Donas de sí

COMPARTICONTOS DA IGUALDADE

Trátase dunha actividade entre cursos, na que  ocupamos todos os espazos exteriores do centro para que o alumnado dos últimos niveis realice dramatizacións de contos ou exposicións de interese aos nenos e  nenas da etapa infantil e de 1º,2º,e 3º de primaria.

Resultóu moi emocionante, tanto pola temática como, pola implicación que amosaron. 
Os maiores  aprecian este público especialmente e os pequenos permanecieron expectantes todo o tempo.
Para iniciar esta aventura solicitamos a maleta da igualdade ao CAFI, que nos aportou un fondo moi completo de libros que abordan este tema.
Coa chegada do material a coordinadora do programa Donas de Sí en colaboración coa Biblioteca déixanos elexir dous libros por clase para representalos este gran día. Logo xa está todo nas nosas máns...
 Entre os títulos traballados destacamos Aurea Rodríguez, a gaiteira, A vaca que puxo un ovo, A familia, A historia dos bonobos con lentes...
 
                              Que días máis estresantes!
 
Pero por fin xa é o gran día...
 
 
24 de abril, 12:30 da mañá
 

 

 

 
 

CONQUISTA OS ELEMENTOS

Proxeción do documental “Conquista os elementos”, video forum en pro da igualdade no deporte, e conferencia a cargo de Ruth Lorenzo e Ainhoa Portos,xunto coa deputada de igualdade Ánxela Franco

 

 

“Conquista os elementos”, reflexión sobre os estereotipos e roles de xénero no mundo do deporte. Asistimos alumnado e profesorado de 5º e 6º do CEIP de Arzúa no Multiusos do Concello de Arzúa.

 

 

DÍA DA MULLER 8 DE MARZO

Hoxe día 7 de marzo xa empezou no noso cole unha exposición didáctica sobre os carteis elaborados por nenos  e nenas de 5º A, 6º e 6ºB para o concurso de carteis promovido pola Secretaria Xeral da Igualdade e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

 
 
O selecionado para representar o centro
 

DIVULGACIÓN EN MAIÚSCULAS DE DONAS DE SÍ

Tivemos a gran sorte de que nos publicaran o proxecto nun libro editado para o I Congreso Mundial de Educación.
 
 
 
 
O noso proxecto de Donas de sí forma parte deste libro!


 
Que maior divulgación ca esta!!!!!
 
Estamos de noraboa!!!
 
 

 

 
 
 
 
 
 

AGASALLA CON IGUALDADE

 
 
A CONTINUACIÓN EXPOÑEMOS UN DECÁLOGO DE SUXERENCIAS DE COMO AGASALLAR NESTAS DATAS, POÑENDO DE MANIFESTO UN CONCEPTO TAN IMPORTANTE COMO A IGUALDADE 
 
 
 
 

 

PREMIOS AECA

Os gañadores do premio convocado por AECA xa foron a recoller os seus agasallos na Festa de Papá Noel no Multiusos.

Noraboa rapaz e rapazas!!!!!

 

MULLERES BRAVAS DA NOSA HISTORIA

 
Un dos obxectivos deste proxecto é visibilizar e dar a coñecer o traballo e a labor das mulleres na sociedade, traballo e labor invisibilizado nos libros de historia, una invisibilidade que incide de maneira directa na discriminación da muller que se perpetúa de xeración en xeración. As mulleres, ademáis de nais, coidadoras e productoras, tamén realizaron unha importante labor no desenvolvemento político, científico, social e económico. Se entre os feitos históricos temos só en conta as actividades como a guerra e non a producción de roupas e alimentos, a posesión de propiedades en vez da producción e o traballo, se olvidamos os coidados, a muller quedará fora. Necesariamente ten que haber una transformación da nosa visión do mundo e da historia.
Poucas son as mulleres que aparecen nos libros de texto d@s nos@s escolares, privando ás nenas de referentes culturais e científicos femininos, por iso a gran necesidade de introducir material coeducativo nas nosas escolas.
Mulleres Bravas da Nosa Historia é unha colección de libros infantís orientados a dar a coñecer a achega á nosa cultura e ao noso país dunha serie de mulleres fundamentais na nosa historia e sociedade
 

 

 Empezamos coa lectura da vida e obra de María Victoria Moreno, profesora, escritora e ensaista elexida como autora do Día das Letras Galegas 2018. Seguiremos con Rosalía de Castro, Maruja Mallo, Xulia Minguillón, etc, etc.

ROSA CARAMELO en Infantil

Os nenos e nenas de Infantil de 3 anos A traballamos este conto, se queres saber máis preme na imaxe

 

STOP VIOLENCE AGAINST WOMEN.- 25 N INTERNATIONAL DAY AGAINST WOMEN.- MURAL 2017

 

25th November, the International Day Against Gender Violence. This mural was made by students from 6th grade made with the Doodle Art techniques in Arts&Crafts in 2017. 

(Donas de Si Arzúa : https://donasarzua.blogspot.com)

 



 
Detalles do traballo


 

 

Powered by Drupal - Design by artinet