowers, que nos dá sentido ao que traballamos e o que di Frida.

Para iso deseñamos uns broches moi orixinais:

E un fermoso vídeo cos nosos 17 puños para loitar, onde nos encantou tatuar os nosos antebrazos con diferentes símbolos:

 

8M en 2º nivel de EP

Un 8 de marzo, con motivo do Día Mundial da Muller, o cantante e poeta Marwan decidiu lanzar estes fermosas palabras nas redes sociais "adicados á muller, á súa forza, á súa valentía". 

Partindo desas palabras traballamos, na clase de 2ºB, contidos relacionados con esta conmemoración poñendo énfase na procura da igualdade entre sexos.

COMPAÑEIRAS

O mellor que pode facer un home cando ve a unha muller bicar ao seu fillo, cando ve a unha muller romperlle o inverno na cara e romperlle as costas para o resto, é retroceder, mirar con atención, erguerse. Escandar dixo que alí onde miraba só vía mulleres loitando. Mulleres cargando, mulleres abrindo, mulleres curando. Nais que rompen o corazón agachándose para quitar as pedras que puxeron no teu camiño, para que eu non tropece.

Sempre as veredes preparadas, lobas que amamantan, coidan dos seus cachorros, coidan de todo, nais de brazos abertos, peito aberto, alma aberta. Son perfectas polo simple feito de existir, de ter nacido, de devolver ese agasallo dando a luz outra vida. Deberías aplaudilas mentres as ves pasar, limpando o mundo, cos seus fillos, con febreiro detrás, encargada da casa, encargada da produción, da vida. Están por todas partes, abrindo o camiño, achegándoche luz, borrando as pantasmas da túa fronte.

Mulleres ás que lles apuñalan os cóbados para que non ascendan na orde social que establecen os homes porque o deben ao fogar. Mundo de homes, mulleres comedidas, mundo patriarcal, mundo doente, mulleres botadas, mulleres sen Edén. Limitándose a amar, ver a distribución desigual do poder e seguir amando. Mulleres que aman, división sexual do traballo, mulleres que aman, obstáculos para o ascenso, traballo non remunerado (amar e calar), mulleres que aman, competentes pero que non destacan, mundo patriarcal, mundo doente, mundo doente, mundo doente.

Muller de publicidade para que o goces, para que o mires, obxeto muller. Muller bombardeada: Epilady®, Axe®, Nivea®, complexos e máis complexos, vendas e máis vendas.

Mulleres que obrigamos a ser nais, amantes, xarrón, costela, Cenicienta, cociñeiras, educadoras, costela de Adán, felpudo, vinte e catro sete, sempre perfectas, costela e culpable, pecado orixinal, sempre preparadas como eu quero, como queren os homes, sempre a man. E non só costela, e non só María Magdalena, e non só prostíbulo, tamén burka, Juana La Loca, tamén escisión, Xoana de Arco, matrimonios concertados, tamén Penélope, Casandra, tamén Pandora, tamén culpa, non só costela.

Violencia doméstica, con malleira ou sen, xustificacións, costumes, escusas, normas sociais aceptadas, aceptadas por todos porque non temos a valentía de reiniciar o mundo, con eles ao mando, con nós no control, con todos no control, tribunais que exonerar.

Se non as ves eres un idiota! Están loitando, rompendo o corazón por todos. Moitos din que se gobernasen o mundo non habería guerras. Ninguén animaría a matar o neno que outra muller levaba no seu ventre porque só eles conciben a dor interminable de perder un fillo. Nunca privarían a outra nai do milagre de selo. Nunca. Nunca o farían.

Só quero que descansen, que as deixemos descansar, que este século pouco a pouco lles devolva o que perderon, os seus horarios, que deixen de limpar o noso camiño, de resolver os nosos crucigramas, de que xa teñen abondo cos seus, de que xa lles abondo. as súas pantasmas, que elas esquecen e as miñas, as túas.

