Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

BENVID@S!!!

Benvid@s a un novo curso escolar, atípico e descoñecido, pero que comezamos con moita ilusión.

 

Lembrámosvos os días de comezo das clases por cursos:

XOVES 10 DE SETEMBRO

- 4º e 5º de Educación Infantil

- 1º, 2º e 3º de Educación Primaria

VENRES 11 DE SETEMBRO

- 6º de Educación Infantil

- 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

 

Bo comezo a tod@s

 

 

 

REUNIÓN INFORMATIVA COMEZO DO CURSO

Estimadas familias:

 

Debido á situación actual, consideramos necesario convocalos a unha xuntanza para facerlles saber todos os cambios e novidades que se van a producir no centro durante este curso, así como a organización do mesmo. Para garantir o cumprimento das medidas de seguridade, levaranse a cabo diferentes reunións, nas que será preciso, ademáis, cumplir coas seguintes normas:

- Acudir con máscara.

- Manter a distancia interpersonal de seguridade.

- Asistir un só membro por familia 

- O alumnado non poderá asistir a dita xuntanza.

As datas de celebración das distintas reunións serán as seguintes:

MARTES 8 DE SETEMBRO:

- 10:00h: Educación Infantil

- 12:00h: 1º, 2º e 3º de Educación Primaria

MÉRCORES 9 DE SETEMBRO:

- 10:00h: 4º e 5º de Educación Primaria

- 12:00h: 6º de Educación Primaria

 

Agradecemos de antemán a vosa colaboración.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

O futuro é incerto, e non estamos ante un verán ao uso. Por iso unha boa compañia, pode facermos levar mellor esta situación. Se pinchades aqui  podes ver unha selección de libros.

 

Dia mundial do medio ambiente

Hoxe celebramos o día mundial do medio ambiente, podedes ver o seguinte video, para obter máis información.

 

 

PRESENTAMOSVOS UN ECOSISTEMA MARIÑO

 

Aquí nos presenta un traballiño Andrés, un ecosistema mariño: temos un lugar con auga e rochas, vemos que conta con flora e fauna. Non falta detalle. BO TRABALLO.

ADMISIÓN DE ALUMNADO

No día de onte finalizou o prazo de presentación de solicitudes de admisión para novo alumnado.

 

Coma o  número de solicitudes tramitadas non superou o número de prazas ofertadas non é preciso baremar e TODO O ALUMNADO que presentou SOLICITUDE DE ADMISIÓN na escola ESTÁ ADMITIDO/A terá que FORMALIZAR a MATRÍCULA do 1 ao 10 de xullo.

 

Pola lei de protección de datos, as listaxes provisionais de admitidos/as soamente se poderán consultar no tableiro de anuncios da escola.

Xuntos

O claustro do CEIP Plurilingüe de Artes, acaba de recibir este precioso agasallo por parte dos alumnos/as, do centro. Non están todos os discentes, pero botámosvos moitísimo de menos a todos/as. Temos, moitísimas ganas de poder volver ao cole e estar todos/as XUNTOS, e de poder compartir todas esas experiencias que estades a vivir. 

Moitas grazas a discentes e familias, polo esforzo que estades a facer.

Un abrazo moi forte de todo o claustro, e moito ánimo que xa non queda nada.

 

OLALLA E LARA CONTAN O CONTO DOS PATIÑOS

Ola a todos e todas! Hoxe estamos moi content@s de compartir con tod@s vós o conto "Dos Patiños" que nos enviaron as irmás Olalla e Lara.

Agardamos que o dsifrutedes.

Clicade na imaxe e caladiñ@s que comeza, shh......

               

 

Día Internacional contra LGTBfobia

SON HOMOSEXUAL

SON HETEROSEXUAL

SON TRANSEXUAL

SON HUMANO

SOMOS TODOS IGUAIS