Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
RESERVA DE PRAZA NO CEIP PLURILINGÜE DE ARTES
De acordo co disposto na Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o proceso de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, na Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 e a orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 informamos que:
O alumnado que pretenda iniciar os seus estudos no noso centro, en calquer curso, deberá presentar o formulario ED550B, na secretaría do centro, ou ben a través da sede electrónica da xunta coa chave 365.
O prazo de presentación comprende do 1 ao 22 de marzo do 2021.
Para máis información podedes ponervos en contacto coa escola a través do correo electrónico ou dos teléfonos.
RESERVA DE PRAZA PARA O CENTRO ADSCRITO: IES LELIADOURA
De acordo co disposto na Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o proceso de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, na Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 e a orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 informamos que:
O alumnado de 6º curso de Educación Primaria que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, no noso caso é o IES LELIADOURA, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar o formulario normalizado (ED550A)na nosa escola, a través de calquera rexistro válido ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/), sendo esta a canle preferible de tramitación e para a que se precisa a Chave 365 ou o certificado dixital.
O prazo de presentación comprende do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021.
O alumnado que vaia a asistir a un centro distinto ao adscrito, IES Leliadoura, deberá presentar a solicitude de admisión no centro elixido, do 1 ao 22 de marzo.
Para máis información podedes poñervos en contacto coa escola a través do correo electrónico ou dos teléfonos.
Estimadas familias, os prazos de admisión son do 1 ao 20 de marzo. Recordade que pode ser no propio centro ou a través da plataforma online.
Deixamos enlace da páxina da xunta de xestión da admisión online así como aqueles documentos para facela presencial.
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Calquera dúbida, preguntádenos!!!
Unha pequena mostra da nosa andaina:
https://www.youtube.com/watch?v=-QJwZfCUVmQ
Comeza o proceso de admisión de alumnado e a aquí iremos informando dos pasos a seguir.
O primeiro paso é a reserva de praza nos IES do alumnado de sexto nivel de primaria. O IES ao que está adscrito o noso Centro é IES Leliadoura.
Até o 17 de febreiro deberán entregar á titora do colexio a reserva de praza ao IES adscrito. Aqueles que vaian a solicitar matrículo nun IES distinto, deben deixar unha copia na direción do centro e entregar o orixinal no IES que desexen.
Poden descargar este impreso ou realizalo online en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
A listaxe que aquí presentamos é definitiva e correspóndense co seguinte curso:
A matricula pódese formalizar, dende o 20 ao 30 de xuño
A listaxe que aquí presentamos é provisional e correspóndense co seguinte curso:
Durante a primeira quincena de maio publicaranse as listaxes definitivas.
AGARDÁMOSVOS!
Poden descargar o anexo II para a solicitude.
PRAZO DE SOLICITUDE:
DOCUMENTACIÓN:
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_formateado_ed550b_c.pdf