Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

NADAL

GRAZAS!!!

Como sabedes ao rematar o trimestre, celebramos un Mercado Solidario, que por un quilo de comida ou un donativo, podiamos levar os libros que nos gustasen. Grazas por colaborar!! xa vedes que cargadiños foron os da Cruz Vermella!!

Ademais, de rematar o ano con chocolate con churros e reunirnos para compartir os mellores desexos ao son das badaladas.

 Podedes ver mais fotos na galería da web!

MERCADILLO SOLIDARIO

 

XUNTOS PODEMOS!! CONTAMOS CON VÓS!!

Carreira na Fieiteira

O pasado venres, os nenos e nenas que cursamos dende 2º até 6º de primaria, participamos na carreira da Fieteira dentro do programa Xogade, na que vimos participando dende fai anos.

Gustounos participar na carriera, había moitísimos nenos e nenas de diferentes colexios e pasamos unha xornada entretida. Fomos participando nas diferentes categorías dependendo da nosa idade e logo dende as gradas animamos aos nosos compañeiros e compañeiras.

Quedamos moi contentos... non tod@s podiamos gañar, pero o máis importante foi que o pasamos xenial facendo deporte, que diso se trataba.

Aínda que non tod@s podiamos gañar.....no noso colexio, un neno: Xavi e unha nena: Soraya clasificáronse para a seguinte carreira. Estamos moi alegres destes éxitos!!

Sen máis, deixámosvos unhas fotos da xornada!

 

25 DE NOVEMBRO

O pasado día 25 de Novembro conmemoramos o día internacional para a eliminación da violencia de xénero.

Na aula de 1º, 2º e 3º fixemos diferentes actividades para concienciarnos da problemática da sociedade na que vivimos.

Logo de falar da realidade, ler contos, ver noticias en internet... os nenos e nenas da aula mostramos un total rexeitamento a todo tipo de violencias; por iso decidimos facer esta montaxe na que mostramos o que nos gustaría que parase de ocorrer no mundo.....

 

 

Creamos unhas láminas baixo o lema "Agarraremos os nosos soños con forza" nas que fixemos unha proposta de cousas que nos gustarían que ocorresen e polas que nos comprometemos a loitar hoxe e tódolos días do ano.

Aquí podedes velo, se clicades nesta imaxe

 

NON Á VIOLENCIA

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO

A SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO 

Durante esta semana, na aula de Infantil realizamos varios experimentos:

Decatámonos de como funciona a eletricidade estática e conseguimos que unha bolboreta de papel abrazase un globo e logo puxemos os pelos de punta a todalas /os compañeiras.

 

Outro día comprobamos como funciona a clorofila nas plantas e porque perden a cor verde moitas follas no outono.

 

 

Tamén observamos como diferentes líquidos disolvían os caramelos.

 

 

E, tamén, pintamos con leite e ao primeiro non se via nada de nada pero cando lle pasamos a plancha alí estaba o noso debuxo.

 

PASÁMOLO XENIAL!!

FACEMOS ADIVIÑAS

Os nenos e nenas da aula de Infantil, ao igual que o resto do alumnado do centro, pola Semana da Tradición Oral fixeron unhas adiviñas sobre o outono. 

Aquí vos deixamos o documento onde podedes ler as adiviñas.....

Animádesvos a lelas?

Clicade aquí

 

O MAGOSTO NA AULA DE INFANTIL

Aquí estamos... preparando as bolsas onde meteremos as castañas do MAGOSTO. Aquí gardarémolas e logo....

degustámolas... UHMM!!! QUE RICAS QUE ESTÁN!!!

O SAMAÍN NA AULA DE INFANTIL

Os nenos e nenas da aula de Infantil celebramos o SAMAÍN e decoramos a aula para que dera moito medo aos que entraran... porque nós xa sabíamos que todo era de mentira.

Tamén inventamos un conto terrorífico e ilustrámolo.

Cando vaiades á BIBLIOTECA poderedes lelo e pasaredes moito medo... pero non vos preocupar porque ao final todo se soluciona.

E por suposto o último día disfrazámonos e pasámolo de rechupete.

 

MAGOSTO

Boas a todas e todos! O pasado luns 18 de novembro celebramos no colexio a festa do Magosto.

O alumnado de 5º e 6º ás primeiras horas da mañá estiveron facendo o lume e picando as catañas para asar. No recreo, cando as castañas estiveron xa feitas, saímos todos os nenos e nenas a merendar as castañas.

Ao rematar, os máis pequenos xogamos libremente mentres o alumnado de 5º e 6º prepararon os xogos. Unha vez feito isto, repartímonos en grupos mixtos e xogamos a xogos populares!! Foi moi divertido!

Aquí podedes clicar e ver unhas fotiños do día tan fermoso que pasamos!

Até a próxima

IMOS DE VISITA Á CORUÑA

Bos días a todas e todos! O pasado venres 15 de novembro fomos de excursión á Coruña co gallo da SEMANA INTERNACIONAL DA CIENCIA. Visitamos a Casa das Ciencias, o Domus e o Acuario da Coruña.

Foi unha visita moi interesante, comezamos visitando a Casa das Ciencias e fomos ao planetario ver unha proxección sobre o espazo, gustounos moito! A continuación, fomos ao Domus a xantar e a visitar o museo onde gozamos das diferentes actividades interactivas. Para rematar, fomos ao Acuario; alí mergullámonos no fondo mariño, observamos os diferentes peixes e tamén atendemos ás explicacións que nos deu a guía do acuario para coñecer polo miúdo como é a vida no fondo do mar.

Foi un día fantástico! Se clicades aquí, podedes ver algunhas fotos da xornada!