Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

Complementarias

FEIRA DA EDUCACIÓN

Os nenos e nenas do colexio fomos á FEIRA DE EDUCACIÓN de Ribeira.

Fixemos dous obradoiros; os máis pequenos sobre reciclaxe e os máis maiores un obradoiro sobre  as obras do pintor Luís Seoane (homenaxeado no día das Artes Galegas).

Para rematar a xornada disfrutamos do concerto de Pablo Díaz!

Pasámolo xenial!

Se clicades aquí, podedes ollar como nos foi neste día!

APRENDENDO A APRENDER

O pasado mes de marzo, no colexio, tivo lugar no colexio a semana "APRENDENDO A APRENDER".

Nesta semana, fixemos diferentes obradoiros nas que os nenos e nenas cada día tiñan un reto diferente a conseguir, e tratábase de que aprenderan facendo. Eles tiveron que organizarse, planificarse e traballar en grupo para poder resolver o que se lles plantexaba. Fixeron marmeladas, experimentos científicos, manualidades de reciclaxe, pasta de dentes ecolóxica, xabóns, colonias...

Foi unha semana fantástica, na que nenas, nenos e mestres disfrutamos moito facendo estes obradoiros! 

APRENDENDO A APRENDER!

Na semana do 25 ao 29 de marzo estamos a desenvolver a SEMANA DE APRENDER A APRENDER, unha semana diferente na que abordamos diferentes aspectos, na que o noso alumnado aprenderá facendo!!!!

A comparsa dos choqueiros do CEIPP de Artes!

Esperamos que o pasarades tan ben coma nós...

Aquí podedes ver una mostra do ben que o pasamos!!

CLICADE AQUI PARA VER O VIDEO https://youtu.be/nsSmY_k4b2k

SEGUNDO TRIMESTRE

Neste segundo trimestre, comezámolo o día 9 de xaneiro cunha charla de SOGAMA para o alumnado, co fin de concienciar e formar ao alumnado de como e de que xeito reciclar o lixo que facemos.

O día 15 de xaneiro, a través da Protectora Moura, realizamos unha charla de concienciación "Xoguetes rotos", é dicir, unha mascota non pode ser un simple agasallo, se non que é algo máis, é un ser vivo que require de coidados e esixe responsabilidade conxunta de toda a familia.

O 18 de xaneiro, no marco do programa RRReducartes, recibimos a Os Bolechas co fin de concienciar da importancia de reciclar tamén os grandes electrodomésticos.

O 22 de xaneiro recibimos a visita de persoal do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que fixeron un obradoiro para o alumnado mostrando a marabilla que temos tan próxima e que debemos respectar: a flora, a fauna...

 

O 30 de xaneiro celebramos a conmemoración do Día da Paz, cunha actividade proposta dende a biblioteca. Realizaronse carteis coa palabra paz en distintos idiomas, a que adxuntaron a bandeira coloreada, así como fixeron aportacións como lugar de procedencia ou mesmo o significado das cores de cada bandeira. Realizouse ademais unha reflexión conxunta do amplo significado da PAZ, e máis concretamente, no noso día a día, o respecto mutuo entre o alumnado e persoas próximas.

 

 

Disfrutamos da oportunidade que nos brinda ter o Centro Recretativo de Artes tan próximo e visitamos o día 31 unha exposición de obras talladas en madeira, na que os propios artistas "SanAgasallo", que nos explicaron como o fan e con qué. Vimos cousas sorprendendes!

 

 Co fin de celebrar a conmemoración do 24 de febreiro día en que naceu a nosa ilustre representante galega Rosalía de Castro, fixemos actividades variadas como; realizar o seu retrato con material de refugallo, crear caligramas coa súa silueta e poemas así como recitar obras importantes.

Para traballar sobre o Día Internacional da Muller, participamos nun concurso de carteis a nivel centro, e no proposto dende a Secretaría Xeral de Igualdade. Fixeron preciosidades!

Ademais, recibimos 5 pequenas bibliografías de mulleres galegas e un contacontos da Secretaría. O contacontos ENCANCOUNOS, pois non só nos contaron a vida da pintora Maruja Mallo, pois tamén  a ilustraron á vez. E rematamos a actividade SENDO NOS OS PINTORES! nos ensinaron a facer o retrato de Maruja Mallo! QUE ARTISTAS TEMOS!

Ademais, na entrada que temos en infantil e 3º/4º fixemos unha exposición con láminas en cor, na que se distinguïan 3 zonas: Retratos (entre os que atopabamos algún de Maruja Mallo), Cremalleiras e aquelas máis representativas de Margaret Keane. Observaron as diferentes imaxes así como tamén recibiron información sobre algunhas curiosidades.

E tamén expuxemos os nosos retratos de Maruja Mallo!

 O 14 de marzo visitamos o GADIS no marco do programa ALIMENTES, co que se pretende que coñezamos os diferentes produtos e a alimentación equilibrada.

O 18 de marzo tivemos a visita do persoal do PROGRAMA ADA, destinado a formación en TIC no ámbito educativo, así como a iniciación á tecnoloxía en termos de igualdade, á vez que tivemos a oportunidade de coñecer á unica enxeñeira especialista en impresión en 3D de Galicia!

O día 21 de marzo, aistimos ao teatro para ver O PRINCIPIÑO! Os actores e escenario eran especiais! O alumnado do CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA eran os actores! Abrironnos as portas do seu centro, e invitaronnos á representación. FIXERONO XENIAL!

Do 25 ao 29 de marzo, levouse a cabo a Semana de APRENDER A APRENDER! Unha semana diferente, onde fixemos moitos obradoiros!! é dicir, aprendemos facendo!!

PRIMEIRO TRIMESTRE

O presente curso continuamos realizando actividades en relación coa natureza e os cultivos. O 14 de novembro realizamos un obradoiro de Micoloxía que permitiu coñecer, recoñecer e cultivar diferentes cogomelos.

Chegou o SAMAÍN, e o 31 de outubro. fixemos diferentes tarefas: lectura dun conto terrorífico feito nas aulas, decoración do centro, creación de cabazas para exposición, obradoiro de manualidades dun marcapáxinas e fixemos unha queima de medos,...para botalos fóra e desfacernos deles!!

O 9 de novembro, celebramos o Magosto. Degustamos as castañas asadas, fixemos xogos moi divertidos e obradoiro de xoguetes!

O 25N realizamos actividades en relación ao Dia contra a violencia de xénero, que xa puxemos na páxina principal, pois é fundamental, dar a visibilidade e importancia que se merece dito tema. Realizamos un video e un Obradoiro de chapas cos seus propios lemas. Ademais, os mais maiores, 5º/6º realizaron un obradoiro da Cruz Vermella contra o acoso escolar. Dende a escola unímonos ao TOLERANCIA CERO ANTE CALQUERA TIPO DE VIOLENCIA!

Fixemos unha saída ao Centro do Gravado e ao centro de día de Artes.

No museo aprendemos da man da artista da exposición como se crean as súas obras, que materiais empregan, que ferramentas,....

Ademais, visitamos o centro de día onde o alumnado adicou unhas cancións propias do nadal aos usuarios do centro. Cabe dicir, que o alumnado se esforzou en que todo saíse segundo o previsto. Destacar, que para todos, foi un momento moi emotivo.

Rematamos o primeiro trimestre, co tema co que o comezamos, pois tivemos boa colleita  de cogomelos, polo que se decidiu, realizar unha deliciosa receita e conservalos, para poder degustalos cando menos se espere.