Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

Recíclate con Sogama

RECÍCLATE CON SOGAMA

ENTROIDO 2020 "No CEIPP de Artes coidamos do planeta"

O ENTROIDO este curso levouse a cabo baixo o lema "No CEIPP de Artes coidamos do planeta". Unha campaña de sensibilización sobre o coidado do planeta Terra.

Na aula de infantil decidiron distrazarse de planetas Terra e a súa mestra de Capitán Planeta, e terán o reto de coñecer os seus problemas medioambientais e intentar solventalos entre todos.

A aula de 1º/2º/3º decidiron velar polo coidado das nosas árbores autóctonas, os carballos, contanto coa axuda da sua mestra a Capitana Anti-Tala.

O alumnado da aula de 4º/5º/6º preocupalles os mares e océanos, invadidos de plásticos, latas,... polo que xunto coa mestra Aquawomen, buscarán solucións e medidas para conseguir a limpeza nas nosas augas.

Ao longo da mañán do 14 de febreiro, celebramos o entroido coas familias, realizamos:

  • un obradoiro de Danzas do Mundo (Pesdelán),
  • un desfile para mostrar os distraces e lemas.
  • merenda con produtos típicos galegos.

Aquí unha pequena mostra das danzas...

 https://youtu.be/I1IdE0BPSNw

Pasámolo moi ben! Podedes ver as fotos clicando aquí na GALERÍA.

CONCURSO "RECÍCLATE CON SOGAMA"

Boas a todos e todas!

Queremos compartir con todos e todas vós que o noso colexio ven de participar nun concurso de refugallo organizado por Sogama. Propuxéronnos facer unha obra artística con materiais de refugallo e así nos puxemos mans á obra, foi un traballo ben agradable e gustounos moito facer unha obra conxunta dende os maís pequenos aos máis maiores. Empregamos tapóns de botellas, chapas, botes de deterxentes, suavizantes, cápsulas de café, latas, redes vellas, cartón... e aquí podedes ver o resultado! Puxémoslle por nome "COIDAMOS DO QUE COMEMOS" tentando concienciar á xente da importancia de coidar do medio natural, neste caso do mar para así coidar tamén a nosa saúde.

Non sabemos se gañaremos ou non, pero pensamos que iso non é o importante, posto que nos gustou moito o resultado que obtivemos e pasámolo xenial facendo todo isto todos xuntos!

Agardamos que a vós vos guste tanto ou polo menos, unha parte do que nos gustou a nós.

Até a próxima

 

ROSALÍA E DÍA DA MULLER

Nesta entrada queremos amosarvos unha novidade que temos no colexio. Alá polo mes de febreiro, o día 24 conmemoramos o día do nacemento dunha gran escritora galega ROSALÍA DE CASTRO. Nas aulas traballamos cos seus textos, lemos, recitamos e ilustramos poesías que colocamos nunha exposición no corredor do centro. Ademais decidimos acompañar a exposición co seu rostro feito de materiais de refugallo.

Logo de facer isto, coincido co día da muller pensamos en decorar o corredor do colexio cunha muller importante para nós e decidimos que esta sería Rosalía de Castro.

Para facer o debuxo contamos coa axuda de dúas nais que viñeron facer a silueta e logo nós fomos enchendo de cor! Moitas grazas por axudarnos, estamos moi agradecidos e agradecidas!

Aínda non está rematado, pero achégase o final....

QUE VOS PARECE?

 

INSTRUMENTOS MUSICAIS CON MATERIAIS DE REFUGALO

Nesta entrada, queremos compartir con todos e todas vós como creamos os instrumentos musicais para "A comparsa do Entroido". Nas aulas, o alumnado foi deseñando, construíndo e elaborando diferentes instrumentos de percusión con materiais de refugallo; con rolos de papel de cociña, botellas de plástico, botes.....materiais que fomos traendo da nosa casa e cos que fixemos uns instrumentos ben bonitos!

Aquí, neste vídeo mostrámosvos como levamos a cabo o proceso e agardamos que vos guste!

 Até a próxima

CAMIÑAMOS E OBSERVAMOS POR ARTES

Ola a todos e todas! Queremos compartir con vós a saída que fixemos por Artes, arredor do colexio. Nesta saída o que fixemos foi observar as diferentes especies vexetais e animais que había, monumentos e construccións....

Ademais de observar o entorno, tamén fomos recollendo todo o lixo que atopamos polo chan e logo ao chegar ao colexio, botámolo nos colectores que temos nós aquí.

Aquí podedes ollar como nos foi a saída!

 

FACEMOS PAPEL RECICLADO

Nesta ocasión queremos mostrarvos o que estamos a elaborar na aula: PAPEL RECICLADO!

Traballamos coas instruccións e así fomos facendo todo o proceso da fabricación do papel

Aquí podedes ver unha mostra do que fixemos, agardamos que vos guste!

Reajustado_IMG_1028.jpg

 

DESEÑAMOS ESPELLOS

Os nenos e nenas de 5º e 6º na materia de plástica estivemos reutilizando diferentes materiais para facer uns espellos. Cortamos rolos de papel en tiras máis finas, pintamos as tiras e logo, cada un de nós, fomos pegando e dándolle diferentes formas á nosa creación artística.

Este foi o resultado! Clicade neste espello para ver algúns dos resultados!

                             

 

 

Que vos parecen?

 

O QUE SE ENCHUFA RECÍCLASE - OS BOLECHAS

Boas a todos e todas! O pasado venres, 18 de xaneiro, os nenos e nenas de Educación Primaria, tivemos a sorte de levar a cabo no colexio, unha actividade dos Bolechas  sobre a reciclaxe de aparatos electrónicos; que leva por nome     "O que se enchufa, recíclase".

Foi unha actividade moi interesante e divertida. Aprendemos como colaborar na reciclaxe de aparatos eléctricos que xa non usamos: teléfonos móbiles, lavadoras, lámpadas, ordenadores.....

Pasámolo xenial, até creamos un rap sobre a reciclaxe dos mesmos, mirade mirade as nosas fotiños..... 

 

 

<iframe

CHARLA SOGAMA

O pasado xoves, 7 de xaneiro, visitounos Mayra, dende Sogama, para darnos unha charla sobre a reciclaxe.

Estivo explicándonos a cantidade de lixo que xeramos ao día, como podemos contribuír a reducir isto; e así axudar ao coidado do planeta. Tamén estivemos clasificando diferentes residuos e aclarounos dúbidas sobre como separar os envases nos diferentes contedores e animounos a poñer en práctica as tres erres : REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR!

Clicade aquí para ollar as fotos!

 

REUTILIZANDO NO NADAL

Ola de novo a todos e todas!

Nesta ocasión queremos compartir con todós vós como decoramos o noso colexio no Nadal. Fixemos decorados e manualidades reutilizando materiais que tíñamos nas aulas fóra de uso; decoramos as ventás con copos de neve feitos de papel de periódico, un boneco de neve feito con tapóns de envases, estrelas con paus de madeira máis con briks de leite, unha grilanda feita tamén de tapóns, e unha árbore de nadal con restos de murais e decorados con papeis reciclados!

Pasámolo xenial realizando estes materiais!