Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Ahí vai o enlace do vídeo recordatorio (xa que non funciona o enlace directo) da inmellorable viaxe a París cos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º...
Esperamos que se poda repetir unha excursión parecida no futuro.
Un saúdo!
https://www.youtube.com/watch?v=a-RYqXXB9Yo
Debido a que novamente tampouco se atopou o gañador do cuarto sorteo da cesta correspondente ao viaxe a París, realizouse un quinto sorteo. Este sorteo é o penúltimo en caso de non atopar ó gañador, xa que o curso está a piques de rematar.
Neste caso o número gañador foi o...
4
A persoa agraciada ten ata o martes 21 de xuño incluído, en horario de 9 a 14 horas, para reclamar o premio.
Debido a que novamente tampouco se atopou ganador do terceiro sorteo da cesta correspondente ao viaxe a París, realizouse un cuarto sorteo e o número ganador foi o
183
A persoa agraciada ten ata o venres 17 de xuño incluído, en horario de 9 a 14 horas para reclamar o premio.
Debido a que tampoco se atopou ganador co segundo sorteo da cesta correspondente ao viaxe a París, realizouse un terceiro sorteo e o número ganador foi o…
623
A persoa agraciada ten ata o mércores 15 de xuño incluído, en horario de 9 a 14 horas para reclamar o premio.
Desta volta, a derradeira sesión do Clube de Ciencia desenvolveuse na Praia da Furnas.
O alumnado descubriu os distintos ecosistemas existentes, a fauna e flora existente, o prexuízo que causan os residuosexistentes na area…
Pero tamén xogou cooperativamente cun paracaídas e nunha roda de turnos!
En definitiva, os nosos discentes pasárono pipa e foi un final perfecto para o Clube de Ciencia 2021-2022, que resultou outra vez unha iniciativa fundamental para que descubriran que tanto a ciencia como o entorno pódense aprender e gozar de maneiras diferentes e lúdicas.
Un saúdo e ata o curso que ven!
Moi boas!
Hoxe foi un día moi especial, xa que o alumnado foi de excursión ao Parque de san Roque e a Pedra da Ra.
No primeiro, as meniñas e meniños coñeceron o museo e xogaron nos arredores descubrindo o gran patrimonio que temos na zona.
Xa na Pedra da Ra puideron contemplar as marabillosas vistas que nos ofrece a Pedra da Ra e logo ir andando cara o Castro da Cidá.
O noso alumnado gozou cunha mañá moi divertida!
Para conmemorar o noso idioma dunha forma activa e lúdica, levamos a cabo unha actividade na que o alumnado elexía a súa palabra favorita, a súa definición e un debuxo relacionada.
Mediante a coordinación do equipo de biblioteca,os discentes gozaron da actividade.
Quedou moi chulo e aquí está o resultado
Nesta xornada as nenas e nenos tiveron unha actividade onde axudaron ao medio ambiente ao tempo que gozaban ao aire libre cooperando para melllorar a nosa contorna.
Esta actividade levouse a cabo na Praia da Ladeira, onde o alumnado axudou a recoller e clasificar o lixo que había na area mentres tomaba conciencia da necesidade de coidar a paisaxe.
Debido a que non se atopou ao gañador do 1º sorteo da cesta correspondente ao viaxe a París, hoxe repetiuse e o número gañador foi o…
176
@ gañador/a ten ata o venres día 10 de xuño para reclamar a cesta en horario de 9 a 14.
Moi boas!
O sorteo da cesta valorada en máis de 100 euros correspondente á financiación da excursión a París xa ten gañad@r!!!
O número agraciado no sorteo desta mañá foi o……..
733
Noraboa a/o gañador/a!
P.D. A persoa terá que vir recoller a cesta nun prazo máximo de 10 días a contar desde mañá día 26 de maio en horario de 9 a 14 traendo a rifa co número agraciado.