Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

COMEZA O CLUBE DE CIENCIAS!!

Hoxe deu comezo o Clube de Ciencias 2022- 2023 cunha clase onde as nenas e nenos retomaron o contacto coas distintas experiencias que nos ofrece este programa.

Experimentaron coas reaccións químicas......

E a razón das mesmas, para rematar cun experimento relacionado co lume moi visual,  co que o noso alumnado gozou das distintas explicacións que podemos atopar nas interaccións dos produtos que atopamos na nosa contorna.

Sempre cunha participación activa para fomentar un aprendizaxe práctico e vivencial.

Ata a próxima!!

ELECCIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR 2022

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

Iniciamos o proceso para a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores da comunidade educativa do centro.

 

Infórmase que o vindeiro VENRES 28 de outubro, na dirección do centro, ás 12:00 procederase ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral.

 

                                                           Artes, 27 de outubro de 2022

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA

Para inaugurar a biblio, este ano sementamos diferentes especies de plantas. Tivemos uns/as magníficos/as axudantes/as que levaron a cabo a tarefa. A biblio quedou bonitísima e oficialmente inaugurada!

 

 

VALES MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Tal e como saíu publicado no DOG Número 196 do venres 14 de outubro de 2022, os beneficiarios e beneficiarias do vale para a axuda á compra de material escolar por importe de 50€, xa poden pasar polo colexio para recoller o "vale ampliación axuda" por importe de 25€.

*Preferiblemente en horario de 9:30 a 10:00.

A dirección do centro. 

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Polo día Europeo das Linguas o alumnado do centro realizou una visita ao centro cultural Lustres Rivas. Nel asistiron a un contacontos así coma a visualización dos traballos expostos na XIII Bienal de pintura do Eixo Atlántico.

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO DE 1º E 2º

Moi boas!

Adxúntase a lista de libros de 1º e 2º para este curso 2022/2023:

 

1º curso

 

 

Relixión

 

RELIXIÓN CATÓLICA (ANAYA)

Lorente Pérez, Jesús Mario / Ramírez Carbonero, Pilar

 

 

97884 698 9736 2

 GALEGO

LENGUA CASTELLANA

 

Primeros pasos PAUTA

construyendo mundos (Ed. Santillana)

 

978-84-680-7160-2

castellano

MATEMÁTICAS

 

Construyendo mundos

Mochila ligera (Ed. Santillana)

 

978-84-680-7131-2

castellano

Ciencias da Natureza

 

Construindo mundos (Ed. Santillana)

 

978-84-9185-411-1

galego

 

2º curso

 

 

Relixión

 

RELIXIÓN CATÓLICA (ANAYA)

Lorente Pérez, Jesús Mario / Ramírez Carbonero, Pilar

 

 

 

978 84 698 9740 9

GALEGO

LENGUA CASTELLANA

 

SHContigo Mochila ligera (Ed. Santillana)

 

978-84-680-4746-1

castellano

MATEMÁTICAS

 

SHContigo Mochila ligera (Ed. Santillana)

 

978-84-680-4747-8

castellano

Ciencias da Natureza

 

Saber facer contigo (Ed. Santillana)

 

978-84-9185-036-6

galego

COMEZAMOS CO HORTO!

Hoxe regresamos á faena no noso querido horto, onde o alumnado estivo limpando os bancais para poder comezar a sementar cebolas, cenouras, coliflor e brócoli a semana que ven.

 

Como  podemos observar,@s nen@s traballaron “duro” para que os dous primeiros bancais estén dispostos prara proceder á futura plantación.

Polo camiño atopáronse cuns “regalos” inesperados en forma de cebolas e cenouras que se repartiron entre o alumnado de infantil para que podan coñecelas e  ao mesmo tempo gozar do seu sabor nos seus fogares coa familia.

 

Volvemos a próxima semana!

Un saúdo!

BENVID@S Ó NOVO CURSO

Desde o Ceip Plurilingüe de Artes damos a benvida ao novo curso que comezou hoxe con moita ilusión e ganas de seguir avanzando e crecendo tod@s xunt@s!!

Desde o centro faremos todo o posible para que o alumnado e toda a comunidade educativa se sinta cómoda  co colexio e o seu funcionamento.

Como xa recordamos , o horario lectivo é de 9:15 a 14:15.

Ante calquera dúbida  non dubiden en contactar con oso número de teléfono: 881866358

Un saúdo a tod@s!!!

ÚLTIMO SORTEO

Hoxe levouse a cabo o último sorteo da cesta debido a que non deron sinais @s anteriores afortunad@s.

Neste caso o número agraciado foi o...

263 

                

 

   A persoa afortunada ten ata as 14 horas do xoves 23 de xuño para reclamar o premio. En caso contrario, e debido á finalización do curso escolar, quedará deserto.              

PARÍS 2022

Ahí vai o enlace do vídeo recordatorio (xa que non funciona o enlace directo) da inmellorable viaxe a París cos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º...

Esperamos que se poda repetir unha excursión parecida no futuro.

 

Un saúdo!

 

https://www.youtube.com/watch?v=a-RYqXXB9Yo