Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

blogue deadmin

LAMPREA!

Moi boas!

 

Esta vez manipulamos un dos "dinosaurios" do río: a lamprea. Coñecimos a extensa historia na Terra deste peixe, un dos máis antigos no noso planeta; así como  as súas características.

Aproveitando este animal propuxemos aos nen@s que fixeran o seu propio ser vivo e explicaran o seu hábitat, a súa alimentación, características...

Dando como resultado distintos experiencias e coñecemento que postos en común xeraron moito feedback entre o propio alumnado.

Un saúdo!!

AS MULLERES E AS NENAS NA CIENCIA

Ola a tod@s!

Nesta ocasión o noso querido Clube de Ciencias estivo dedicado a conmemorar o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, que foi o 11 de febreiro.

Por este motivo o alumnado coñeceu todos os grandes avances que levaron a cabo as nenas e as mulleres na ciencia pero que foron vilipendiadas e infravaloradas.

Así, relacionaron os descubrimentos e avances coas súas autoras; investigaron sobre posibles novos descubrimentos que están  a realizar distintas mulleres; mulleres galegas importantes na ciencia....

 

Un saúdo!

Xaneiro

Volvemos co Clube de Ciencia!

Neste mes de xaneiro  a sesión foi moi manipulativa, ao tempo que empezabamos coa a aprendizaxe de distintos elementos da táboa periódica.

 

 Para introducir ditos elementos os nosos nenos e nenas manipularon coa mestura dos mesmos e o resultado ao que daban lugar ( mestura de vinagre con bicarbonato; col lombarda  e auga...).

 

 

Con estas mesturas feitas encima duns papeis obrservaron como cambiaban as cores e producíanse uns efectos realmente curiosos ao producrise as distintas reaccións químicas.

Un saúdo e ata o mes que ven!

FESTA DE NADAL

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Moi boas a tod@s!

Deixámosvos as recomendacións lectoras para que o alumnado goce coas distintas obras literarias durante as vacacións. (Pinchando na flecha de arriba á dereita pódese ver con máis detalle)

Un saúdo e felices festas!!!!!

Inauguración Biblioteca

OS EFECTOS DA ATMOSFERA

Nesta ocasión a sesión do Clube de Ciencias serviunos para coñecer os diferentes efectos que teñen os gases e preión atmosféricos nos elementos da nosa contorna.

 

O alumnado observou e experimentou coas augas con distintas temperaturas ou co efecto da presión atmosférica sobre os líquidos ( ao dar a volta ó vaso) este non verte a auga.

Peo non quedou ahí a cousa, xa que logo os nosos discentes aprenderon o que eran os mapas atmosféricos cos seus anticiclóns e borrascas e crearon uns feitos por eles mesmos.

Polo tanto mediante a experimentación adquiriron novos aprendizaxes moi relacionados coa vida cotiá.

Vémonos na seguinte sesión!!

 

DÍAS NON LECTIVOS

 

 

 

Informarlles que esta semana únicamente haberá clase o Luns 5 e o Mércores 7

 

- día 6 festivo (Día da Constitución Española)

- día 8 festivo (Día da Inmaculada Concepción)

- e o venres día 9 foi elixido polo centro como día NON lectivo.

 

 

 

 

AS REACCIÓNS NO NOSO ENTORNO

Moi boas!

Nesta ocasión o Clube de Ciencias solapouse co Samaín polo que nos adicamos  a ensinar e practicar con distintas reaccións químicas "monstruosas".

 

 

 O alumnado observou como as mesturas con bicarbonato, nitróxeno líquido e outros elementos provocaban uns efectos realmente impresionantes

 

Un saúdo e ata o mes que ven!

CONTACONTOS ALUMNADO

Esta semana comezamos no cole coas sesións de contacontos realizada polo alumnado. As primeiras marabillosas voluntarias deleitáronnos coa obra de Ahora me llamo Luisa a cal dou pe a un debate sobre o colectivo LGTBI.

Grazas por esta fermosa mensaxe!