Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

blogue deadmin

O ENTROIDO!

CHEGOU O ENTROIDO!

Tras agardar estas datas, chegou o Entroido!

A semana comezou cos mandatos , cos cales @s nen@s trouxeron boinas, panos, chalecos…

 

E hoxe chegou o día de disfrazarse!

 A temática deste ano foron disfraces tradicionais de Galicia que traballlmos antes grazas a colaboración do equipo de biblioteca e os seus fondos bibliográficos. As madamas e galáns de Vilaboa, as pantallas de Xinzo e os boteiros de Viana do Bolo. Todo saiu xenial e o traballo feito durante as últimas semanas fixo que o alumando gozara do día. Ao final degustáronse orellas e rosquillas que fixeron as delicias dos discentes.

 

 

 

Un saúdo!!

 

 

 

A SANGUE E O CORPO

Nesta sesión alumnado experimenta coa sangue de diferentes animais como a azul de animais coma o polbo; ou a transparente das estrelas de mar.

Despois, as nenas e nenos fan uso do método científico  usando unha aplicación da tablet que fai que os órganos  das trarxetas se amosen en 3D

DÍA DE ROSALÍA

Este 23 de febreiro festexamos  o Día de Rosalía, conmemorando a figura da nosa gran poetisa  e escritora que marcou, marca e marcará a forma de vivir dos galegos e galegas.

O alumnado  levou a cabo distintas actividades plásticas,manipulativas….  para que sempre teñamos en conta a esta gran muller.

 

 

Un saúdo!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO CEIP PLURILINGÜE DE ARTES

Estimadas familias:

 

 

 

Comunicámosvos  que durante os meses de febreiro e marzo  de 2022  teremos as Xornadas de portas abertas para que podades coñecer as nosas aulas, o pavillón, o horto ou as dependencias do comedor que teremos dispoñible no inicio do próximo curso... e así animarvos a que matriculedes as /os vos@s nen@s!

Se está interesad@ no noso centro, é necesario que solicite cita previa a través dos seguintes medios:

 Teléfono : 881866358

 Email: ceip.artes.ribeira@edu.xunta.gal

 

                 Un saúdo e non dubidedes en animarvos a contactar con nós!

 

AS SUBSTANCIAS REACCIONAN

Esta vez podemos manipular diferentes substancias que reaccionan ante outra, en teoría moi insípida : a zume de col lombarda.

 

 

Así,  manipulamos o vinagre, o salfumán, a sosa, a auga e o bicarbonato para poder observar como ao mesturarse con dito zume cambia de cor, produce gas,  divídese en capas, etc

 

Gracias a estas actividades o alumnado deuse conta de que ditas mesturas producen cambios: as veces  sen consecuencias, pero outras perigosos.

O NADAL XA CHEGOU … E EN BREVES FIN DE ANO

Aproveitando a visita de Papá Noel celebramos a chegada do Nadal no noso centro cantando, decorando e vivindo estas datas tan especiais con moita ilusión.

Por suposto aproveitamos para despedir este ano escolar cunha celebración de fin de ano moi especial con música, badaladas de fin de ano…

 

 

 

Feliz ano 2022 para tod@s!!!

Os antepasados mariños

Nesta sesión coñecemos a habitantes que levan máis anos no noso planeta e dos que que temos vestixios do pasado.

Tamén manipulamos organismos como esponxas mariñas ou medusas en formol para que podemos conservar axeitadamente ditos animais con diferentes texturas.

 

 

Por último, o alumnado  creou distintos animais inventados con nomes tamén de propia creación traballando así a creatividade e búsqueda de similitudes.

 

Vémono na próxima sesión!

CEIPP DE ARTES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O colexio loita contra a desigualdade cunha enérxica resposta ante unha lacra como é a violencia de xénero.

De ahí este vídeo no que participou todo o alumnado e que pode verse clicando na imaxe.

Un saúdo!

Coñecemos as densidades!

Moi boas!

 

Hoxe no Clube de Ciencia os nen@s experimentaron coa condutividade do líquido a través de distintos elementos (fíos, cordas, papeis)...

Pero tamén fiexeron a súa propia experimentación coas diferentes densidades do aceite , a auga... así como a forma tan peculiar de rexeitarse entre eles.

 

Ata a próxima!

O MAGOSTO !

 

Este venres día 12 celebrouse o magosto  no  colexio  co protagonista principal : as riquísimas castañas.

A mañá comezou co alumnado de  4º, 5º e 6º asando este delicioso manxar, coa sempre inestimable axuda do noso querido Manolo.

 

Unha vez feitas, éstas foron repartidas polo alumnado aos cursos de 1º, 2º e 3º  e a Infantil, os cales gozaron moito pelando e comendo as castañas.

 

Para acabar este día de celebración, levamos a cabo unha sesión de xogos tradicionais íntimamente ligados á nosa comunidade: lanzamento de trompos, carreiras de sacos, carreiras de zancos, xogo da chave, xogo da petanca…

 

 

En definitiva, un día maravilloso!