Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
O vindeiro día 26 de abril levaremos a cabo outra sesión da Escola de Nai e Pais. En esta ocasión os contidos que traballaremos son os seguintes:
- Cambios e fitos evolutivos nos nosos fillos/as
- O cerebro: cambios evolutivos como funciona e reacciona
- As emocións, conciencia e control emocional
- Comprensión das propias emocións e as do resto
- Estratexías da regulación emocional
- As emocións na toma de decisións.
A sesión tera lugar no noso centro de ensino ás 16h e será impartida por María Iglesias Fungueiriño, Psicologa da asociación Renacer.
Agardamos a vosa presenza.
Xanela aberta á familia” é unha iniciativa para a promoción da saúde infantil con información útil para pediatras, docentes e familias.
A información deste portal organízase ao redor de cada unha das etapas da crianza, desde o embarazo ata a adolescencia e caracterízase por incluír ademáis dos aspectos estritamente informativos, consellos, pautas de actuación e suxestións.
Nesta web, dentro do apartado de alimentación saudable pódese consultar a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”. Esta guía achega información, ideas e estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos. As recomendacións foron moduladas segundo os condicionantes do feito alimentario, en forma de connotacións sociais, culturais e fisiolóxicas. Consta de distintas seccións nas que ofrece información sobre a composición nutricional dos alimentos, a súa conservación e as distintas elaboracións. Inclúe tamén consellos para facer unha compra saudable e distintas receitas para todas as comidas do día co fin de facilitar a tarefa cotiá de elixir, mercar e preparar alimentos
Para máis información:
Portal web de “Xanela aberta á familia”: https://vida-saudable.sergas.gal/
Guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”: ligazón
Inscripción no sistema de avisos da “Xanela aberta á familia”: ligazón
Para achegar calquera consulta ou suxestión escribir a: vida.saludable.eps@sergas.es vida
Esta semana contaremos co ponente
Ramón Molina Gómez
no noso centro para ofrecernos unha charla sobre:
"Acoso escolar e xestión emocional".
MÉRCORES 10 DE ABRIL
17:00H A 19:00H
Estades convidados.