Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os vindeiros días 28 e 29 de maio, terá lugar a avaliación individualizada de 3º de Educación Primaria prevista no artigo 12.7 do Decreto  105/2014 que establece o currículo da LOMCE de Galicia. Esta avaliación terá carácter informativo e orientador para o alumnado e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa.

II EXPOSICIÓN CULTIVANDO AVENTURAS

ALGO SE ESTÁ TRAMANDO NO CEIP PLURILÍNGÜE DE ARTES

 

BOTA UN OLLO  NO SEGUINTE ENLACE

 

https://youtu.be/sdj4lY_JuNg

 

 

IDES A PERDER TREMENDO

ACONTECEMENTO?

LISTAXE PROVISIONAl DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2019/20

A listaxe que aquí presentamos é provisional e correspóndense co seguinte curso:

  • 4º de infantil

 

Durante a primeira quincena de maio publicaranse as listaxes definitivas.

FEIRA DA EDUCACIÓN

Os nenos e nenas do colexio fomos á FEIRA DE EDUCACIÓN de Ribeira.

Fixemos dous obradoiros; os máis pequenos sobre reciclaxe e os máis maiores un obradoiro sobre  as obras do pintor Luís Seoane (homenaxeado no día das Artes Galegas).

Para rematar a xornada disfrutamos do concerto de Pablo Díaz!

Pasámolo xenial!

Se clicades aquí, podedes ollar como nos foi neste día!

APRENDENDO A APRENDER

O pasado mes de marzo, no colexio, tivo lugar no colexio a semana "APRENDENDO A APRENDER".

Nesta semana, fixemos diferentes obradoiros nas que os nenos e nenas cada día tiñan un reto diferente a conseguir, e tratábase de que aprenderan facendo. Eles tiveron que organizarse, planificarse e traballar en grupo para poder resolver o que se lles plantexaba. Fixeron marmeladas, experimentos científicos, manualidades de reciclaxe, pasta de dentes ecolóxica, xabóns, colonias...

Foi unha semana fantástica, na que nenas, nenos e mestres disfrutamos moito facendo estes obradoiros! 

ROSALÍA E DÍA DA MULLER

Nesta entrada queremos amosarvos unha novidade que temos no colexio. Alá polo mes de febreiro, o día 24 conmemoramos o día do nacemento dunha gran escritora galega ROSALÍA DE CASTRO. Nas aulas traballamos cos seus textos, lemos, recitamos e ilustramos poesías que colocamos nunha exposición no corredor do centro. Ademais decidimos acompañar a exposición co seu rostro feito de materiais de refugallo.

Logo de facer isto, coincido co día da muller pensamos en decorar o corredor do colexio cunha muller importante para nós e decidimos que esta sería Rosalía de Castro.

Para facer o debuxo contamos coa axuda de dúas nais que viñeron facer a silueta e logo nós fomos enchendo de cor! Moitas grazas por axudarnos, estamos moi agradecidos e agradecidas!

Aínda non está rematado, pero achégase o final....

QUE VOS PARECE?

 

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA!

Ola a todos e todas! O pasado martes 10 de abril, no marco do programa "Aliméntate ben", contamos no centro co obradoiro PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA.

Neste obradoiro continuamos coñecendo tódolos beneficios que ten unha alimentación saudable e tamén os beneficios que aporta á nosa saúde o consumo de peixe. Para rematar o obradoiro, que mellor que facelo degustando uns bocadillos saudables de peixe e marisco en conserva con vexetais! Gustounos moito; o certo é que moitos de nós nunca antes probáramos un bocadillo de choco, ou de zamburiña, ou de sardiña......e foi un gran acerto....GUSTÁRONNOS MOITO!!

Neste vídeo, podedes ollar as fotos da xornada!

Agardamos que vos guste e vos animedes a probar os bocadillos de conservas de peixe!!

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

O pasado venres 29 de marzo tivo lugar no noso colexio un obradoiro titulado "O sabor da aventura esta no mar" que se enmarca  no Plan Proxecta Aliméntate Ben. 

Tivemos a visita do mariñeiro Luís e da cociñeira e mariscadora Mariña. Contáronnos como é a vida e os traballos do mar, e tamén nos falaron dos beneficios que ten para nós o consumo de peixe. Para afianzar o aprendido fixemos uns xogos e pasámolo xenial, foi moi divertido!

Antes de despedirnos entregáronnos un documento que asinamos todos e todas no cal nos comprometemos a aumentar o consumo de peixe e a animar ás persoas a que consuman máis peixe porque teñen moitos beneficios para a nosa saúde.

Foi unha xornada divertida que nos gustou moito. Neste vídeo poderedes ver un resumo do ben que o pasamos!

Deica a próxima!

 

APRENDENDO A APRENDER!

Na semana do 25 ao 29 de marzo estamos a desenvolver a SEMANA DE APRENDER A APRENDER, unha semana diferente na que abordamos diferentes aspectos, na que o noso alumnado aprenderá facendo!!!!