Iniciar sesión: Acceso

Eventos

« Xuño 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

EDIXGAL

SORTEO DA CESTA DA EXCURSIÓN DE FINAL DE CURSO.

Hoxe celebrouse , tal e como indicaban as rifas, o sorteo da cesta do viaxe de fin de curso a Londres.

 

O número premiado foi o ...               

 

                              483

 

https://drive.google.com/file/d/1RxCuqmzXRe5Zh74gY19ZFc2WHLT5QubW/view?u...

 

O horario de recollida para a persoa agraciada é de luns a xoves de 9 a 2 pola mañá e de 16 a 18 pola tarde.

En caso de que o gañador non apareza antes do luns 15 de maio, levarase a cabo un novo sorteo.

 

Un saúdo!

OBRA DE TEATRO

Algúns d@s nos@s alumn@s levaron a cabo unha apaixonante obra de teatro. Cabe destacar que non só actuaron; se non que o propio guión foi realizado por eles mesmos.

Espero que gocedes do espectáculo!

Un saúdo!

VISITAMOS APÍPOLIS

No día de onte o alumnado gozou dunha gran experiencia en Apípolis (Pontevedra).

Tanto os máis pequenos coma os máis maiores aprenderon moitísimas cousas relacionadas coas abellas: observaron e metéronse nas colmeas co equipamento axeitado, confeccionaron galletas e velas; identificaron os abázcaros (en galego "zánganos"), as obreiras e a raíña das colmeas....

En definitiva, foi unha excursión moi pedagóxica na que se mesturaron os novos coñecementos e as actividades lúdicas.

A continuación temos unha mostra da experiencia.

Un saúdo!

QUE VIVA O ENTROIDO!!!

O entroido xa chegou a escola! Para celebralo levamos a cabo un percorrido pola parroquia de Artes amosando as distintas árbores, animais, persoal relacionado coa protección da natureza...

E todo elo amenizado con música de entroido e coa inestimable colaboración das familias.

 Un saúdo a tod@s!!

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

PRÓXIMA APERTURA DE MATRÍCULA. XORNADA DE PORTAS ABERTAS:

27 DE FEBREIRO, DE 11:30-12:30

28 DE FEBREIRO, DE 11:30-12:30 & 16:00-18:00

                           

 

FESTA DE NADAL