Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

Complementarias

OLALLA E LARA CONTAN O CONTO DOS PATIÑOS

Ola a todos e todas! Hoxe estamos moi content@s de compartir con tod@s vós o conto "Dos Patiños" que nos enviaron as irmás Olalla e Lara.

Agardamos que o dsifrutedes.

Clicade na imaxe e caladiñ@s que comeza, shh......

               

 

Día Internacional contra LGTBfobia

SON HOMOSEXUAL

SON HETEROSEXUAL

SON TRANSEXUAL

SON HUMANO

SOMOS TODOS IGUAIS

 

Feliz día das Letras

O claustro do Ceip plurilingüe de Artes, deséxavos un esplendoroso día das letras galegas. 17 de maio #euquerogalego

GALICIA: UNHA TERRA, UN POBO, UNHA FALA.

"Galiza somos nós:

a xente máis a fala

se queres a Galiza, 

en ti tes que atopala!"

(Manuel María)

 

NOA E LÚA CONTAN "A CARAPUCHIÑA VERMELLA"

Ola a todos e todas! Hoxe estamos moi content@s de compartir con vós o conto da Carapuchiña Vermella que nos traen Noa e Lúa.

Clicade na imaxe e....estade ben antent@s que comeza, shhh.......

 

                             

 

 

NADAL

GRAZAS!!!

Como sabedes ao rematar o trimestre, celebramos un Mercado Solidario, que por un quilo de comida ou un donativo, podiamos levar os libros que nos gustasen. Grazas por colaborar!! xa vedes que cargadiños foron os da Cruz Vermella!!

Ademais, de rematar o ano con chocolate con churros e reunirnos para compartir os mellores desexos ao son das badaladas.

 Podedes ver mais fotos na galería da web!

MERCADILLO SOLIDARIO

 

XUNTOS PODEMOS!! CONTAMOS CON VÓS!!

Carreira na Fieiteira

O pasado venres, os nenos e nenas que cursamos dende 2º até 6º de primaria, participamos na carreira da Fieteira dentro do programa Xogade, na que vimos participando dende fai anos.

Gustounos participar na carriera, había moitísimos nenos e nenas de diferentes colexios e pasamos unha xornada entretida. Fomos participando nas diferentes categorías dependendo da nosa idade e logo dende as gradas animamos aos nosos compañeiros e compañeiras.

Quedamos moi contentos... non tod@s podiamos gañar, pero o máis importante foi que o pasamos xenial facendo deporte, que diso se trataba.

Aínda que non tod@s podiamos gañar.....no noso colexio, un neno: Xavi e unha nena: Soraya clasificáronse para a seguinte carreira. Estamos moi alegres destes éxitos!!

Sen máis, deixámosvos unhas fotos da xornada!

 

MAGOSTO

Boas a todas e todos! O pasado luns 18 de novembro celebramos no colexio a festa do Magosto.

O alumnado de 5º e 6º ás primeiras horas da mañá estiveron facendo o lume e picando as catañas para asar. No recreo, cando as castañas estiveron xa feitas, saímos todos os nenos e nenas a merendar as castañas.

Ao rematar, os máis pequenos xogamos libremente mentres o alumnado de 5º e 6º prepararon os xogos. Unha vez feito isto, repartímonos en grupos mixtos e xogamos a xogos populares!! Foi moi divertido!

Aquí podedes clicar e ver unhas fotiños do día tan fermoso que pasamos!

Até a próxima

IMOS DE VISITA Á CORUÑA

Bos días a todas e todos! O pasado venres 15 de novembro fomos de excursión á Coruña co gallo da SEMANA INTERNACIONAL DA CIENCIA. Visitamos a Casa das Ciencias, o Domus e o Acuario da Coruña.

Foi unha visita moi interesante, comezamos visitando a Casa das Ciencias e fomos ao planetario ver unha proxección sobre o espazo, gustounos moito! A continuación, fomos ao Domus a xantar e a visitar o museo onde gozamos das diferentes actividades interactivas. Para rematar, fomos ao Acuario; alí mergullámonos no fondo mariño, observamos os diferentes peixes e tamén atendemos ás explicacións que nos deu a guía do acuario para coñecer polo miúdo como é a vida no fondo do mar.

Foi un día fantástico! Se clicades aquí, podedes ver algunhas fotos da xornada!

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Boas a todos e todas! A pasada semana celebramos no colexio o SAMAÍN.

Ao longo da semana tivemos no colexio unha exposición de cabazas terroríficas que fixo alumnado coa axuda das súas familias, e nas aulas fixemos diferentes actividades e creamos contos de medo.

Os máis pequenos fixemos un conto por aula, pero os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria crearon cadanseu conto e fixemos un CONCURSO dividido en dúas categorías: A (para os nenos de 3º e 4º) e B (os nenos de 5º e 6º).

Aquí podedes ver os nosos contos:

AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

AULA DE 1º E 2º

 Os contos gañadores no concurso podedes velos abaixo en ficheiros adxuntos, e así poderedes lelos. Son ben interesantes!

 O mércores, 30 de outubro, a biblioteca convertiuse nun lugar moi terrorífico e alí tivo lugar a lectura dos contos e entrega de premios do concurso de CONTOS DE MEDO; onde o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º recibiron un agasallo para a aula, e logo os premiados levaron un agasallo individual. Os agasallos para os premiados foron uns contos fantántasticos, e os participantes recibiron uns caramelos terroríficos! Os nenos e nenas quedaron moi contentos.

Despois disto, para rematar, a profe INMA leunos un conto de medo: "O PAPÓN" que nos gustou moito e nos deu mooooooito medo.

Até a próxima