Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

Recíclate con Sogama

RECÍCLATE CON SOGAMA

O COMPOSTEIRO

Logo da posta en marcha da horta ecolóxica "A horta de Manolo e @artistas" no colexio, pensamos que sería importante abastecernos nós mesmos de abono ecolóxico que os cultivos precisan.

É por iso que nestes momentos dispoñemos de catro composteiros onde botamos restos de alimentos e pousos do café que traemos das nosas casas e os restos das merendas do recreo; follas das árbores que recollemos do patio, etc. Pouco a pouco estos restos iranse descompoñendo e producirase o abono ecolóxico que precisamos.

Mentres, animámosvos a que olledes as fotos que aquí mostramos sobre a recollida de follas e o traballo que levamos a cabo co composteiro.

 

 

CHEGA AO COLEXIO A ILLA DE RECICLAXE

Antes de marchar de vacacións de Nadal, chegou ao colexio unha Illa de Reciclaxe (podedes vela aquí abaixo nas fotos) para que cada residuo o botemos no contedor correspondente e así colaborar coa reciclaxe.

Fomos a ver a illa e coa axuda duns dípticos que tamén nos entregaron estivemos vendo que debemos depositar en cada contedor. Non parece moi difícil, estamos moi moitivados nesta nova andaina!Esperamos seguir aprendendo máis e así axudar na conservación do planeta.

 

  

Até a próxima!

INICIÁMONOS NUN PROGRAMA DE RECICLAXE

A través deste programa de "RRReducartes" dentro da modalidade dos Plan Proxecta  "Recíclate con Sogama" os nenos e nenas do colexio queremos levar a cabo unha serie de iniciativas relacionadas co aproveitamento dos recursos, tomando conciencia da importancia de coidar o planeta e colaborar na correcta xestión dos residuos a través da práctica dos tres erres.

 

 

Agardamos que nos acompañedes nesta nova aventura e vaiades vendo todo o que imos aprendendo!!