Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Moi boas!!!
Para culminar o mes no que se celebrou o día das nosas letras e do amor pola nosa terra, o noso alumnado tivo unha gran actuación cantando o noso himno.
Fixérono xenial!!
Infórmase que na elaboración da rifa da excursión a París do alumnado de 4º, 5º e 6º produciuse un erro no referente á data do sorteo da cesta.
A data que aparece nas rifas ( 25/02/2022) non é correcta.
A data correcta do sorteo da cesta, o cal se publicará nesta páxina web, é o 25 de maio de 2022.
Desculpas polas posibles molestias ocasionadas e moita sorte no sorteo!
Moi boas!
Coma sempre, o espectacular equipo da biblioteca achéganos estas estupendas recomendacións lectoras adaptadas ós ritmos e idades dos noso discentes.
En primeiro lugar as lecturas máis recomendadas para os máis peques do cole:
Para os "nosos medianos e medianas" as lecturas xa están máis enfocadas aos seus intereses e gozarán coas distintas historias e aventuras que vivirán mentres len.
E xa por último, os libros recomendados @s nos@s lectores expert@s farán que o noso alumando imaxine novos mundos cheos de aventuras e empatice cos seus personaxes ao tempo que aprende novo vocabulario e goce coas actividades lectoras.
Ata a próxima!!
Esta semana o Clube de Ciencias achegounos á enerxía e a súa presenza no noso entorno!
O alumnado máis maior aprendeu a montar interruptores a través de pilas e cables e os máis pequenos gozaron coa atracción e a forza que teñen os imáns.
Observaron e experimentaron como os polos opostos se atraen e en cambio os semellantes se evitan debido á enerxía que se forma.
En definitiva, o alumnado de todas as idades gozou coas actividades do Clube de Ciencias , aprendendo e gozando cun aprendizaxe práctico e experimental.
Un saúdo!!
Esta semana, aproveitando a mellora da situación Covid e conmemorando tamén o Día do Libro, comezouse cunha actividade para fomentar a lectura compartida realizada en anos anteriores: os apadriñamentos lectores.
Nestas actividades as nenas e nenos máis maiores fan sesións de lectura compartida co alumnado de cursos inferiores para fomentar o interese polos libros, coñecer novos personaxes e historias, enriquecer o coñecemento e o vocabulario.....
En definitiva, esta actividade promovida polo equipo de biblioteca fai que os nenos compartan, aprendan e gocen cun elemento fundamental para o seu desenvolvemento: os libros de lectura.
No 2º trimestre leváronse a cabo moitas actividades complementarias e extraescolares que fomentaron o desenvolvremento, a participación, a creatividade e en defininitiva todas as competencias do noso alumnado en diferentes contextos.
A finais de febreiro celebramos o día da Paz conectando o proxecto anual da biblioteca sobre o patrimonio e o coñecemento da nosa contorna máis cercana co fomento da convivencia.
O alumnado representou o mapa das parroquias do Concello de Ribeira e enfatizouno con frases e debuxos relacionados coa convivencia.
Despois, o Día da Muller en marzo con distintas actividades por cursos, por exemplo nesta na que cada nen@ reflectiu como vía a súa nai.
Logo, para tratar os problemas de convivencia que poden aparecer nas escolas, os nosos nenos e nenas máis maiores asistiron na biblioteca a unha charla dun psicólogo moi recoñecido que lles explicou a importancia de loitar contra o acoso e de denunciar o antes posible posibles condutas relacionadas co bullying.
Xa a medidados de marzo tivemos unha excursión a Corrubedo e ao privilexiado entorno do que dispoñemos na zona ( Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoa de Carregal e Vixán).
Os discentes coñeceron a fauna e a flora autóctona e recorreron a Praia do Vilar e os bosques anexos.
Aproveitando a visita e coñecemento de distinta fauna e flora, a semana seguinte acercámonos á Pobra do Caramiñal a marisquear e así coñecer distintos tipos de ameixas, navallas....
Ao día seguinte aproveitamos a invitación do concello para asistir no auditorio á obra da Toupiña, onde os nosos rapaces e rapazas gozaron coas distintas interpretacións asociadas aos animais que nos atopamos no noso entorno.
Para rematar o trimestre conmemoramos o día das Artes Galegas cun taller relacionado co autor homenaxeado: Laxeiro.
Nela, os nenos e nenas, a partir dunha marca no folio imaxinaban e facían unha obra co estilo artístico de Laxeiro. Como podemos observar o resultado foi variopinto e moi logrado.
Por suposto, no 3º trimestre fareos moitas máis actividades extraescolares e complementarias debido a súa importancia pedagóxica e didáctica.
Un saúdo!!
O vindeiro día 26 de abril levaremos a cabo outra sesión da Escola de Nai e Pais. En esta ocasión os contidos que traballaremos son os seguintes:
- Cambios e fitos evolutivos nos nosos fillos/as
- O cerebro: cambios evolutivos como funciona e reacciona
- As emocións, conciencia e control emocional
- Comprensión das propias emocións e as do resto
- Estratexías da regulación emocional
- As emocións na toma de decisións.
A sesión tera lugar no noso centro de ensino ás 16h e será impartida por María Iglesias Fungueiriño, Psicologa da asociación Renacer.
Agardamos a vosa presenza.
COMO O NÚMERO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PRESENTADAS NON SUPEROU O NÚMERO DE PRAZAS OFERTADAS NON É PRECISO BAREMAR.
Con data límite 25 DE ABRIL PUBLICAREMOS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS.
Pola lei de protección de datos soamente se poderán consultar no taboleiro de anuncios interior da escola, e/ou na aplicación /ou na aplicación “AdmisionAlumnado”.
OS PLANETAS
Bos días tod@s!
Nesta ocasión o alumnado pode, etre outras cousas, comprobar o número de voltas que da cada planeta en relación ás voltas que da a Terra ao Sol, o tamaño dos planetas, a rotación a translación...
Tamén teñen un aprendizaxe práctico dos contidos relacionados co universo e o espazoao tempo que gozan cos contidos.
Un saúdo!!
Estimadas familias:
Do 1 ao 21 de marzo estará aberto o prazo para matricular ao novo alumnado de Primaria e Educación Infantil.
Aínda que pode cubrirse a solicitude de forma telemática ,recomendamos que vos acheguedes ao colexio a recollela en horario de mañá e así poder aproveitar para coñecer o centro e todas as súas instalacóns e o seu contorno.
Se tedes algunha dúbida podedes contactar con nós a través dos seguintes medios:
Teléfono : 881866358
Email: ceip.artes.ribeira@edu.xunta.gal
Un saúdo!