O espello de Frida, o espello de Szymborska, o espello de Rosa Parks, as nais da Praza de Maio, Mafalda, Femen, Simone de Beauvoir, as mulleres na loita contra a historia, as mans da Madre Teresa de Calcuta, Indira Gandhi, Victoria Kent e a súa mirada. no preso. O exemplo, o camiño marcado.

Nais, mulleres, irmás, parellas, compañeiras, eternas, compañeiras, milagre, compañeiras, sen dono, compañeiras, sempre, compañeiras.

E para completar esta actividade puxemos en marcha unha técnica plástica chamada entintado nun debuxo que o mesmo autor presentou na portada dun libro titulado TODOS MIS FUTUROS SON CONTIGO, onde un home abra unha peza de xadrez moi importante que representa a muller, a REINA.

 

        

PROXECTO COMPETENCIAL DE 2º NIVEL DE EP

Seguimos coa sementeira para obter plantas para o noso horto da clase: cenorias, ceboliños, rabanetes...

         

Seguimos plantando e informando do avance desta materia de 2º nivel de EP

PROXECTO COMPETENCIAL DE 2º NIVEL DE EP

Dende que sementamos ata o día de hoxe ás nosas plantas foron medrando, cada semente dunha maneira distinta. Todos os días observamos os cambios que van acontecendo e traballando diferentes especies con esta actividade:

    • 9 fabas
    • 9 lentellas
    • 9 garavanzos
    • 9 cabazas

    

Hoxe  faremos unha gráfica, un diagrama de barras,  onde cada alumno/a recollerá os pertinentes datos: será unha táboa de dobre entrada, por un lado as plantas e por outro as medidas acadadas neste periodo de tempo.

   

Aproveitamos tamén para deixar constancia do desenvolvemento gráfico dunha semente, unha faba, despois dun proceso de investigación:

  

UN MUNDO NUN MUSEO: QUINTO RETO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES en 2ºB

Partindo da obra CARNAVAL de Virxilio propóñennos o quinto reto dende o Museo de Bellas Artes de A Coruña, dentro do proxecto UN MUNDO NUN MUSEO:

Virxilio Eduardo Ferández Cañedo foi un artista ourensán nado en 1925. A súa formación atística comezou na súa cidade natal. En 1957 viaxou a París para continuar alí os seus estudos na École National Supérieure des Beaux Arts. Alemaña será outro lugar importante na súa vida e na súa traxectoria; alí vivirá algún tempo e realizará numerosas exposicións en distintas cidades do país. A pesares destas estadías no extranxeiro, temos que considerar a Virxilio un autor eminentemente galego.

Xa de volta en Ourense formará parte dun grupo de artistas coñecido como “O’Volter” ou, como lles chamaba Vicente Risco; “os artistiñas”. Xunto con outros artistas ourensáns como Quessada, Acisclo e De Dios, realizará numerosas exposicións.

A pintura de Virxilio ten unha inspiración clara na Galicia máis popular. O artista combina unha arte de liña tradicional galega coas distintas tendencias artísticas que estaban a agromar naquel momento en Europa. Na súa pintura vemos unha simplificación formal, moi expresionista, cun uso arbitrario das cores, habitualmente planas e chillonas. A táboa será o seu soporte predilecto; o uso deste material (fronte ao lenzo de uso máis habitual na pintura do s. XX) ven motivado polo seu estilo matérico, xa que en moitas ocasións mestura a pintura con outros materiais como a area ou pó de mármore, xerando relevos e texturas interesantes. Os trazos da liña son grosos e moi marcados. Algunhas das súas obras poden lembraros aos bordados populares ou a outras formas de artesanía.

Aínda que a súa produción artística foi ampla e variada ao longo da súa carreira desenvolveu especialmente bodegóns, paisaxes e a representación de tipos populares.

