Iniciar sesión: Acceso

Eventos

« Febreiro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Pais/Nais

Organigrama

CONSELLO ESCOLAR

 

O Consello Escolar do Centro é o órgano a través do que participan na súa xestión os distintos membros da Comunidade Educativa.

Composición:

  • O Director/a, que será o seu presidente/a.
  • O Secretario/a, que actuará como secretario do Consello, con voz, pero sen voto.
  • Un Concelleiro ou representante do Concello.
  • Dous mestres elixidos polo Claustro.
  • Dous representantes dos pais de alumnos/as (un deles proposto pola ANPA).

O Consello Escolar do centro ten as seguintes atribucións:

  • Establecer as directrices e elaborar propostas para a elaboración do proxecto educativo do Centro, aprobalo, avalialo e, de ser o caso, introducir modificacións, sen prexuízo das competencias que o Claustro de profesores ten atribuídas en relación coa planificación e organización docente.
  • Elixir o Director/a do Centro.
  • Propoñer a revocación do nomeamento do Director/a, logo do acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous tercios.
  • Resolver os conflictos e impoñer as correccións con finalidade pedagóxica que correspondan ás condutas dos alumnos/as que perxudiquen gravemente a convivencia no Centro, dacordo coa normativa que regulamenta os dereitos e deberes dos alumnos/as.
  • Decidir sobre a admisión do alumnado, con suxección ao establecido na lexislación vixente.
  • Aprobar e modificar o Documento de Organización e Funcionamento do Centro.
  • Aprobar o proxecto de orzamento do Centro e a execución del.
  • Aprobar e avaliar a PXA do Centro, respectando, en todo caso, os aspectos docentes que competen ao Claustro.
  • Aprobar a programación de actividades extraescolares e complementarias e avaliar o seu desenvolvemento.
  • Establecer as directrices para a participación do Centro en actividades culturais, deportivas e recreativas.
  • Establecer os criterios de colaboración con outros Centros, Entidades ou Organismos.
  • Promover a renovación das instalacións e equipamento do Centro, e vixiar a súa conservación.
  • Analizar e valorar o funcionamento xeral do Centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados da avaliación que do centro realice a Administración Educativa.
  • Colaborar coa Inspección Educativa nos planos de avaliación do Centro, nos termos que a Consellería de Educación estableza.

O Consello Escolar reunirase, alomenos unha vez ao trimestre, e sempre que o director o convoque ou o solicite un tercio alomenos dos seus membros.

 

MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR:

Presidente: DIEGO SUÁREZ CREGO

Representante da ANPA: ELENA MARÍA GONZÁLEZ GARABÁN

Representantes do claustro: ALBA COMOJO ORDÓÑEZ.

                                              CARMEN BRIÓN LEMA

Representante do Concello: ANXO ORELLÁN FERNÁNDEZ

Representante Pais e Nais: MÓNICA SIXTO LOUREIRO

CLAUSTRO DE MESTRES/AS

 O Claustro de mestres é o órgano propio de participación destes no goberno do Centro que ten a responsabilidade de planificar, coordinar, decidir e, se é o caso, informar sobre todos os aspectos docentes del.
Estará integrado pola totalidade de mestres e mestras que presten servicio nel e será presidido polo Director.
O Claustro de profesores terá as seguintes atribucións:

  • Promover medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no Centro.
  • Coñecer a resolución de conflictos disciplinares.
  • Facer chegar ao Equipo Directivo propostas para a elaboración dos Proxectos Educativos e curriculares do Centro e da Programación Xeral Anual.
  • Aprobar e avaliar os proxectos curriculares e os aspectos docentes da Programación Xeral Anual.
  • Determinar cal é a lingua materna predominante entre os alumnos e alumnas, así como a lingua ambiental, para que ao mesmo tempo estes adquiran de forma oral e escrita o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia.
  • Promover iniciativas no ámbito metodolóxico, tecnolóxico, didáctico ou de organización, así como na experimentación e investigación pedagóxica e na formación do profesorado do Centro.
  • Elixir os representantes para o Consello Escolar.
  • Aprobar os criterios pedagóxicos para a elaboración dos horarios dos alumnos.
  • Analizar e valorar o rendemento escolar do Centro.
  • Coñecer as candidaturas á dirección e os programas presentados polos candidatos.
  • Coordinar as funcións referentes á orientación, titoría, avaliación e recuperación dos alumnos/as.
  • Analizar e valorar os resultados da avaliación que do Centro realice a Administración ou calquera informe referente á súa marcha.
  • Colaborar coa Inspección Educativa nos planos de avaliación do Centro.
  • Analizar e valorar o funcionamento xeral do Centro e a súa situación económica, así como propor todo tipo de iniciativas que tendan a mellorar o funcionamento do Centro en calquera dos seus aspectos.
  • Realizar o proceso de autoavaliación do Centro nos aspectos da súa competencia, así como participar nos procesos de avaliación externa.

O Claustro de profesores reunirase, alomenos unha vez ao trimestre, e sempre que o convoque o Director ou o solicite un tercio dos seus membros.
A asistencia dos mestres/as ás sesións de Claustro son obrigatorias

O Claustro de mestres deste centro está composto por:

MESTRA DE EDUCACIÓN INFANTIL:   CARMEN BRIÓN LEMA

 MESTRES E MESTRAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

ALBA COMOJO ORDÓÑEZ (Mestra de  educación musical e titora de 1º, 2º e 3º).

DIEGO SUÁREZ CREGO (Director, mestre educación física e de matemáticas en 4º,5º e 6º).

ALBERTO PENA ROMAY  (Mestre de Relixión)

INMACULADA ROMERO GARCÍA  (Mestra de PT)

BEATRIZ TRILLO GONZÁLEZ (Mestra de inglés e titora de 4º, 5º e 6º)

MANUEL FERRO DIOS (Mestre de apoio)