Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

Normas de Uso

Normas de Uso da Biblioteca para os mestres e os alumnos

NA BIBLIOTECA

Todos podemos usar a BIBLIOTECA.

Para ter acceso a todos os materiais que nela hai necesitas o carné da Biblioteca Escolar.

Hai que estar en silencio e se tes que falar faino en voz  baixiña, como se contases un segredo, así non molestarás a os demais.

Busca onde sentarte, estar de pé pode resultar canso e incómodo.

Os libros están colocados por editoriais. Cando collas un faino con coidado e deixa o resto dos libros ben colocados. Lembra que o lombo ten que quedar cara a fóra, e se non sabes gardalo, dállo ao mestr@ ou encargad@ de biblioteca.

Se queres un libro para ler na biblioteca, utiliza a túa tablilla marcadora que che lembrará onde estaba o libro. Logo gárdaa no seu sitio.

Se non sabes que libro escoller, pregúntalle ao mestre/a, que che informará sobre os temas, autores, títulos,novidades...

Debes tratar os libros con coidado, non lle quites ningunha das pegatinas. Cada lector é responsable do libro que colle, e se o deteriora ou o perde terá que repoñer ou rembolsar o seu importe.

Se atopas un libro en mal estado avisa ao mestr@ ou axudante da biblioteca para que o leve á "caixa de curas".

Se queres facer unha tarefa (deberes, estudar, debuxar...) colócate na zona de traballo.

Podedes estar nos ordenadores para uso do alumnado e só un por ordenador; pero só se tedes gardada a quenda. 

Usamos os mobles sen estragalos (subíndonos a eles, saltando, golpeándoos...)

Se queres comer e beber, faino antes de entrar.