Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Estimadas familias, os prazos de admisión son do 1 ao 20 de marzo. Recordade que pode ser no propio centro ou a través da plataforma online.
Deixamos enlace da páxina da xunta de xestión da admisión online así como aqueles documentos para facela presencial.
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Calquera dúbida, preguntádenos!!!
Unha pequena mostra da nosa andaina:
https://www.youtube.com/watch?v=-QJwZfCUVmQ
O ENTROIDO este curso levouse a cabo baixo o lema "No CEIPP de Artes coidamos do planeta". Unha campaña de sensibilización sobre o coidado do planeta Terra.
Na aula de infantil decidiron distrazarse de planetas Terra e a súa mestra de Capitán Planeta, e terán o reto de coñecer os seus problemas medioambientais e intentar solventalos entre todos.
A aula de 1º/2º/3º decidiron velar polo coidado das nosas árbores autóctonas, os carballos, contanto coa axuda da sua mestra a Capitana Anti-Tala.
O alumnado da aula de 4º/5º/6º preocupalles os mares e océanos, invadidos de plásticos, latas,... polo que xunto coa mestra Aquawomen, buscarán solucións e medidas para conseguir a limpeza nas nosas augas.
Ao longo da mañán do 14 de febreiro, celebramos o entroido coas familias, realizamos:
Aquí unha pequena mostra das danzas...
Pasámolo moi ben! Podedes ver as fotos clicando aquí na GALERÍA.
Os vindeiros días 28 e 29 de maio, terá lugar a avaliación individualizada de 3º de Educación Primaria prevista no artigo 12.7 do Decreto 105/2014 que establece o currículo da LOMCE de Galicia. Esta avaliación terá carácter informativo e orientador para o alumnado e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa.
AGARDÁMOSVOS!
Poden descargar o anexo II para a solicitude.