Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

O MAGOSTO !

 

Este venres día 12 celebrouse o magosto  no  colexio  co protagonista principal : as riquísimas castañas.

A mañá comezou co alumnado de  4º, 5º e 6º asando este delicioso manxar, coa sempre inestimable axuda do noso querido Manolo.

 

Unha vez feitas, éstas foron repartidas polo alumnado aos cursos de 1º, 2º e 3º  e a Infantil, os cales gozaron moito pelando e comendo as castañas.

 

Para acabar este día de celebración, levamos a cabo unha sesión de xogos tradicionais íntimamente ligados á nosa comunidade: lanzamento de trompos, carreiras de sacos, carreiras de zancos, xogo da chave, xogo da petanca…

 

 

En definitiva, un día maravilloso!

REUNIÓN INFORMATIVA

Estimadas familias:

Convócasevos a unha reunión informativa sobre distintos aspectos relacionados co inicio do curso 2021/ 2022 que comeza o día 9.

A reunión terá lugar o mércores 8 de setembro nas aulas correspondentes a cada curso no seguinte horario:

-     Educación Infantil: 11:00.

-     1º, 2º e 3º de Educación Primaria: 12:00.

-      4º, 5º e 6º de eDucación Primaria: 13:00.

Esperámosvos!

Un saúdo!!

 

A LENDA DA ILLA DE SÁLVORA

Os nenos e nenas da aula de 1º 2º e 3º estiveron traballando coas lendas, e decidiron poñerlle debuxos e contar eles mesmos a "LENDA DA ILLA DE SÁLVORA".

Moi atentos e atentas, agardamos que vos guste!

 

 

 

ADMISIÓN 2021/22: SOLICITUDE DE PRAZA ALUMNADO NOVO

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 1 ao 22 de marzo.

 

O formulario poderá cumprimentarse na aplicación “admisionalumnado, ou ser descargado e cumprimentado de forma manual. Tamén se poderá descargar e/ou cumprimentar da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (no procedemento con código ED550B).

Aínda que o xeito de tramitación preferente é a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (acceso coa Chave365 ou co certificado dixital), na secretaría da escola tamén se poderá recoller e presentar a documentación.

Premendo aquí pódese descargar unha guía que pode ser de axuda para cubrir a solicitude.

 

 

 DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

1.Anexo II e II (bis) con código ED550B: solicitude de admisión asinada polos dous proxenitores.

2.Copia do DNI do/s proxenitor/es ou titor/es, aínda que non vos opoñades á consulta dos datos.

3.Documento acreditativo da idade do/a alumno/a: Fotocopia do DNI ou da folla do libro de familia.

4.Fotocopia completa do libro de familia.

5.Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

6.Certificación académica expedida pola secretaría do centro anterior (só para o alumnado procedente doutros centros).

7.De darse o caso, documentación que acredite a solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (derivada de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual ou de trastornos graves da conducta). No caso de alegarse situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais, achegarase informe dos servizos oficiais competentes que acrediten as circunstancias alegadas.

8.Modelo de elección de materia. Pode descargar aqui

 

ANTE CALQUER DÚBIDA, PODE POÑERSE EN CONTACTO CON NÓS:

Télefono 881866358/59

Correo: ceip.artes.ribeira@edu.xunta.gal

 

 

ENTROIDO 2021!

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO

RESERVA DE PRAZA NO CEIP PLURILINGÜE DE ARTES

De acordo co disposto na Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o proceso de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, na Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 e a orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 informamos que:

O alumnado que pretenda iniciar os seus estudos no noso centro, en calquer curso, deberá presentar o formulario ED550B, na secretaría do centro, ou ben a través da sede electrónica da xunta coa chave 365.

 

O prazo de presentación comprende do 1 ao 20 de marzo do 2021.

 

Para máis información podedes ponervos en contacto coa escola a través do correo electrónico ou dos teléfonos.

 

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 21/22

RESERVA DE PRAZA PARA O CENTRO ADSCRITO: IES LELIADOURA

De acordo co disposto na Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o proceso de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, na Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 e a orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 informamos que:

 

O alumnado de 6º curso de Educación Primaria que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, no noso caso é o IES LELIADOURA, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar o formulario normalizado (ED550A)na nosa escola, a través de calquera rexistro válido ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/), sendo esta a canle preferible de tramitación e para a que se precisa a Chave 365 ou o certificado dixital.

O prazo de presentación comprende do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021.

 

 

O alumnado que vaia a asistir a un centro distinto ao adscrito, IES Leliadoura, deberá presentar a solicitude de admisión no centro elixido, do 1 ao 22 de marzo. 

 

Para máis información podedes poñervos en contacto coa escola a través do correo electrónico ou dos teléfonos.

 

 

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celebramos no centro o Día Internacional contra a violencia de xénero e fixemos varias actividades.

Os alumnos/as da aula de 4º e 5º convertíronse en compositores por un día e  versionaron unha canción moi coñecida.

Aquí están cantando a súa versión de Hawai e, como veredes, están feitos uns artistas!!