En CARNAVAL observamos sete figuras humanas dispostas de xeito aliñado, ocupando a totalidade da composición. Trátase de figuras hieráticas, representadas de fronte ao espectador. Os seus traxes chegan ata o chan e están decorados con motivos xeométricos e orgánicos a modo de frisos. Estes arabescos e adornos da ropaxe dotan a obra dun efecto moi decorativo e nos lembra a arte popular.

As figuras están representadas de xeito plano, o único elemento que dota de profundidade ao cadro é un dos personaxes, un cativo ou cativa, que aparece diante da ringleira de figuras adultas.

A liña que conforma o contorno das figuras está moi marcada e presenta un volumen creado con empastes. Virxilio emprega unha técnica moi plástica ao mesturar a pintura con áreas, colas e pigmentos; dándolle ao oficio de pintor un buscado efecto artesanal.

O título do cadro fálanos dunha escena de Entroido. Virxilio representou en numerosas ocasións cadros festivos coma este, con personaxes enmascarados e onde se albiscan elementos dos distintos traxes do entroido tradicional galego como chocas, fitas ou caretas. Estes elementos dotan aos personaxes dun aspecto primitivo ou animalizado. 

Neste reto estudaremos o Entroido. Crese que a procedencia do termo Entroido ven do latín “introitus”: a entrada do tempo de Coresma. Fronte ao tempo de abstinencia propio da Coresma, o carnaval marca a súa oposición: trátase dun tempo de celebración, de paparota e de comportarse á contra da norma establecida

O entroido é un fenómeno que se da en moitísimos lugares do mundo, cada un ao seu xeito, pero que no caso galego ten uns trazos característicos que fan que forme parte do noso patrimonio inmaterial e da nosa identidade cultural. Aínda que a forma de celebrar o entroido actualmente ten cambiado enormemente con respecto aos tempos dos nosos bisavós, existe desde fai uns anos un interese cada vez maior en recuperar a súa esencia popular.

En Galicia o entroido popular amosa moitas diferencias dependendo do lugar no que se celebren; sendo especialmente relevantes e coñecidos algúns personaxes e traxes concretos de distintas vilas galegas: Peliqueiros de Laza, Cigarróns de Verín, Pantallas de Xinzo, Boteiros de Viana do Bolo, Xenerais do Ulla, Madamas e Galáns de Cobres, Volantes de Chantada... Algo que teñen en común todos os carnavais do mundo é a idea de celebración e de romper coas normas do día a día; durante un tempo xogamos a ser algo que non somos.

A ilustradora Iria Prol, realizou fai algúns anos unhas fermosas ilustracións onde se amosan as particularidades dalgúns dos traxes máis senlleiros do entroido galego.

 

ACTIVIDADE 1 : UN CALENDARIO DE FESTIVIDADES DO MUNDO

O Entroido é unha festividade especialmente relevante para os galegos e galegas, así como para outros lugares do mundo como poden ser Río de Janeiro, Nueva Orleáns ou Venecia. Cada cultura e cada pobo ten unhas festividades especiais que rompen co ritmo do día a día e que marcan fitos no calendario.

Tradicionalmente, a maior parte destas celebracións estaban relacionadas co ciclo agrario. En Galicia as celebracións típicas van moito máis alá do Entroido; os Maios, o San Xoán, as romarías e festas do verán, o Magosto, o Samaín...

Nesta actividade pídennos que fagamos unha pequena investigación sobre festividades de distintos lugares do mundo e que a representedes nunha obra de arte como fixo Virxilio no cadro Carnaval. Podedes compartilas na clase e crear un calendario no que marquedes ditas celebracións.

Pronto amosarémosvos os nosos traballos!!

DÍA DE ROSALÍA EN 2ºB

No mes de febreiro toca celebrar o DÍA DE ROSALÍA, concretamente o día 23. Xa empezamos cos preparativos e diversas actividades:

  • Poesías adicadas a Rosalía: Investigando, investigando chegamos a descubrir poemas que lle adicaron algúns poetas de renome como Federico García LorcaFrancisco Domínguez Romero e Xosé Ánxel Valente. 

