Iniciar sesión: Acceso

Eventos

« Xullo 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Pais/Nais

blogue deadmin

II XORNADA CULTIVANDO AVENTURAS

O pasado 16 de maio, como ben saberedes, celebramos na escola a "II Xornada Cultivando Aventuras".

Foi un día ben bonito, no que que gozamos moito nenos, nenas, familias e mestres; e agardamos que poidamos volver repetila no vindeiro curso.

Ao comezo do día tivemos un obradoiro de cociña saudable que lle chamamos "Artes Cheff", logo un concerto didáctico sobre a música tradicional, a continuación asistimos á "Feira ecolóxica" na que ofrecemos produtos ecolóxicos, manualidades que nós elaboramos e tamén produtos que cultivamos na nosa horta coa colaboración de Manolo e de "Sachos á Rúa".

Para rematar o día, saboreamos unha fantástica paella vexetal (entre outras cousas) toda a comunidade educativa.

Foi unha xornada de convivencia xenial para nós!

Grazas a tódalas familias por facer isto posible, xa que sen a vosa colaboración, non sería o mesmo.

Se clicades aquí poderedes ver unha escolla de fotos deste día.

Até a próxima

CONCURSO "RECÍCLATE CON SOGAMA"

Boas a todos e todas!

Queremos compartir con todos e todas vós que o noso colexio ven de participar nun concurso de refugallo organizado por Sogama. Propuxéronnos facer unha obra artística con materiais de refugallo e así nos puxemos mans á obra, foi un traballo ben agradable e gustounos moito facer unha obra conxunta dende os maís pequenos aos máis maiores. Empregamos tapóns de botellas, chapas, botes de deterxentes, suavizantes, cápsulas de café, latas, redes vellas, cartón... e aquí podedes ver o resultado! Puxémoslle por nome "COIDAMOS DO QUE COMEMOS" tentando concienciar á xente da importancia de coidar do medio natural, neste caso do mar para así coidar tamén a nosa saúde.

Non sabemos se gañaremos ou non, pero pensamos que iso non é o importante, posto que nos gustou moito o resultado que obtivemos e pasámolo xenial facendo todo isto todos xuntos!

Agardamos que a vós vos guste tanto ou polo menos, unha parte do que nos gustou a nós.

Até a próxima

 

VIAXE AO PORTO E Á LONXA DE RIBEIRA

Ola a todos e todas! Nesta entrada queremos mostrarvos a nosa visita ao porto de Ribeira e tamén á lonxa dentro do programa "O sabor da aventura está no mar".

Foi unha visita moi interesante; vimos as diferentes embarcacións, as artes de pesca, os diferentes espazos da lonxa e como é proceso ao que se someten os peixes e mariscos dende que son capturados até que o atopamos nas peixarías.

Foi moi divertido, pasámolo moi ben. Para rematar a xornada tivemos unha merenda mariñeira con empanada de polbo e ensalada! Que marabilla!

Aquí podedes ver un resumo do noso día!

Até a próxima

 

 

 

 

 

 

LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2019/20

A listaxe que aquí presentamos é definitiva e correspóndense co seguinte curso:

  • 4º de infantil

 

A matricula pódese formalizar, dende o 20 ao 30 de xuño

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os vindeiros días 28 e 29 de maio, terá lugar a avaliación individualizada de 3º de Educación Primaria prevista no artigo 12.7 do Decreto  105/2014 que establece o currículo da LOMCE de Galicia. Esta avaliación terá carácter informativo e orientador para o alumnado e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa.

II EXPOSICIÓN CULTIVANDO AVENTURAS

ALGO SE ESTÁ TRAMANDO NO CEIP PLURILÍNGÜE DE ARTES

 

BOTA UN OLLO  NO SEGUINTE ENLACE

 

https://youtu.be/sdj4lY_JuNg

 

 

IDES A PERDER TREMENDO

ACONTECEMENTO?

LISTAXE PROVISIONAl DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2019/20

A listaxe que aquí presentamos é provisional e correspóndense co seguinte curso:

  • 4º de infantil

 

Durante a primeira quincena de maio publicaranse as listaxes definitivas.

FEIRA DA EDUCACIÓN

Os nenos e nenas do colexio fomos á FEIRA DE EDUCACIÓN de Ribeira.

Fixemos dous obradoiros; os máis pequenos sobre reciclaxe e os máis maiores un obradoiro sobre  as obras do pintor Luís Seoane (homenaxeado no día das Artes Galegas).

Para rematar a xornada disfrutamos do concerto de Pablo Díaz!

Pasámolo xenial!

Se clicades aquí, podedes ollar como nos foi neste día!

APRENDENDO A APRENDER

O pasado mes de marzo, no colexio, tivo lugar no colexio a semana "APRENDENDO A APRENDER".

Nesta semana, fixemos diferentes obradoiros nas que os nenos e nenas cada día tiñan un reto diferente a conseguir, e tratábase de que aprenderan facendo. Eles tiveron que organizarse, planificarse e traballar en grupo para poder resolver o que se lles plantexaba. Fixeron marmeladas, experimentos científicos, manualidades de reciclaxe, pasta de dentes ecolóxica, xabóns, colonias...

Foi unha semana fantástica, na que nenas, nenos e mestres disfrutamos moito facendo estes obradoiros!