Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Moi boas!
Hoxe foi un día moi especial, xa que o alumnado foi de excursión ao Parque de san Roque e a Pedra da Ra.
No primeiro, as meniñas e meniños coñeceron o museo e xogaron nos arredores descubrindo o gran patrimonio que temos na zona.
Xa na Pedra da Ra puideron contemplar as marabillosas vistas que nos ofrece a Pedra da Ra e logo ir andando cara o Castro da Cidá.
O noso alumnado gozou cunha mañá moi divertida!