Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Esta semana, aproveitando a mellora da situación Covid e conmemorando tamén o Día do Libro, comezouse cunha actividade para fomentar a lectura compartida realizada en anos anteriores: os apadriñamentos lectores.

Nestas actividades as nenas e nenos máis maiores fan sesións de lectura compartida co alumnado de cursos inferiores para fomentar o interese polos libros, coñecer novos personaxes e historias, enriquecer o coñecemento e o vocabulario.....

En definitiva, esta actividade promovida polo equipo de biblioteca fai que os nenos compartan, aprendan e gocen cun elemento fundamental para o seu desenvolvemento: os libros de lectura.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES DO SEGUNDO TRIMESTRE

No 2º trimestre leváronse a cabo moitas actividades complementarias e extraescolares que fomentaron o desenvolvremento, a participación, a creatividade e en defininitiva todas as competencias do noso alumnado en diferentes contextos.

A finais de febreiro celebramos o día da Paz conectando o proxecto anual da biblioteca sobre o patrimonio e o coñecemento da nosa contorna máis cercana co fomento da convivencia.

O alumnado representou o mapa das parroquias do Concello de Ribeira  e enfatizouno con frases e debuxos relacionados coa convivencia.

 

Despois, o  Día da Muller en marzo con distintas actividades por cursos, por exemplo nesta na que  cada nen@ reflectiu como vía a súa nai.

 

 Logo, para tratar os problemas de convivencia que poden aparecer nas escolas, os nosos nenos e nenas máis maiores asistiron na biblioteca a unha charla dun psicólogo moi recoñecido que lles explicou a importancia de loitar contra o acoso e de denunciar o antes posible posibles condutas relacionadas co bullying.

Xa a medidados de marzo  tivemos unha excursión  a Corrubedo e ao privilexiado entorno do que dispoñemos na zona  ( Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoa de Carregal e Vixán).

Os discentes coñeceron a fauna e a flora autóctona  e recorreron a Praia do Vilar e os bosques anexos.

 

Aproveitando a visita e coñecemento de distinta fauna e flora, a semana seguinte acercámonos á Pobra do Caramiñal a marisquear e así coñecer distintos tipos de ameixas, navallas....

 

Ao día seguinte aproveitamos a invitación do concello para asistir no auditorio á obra da Toupiña, onde os nosos rapaces e rapazas gozaron coas distintas interpretacións asociadas aos animais que nos atopamos no noso entorno.

Para rematar o trimestre conmemoramos o día das Artes Galegas cun taller relacionado co autor homenaxeado: Laxeiro.

Nela, os nenos e nenas, a partir dunha marca no folio imaxinaban e facían unha obra co estilo artístico de Laxeiro. Como podemos observar o resultado foi variopinto e moi logrado.

Por suposto, no 3º trimestre fareos moitas máis actividades extraescolares e complementarias debido a súa importancia pedagóxica e didáctica.

 

Un saúdo!!

ENSINAR A SER:Programa de adestramento de habilidades emocionais para pais e nais

O vindeiro día 26 de abril levaremos a cabo outra sesión da Escola de Nai e Pais. En esta ocasión os contidos que traballaremos son os seguintes:

  • Cambios e fitos evolutivos nos nosos fillos/as
  • O cerebro: cambios evolutivos como funciona e reacciona
  • As emocións, conciencia e control emocional
  • Comprensión das propias emocións e as do resto
  • Estratexías da regulación emocional
  • As emocións na toma de decisións.

A sesión tera lugar no noso centro de ensino ás 16h e será impartida por María Iglesias Fungueiriño, Psicologa da asociación Renacer.

Agardamos a vosa presenza.

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

COMO O NÚMERO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PRESENTADAS NON SUPEROU O NÚMERO DE PRAZAS OFERTADAS NON É PRECISO BAREMAR.

Con data límite 25 DE ABRIL PUBLICAREMOS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS.

Pola lei de protección de datos soamente se poderán consultar no taboleiro de anuncios interior da escola, e/ou na aplicación /ou na aplicación “AdmisionAlumnado”.

 

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA NOVO ALUMNADO DE ED. INFANTIL E PRIMARIA ATA O 21 DE MARZO

Estimadas familias:

Do 1 ao 21 de marzo estará aberto o prazo para matricular ao novo alumnado de Primaria e Educación Infantil.

Aínda que pode cubrirse a solicitude de forma telemática ,recomendamos que vos acheguedes ao colexio a recollela  en horario de mañá e así poder aproveitar para coñecer o centro e todas as súas instalacóns e o seu  contorno.

Se tedes algunha dúbida podedes contactar con nós a través dos seguintes medios:

 Teléfono : 881866358

 Email: ceip.artes.ribeira@edu.xunta.gal

 

Un saúdo!

O ENTROIDO!

CHEGOU O ENTROIDO!

Tras agardar estas datas, chegou o Entroido!

A semana comezou cos mandatos , cos cales @s nen@s trouxeron boinas, panos, chalecos…

 

E hoxe chegou o día de disfrazarse!

 A temática deste ano foron disfraces tradicionais de Galicia que traballlmos antes grazas a colaboración do equipo de biblioteca e os seus fondos bibliográficos. As madamas e galáns de Vilaboa, as pantallas de Xinzo e os boteiros de Viana do Bolo. Todo saiu xenial e o traballo feito durante as últimas semanas fixo que o alumando gozara do día. Ao final degustáronse orellas e rosquillas que fixeron as delicias dos discentes.

 

 

 

Un saúdo!!

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA

Este 23 de febreiro festexamos  o Día de Rosalía, conmemorando a figura da nosa gran poetisa  e escritora que marcou, marca e marcará a forma de vivir dos galegos e galegas.

O alumnado  levou a cabo distintas actividades plásticas,manipulativas….  para que sempre teñamos en conta a esta gran muller.

 

 

Un saúdo!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO CEIP PLURILINGÜE DE ARTES

Estimadas familias:

 

 

 

Comunicámosvos  que durante os meses de febreiro e marzo  de 2022  teremos as Xornadas de portas abertas para que podades coñecer as nosas aulas, o pavillón, o horto ou as dependencias do comedor que teremos dispoñible no inicio do próximo curso... e así animarvos a que matriculedes as /os vos@s nen@s!

Se está interesad@ no noso centro, é necesario que solicite cita previa a través dos seguintes medios:

 Teléfono : 881866358

 Email: ceip.artes.ribeira@edu.xunta.gal

 

                 Un saúdo e non dubidedes en animarvos a contactar con nós!

 

O NADAL XA CHEGOU … E EN BREVES FIN DE ANO

Aproveitando a visita de Papá Noel celebramos a chegada do Nadal no noso centro cantando, decorando e vivindo estas datas tan especiais con moita ilusión.

Por suposto aproveitamos para despedir este ano escolar cunha celebración de fin de ano moi especial con música, badaladas de fin de ano…

 

 

 

Feliz ano 2022 para tod@s!!!

CEIPP DE ARTES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O colexio loita contra a desigualdade cunha enérxica resposta ante unha lacra como é a violencia de xénero.

De ahí este vídeo no que participou todo o alumnado e que pode verse clicando na imaxe.

Un saúdo!