Francisco Domínguez Romero

  • Poema de Pra Habana! de Rosalía: No reparto de poemas para o mural colectivo do centro tocounos este poema para traballalo na clase, en concreto, a palabra probeza, tan utilizado pola escritora galega para falar da situación das xentes de Galicia en canto a emigración. Fixemos avións de papel decorados en diferentes estilos e técnicas, a do equipo crónica que se empregou nos anos da Guerra Civil dentro do estilo pop art, collage, puntillismo...unha marabilla de avións na dirección de Rosalía.
  • Tamén para colaborar coa Asociación de escritores na súa web ilustramos este poema, despois de lelo e lelo moitas veces para saber que temas trata: emigración, a pobreza da xente de Galicia, o amor, a procura dunha mellor vida, o mundo rural, a tristeza, a despedida, a morriña...

                  

  • Minilibro da vida e obra de Rosalía: Cada alumno/a fixo o seu propio minilibro con datos da vida e obra desta escritora 

     

 

ATOPA A ESPECIE! UN MEMORY PARA APRENDER XOGANDO en 2ºEP

Hoxe, 19 de febreiro, tivemos a gran sorte de ter un obradoiro sobre contidos do hábitat mariño galego chamado ATOPA A ESPECIE. trátase dun memory, onde ademais de gañar puntos cando facemos parellaS aprendemos curiosidades dos animais que van saíndo. Actividade proposta e impartida pola Unidade de Cultura  Científica e da Innovación (UCC+I) xunto co Instituto de Investigacións Mariñas da Universidade de Vigo.

Falamos de fanecas, polbos, cebas, quenllas, lumbrigantes, mexillóns, leitugas de mar, ourizos de mar, pintos, cabaliños de mar, esponxas, linguados, plumeiros de mar, arroaces...un sinfín de animais e plantas que compoñen a flora e a fauna mariña

     

Grazas a Sara e a Susi por ensinarnos e compartir con nós  todo o que están investigando no Instituto de Investigacións Mariñas.

Compartiremos con todos e todas a cantidade de cousiñas que aprendemos con este xogo, ademais de aprender as normas e comprtamento nun xogo.

RECEITARIO DA GASTRONOMÍA DO MUNDO en 2ºB

Respondendo a segunda actividade do cuarto reto do Museo de Belas Artes, presentamos as receitas elaboradas coa técnica de COLLAGE  por cada neno/a deste curso de 2ºB atendendo ao país que visitou no proxecto de Mochileiros/as polo Mundo.

De esta maneira imos construíndo o noso RECEITARIO DA GASTRONOMÍA DO MUNDO, que elaboraremos tamén en formato papel nun mural e nun libro que poderedes consultar para convertirvos en afamados/as chefs:

  

Brasil                                                                         Francia

 

Xapón                                                               Finlandia  

 

Finlandia                                                                        Australia

   

Italia                                                                    Dinamarca

   

Arxentina                                                                     Rusia

  

 México                                                                     Canadá 

 

Alemaña                                                    Egipto        

       

Suiza                                                                                China 

E como primicia os e as CHEFS DE COCIÑA DE 2ºB que se atreveron a facer a súa receita:

NOVA TÉCNICA DE PLÁSTICA en 2ºB

Unha nova técnica de artes plásticas empregando unha superficie rugosa e áspera e as ceras blandas manley. O material empregado vai ser papel lixa para debuxar e xogar coas sombras en flores xa que falta moi pouco para o inicio dunha nova estación.

/              

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA en 2ºB

O 11 de febreiro celebrouse o DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA e, aínda que non había clase, decidimos traballar un pouco esta temática xa que cremos firmemente que a parte feminina é quen de acadar o que pretenda.

Para iso montamos un mural con diferentes figuras femininas destacadas no mundo da ciencia ao longo da Historia:

Non hai profesións de homes e de mulleres, toda persoa pode elexir o que quere ser e loitar por iso.

Powered by Drupal - Design by artinet