Skip to Content

Educación Infantil

6º INFANTIL: COCIÑEIROS EN KIDS&US

Os nen@s de 5 anos cambiaron o seu rol de alumn@s polo de cociñeiros, creando un postre saudable nas instalacións de Kids & Us. E toda a receita en inglés!!! Que inmersión...!! Grazas pola invitación de Kids&Us.

 

"OSIÑO": MONICREQUES PARA INFANTIL

 

Dentro da programación para Escolares de Afundación, chegou a Ourense "Osiño", de Trompicallo. A vida nun anaquiño de fraga transfórmase coa chegada das diferentes estacións. Neste lugar vive Osiño coa súa nai. Con eles pasaremos un inverno en que Osiño ten moito frío, mais a súa mamá vaille ensinar o que un oso debe facer para non telo e poder xogar coa neve. Na primavera coñeceremos o avó de Osiño, que lle contará o seu conto favorito, o de cando a súa mamá de pequena coñecera un paporrubio. Polo verán levaranos dar un longo e fantástico paseo nocturno para poder levarlle á súa mamá un anaco de queixo moi especial. E no outono celebraremos o seu aniversario con el e os seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos.


 Unha divertida función de teatro de actores e monicreques á que asistiron @s nen@s de Infantil de 3, 4 e 5 anos.

5º INFANTIL: ESTEGOSAURIO Á VISTA!

 

 

Seguindo co noso traballo dos dinosaurios, traballamos cun dos nosos favoritos: o estegosaurio. Para iso empregamos as nosas mans; enchoupamos a man en pintura de dedos de 3 cores: verde, amarelo e marrón mesturadas. Estampamos a man no papel e co dedo índice fixemos a cola e as placas representativas deste dino.

Que chulis quedaron!!

 

 

 

 

 

5º INFANTIL: NACEU CHIQUI!!

 

 

Somos a clase dos dinosaurios. Un día visitounos a dinosauria Isaura e deixounos un agasallo: un ovo que tiñamos que coidar...
Os días foron pasando, o ovo rompeu e un dinosaurio naceu.

Entre tod@s decidimos porlle un nome, e ao final foi CHIQUI. Na súa honra fixemos este fermoso libro empregando a nosa creatividade e imaxinación. A ver se vos gusta!!

 

OS ARTISTAS DE INFANTIL DE 4 ANOS

 

 

En Infantil de 4 anos gústanos experimentar con materiais novos e ocorréusenos empregar espuma de afeitar. Canto nos gustou mancharnos de tintas de cores mesturadas coa espuma branca!

Pasámolo moi ben facendo cada un unha impresión distinta con este material tan divertido!!

 

 

INDIOS 3 ANOS

 

 

Na nosa aventura deste trimestre coñecimos os costumes, vivendas e danzas dos indios. Aprendemos a canción da chuvia e ata conseguimos que chovera de verdade!!, pois co noso disfraz e co noso ritmo pareciamos auténtcios indios.

 

CONTACONTOS EN INFANTIL

Dentro do programa de Animación á lectura que desenvolve a Concellería de Educación, o ciclo de Infantil recibiu a visita de Sabela.
Con ela viaxamos ao mundo de "Cancodrilo". Foi moi divertido! Descubrimos a escola, as verduras, as cores... con el. Nun primeiro momento agochábase e non quería sair, tiña moita vergoña... Primeiro sacou a cola, as patas... e por fin... CANCODRILO!!
Foi tan divertido que so queriamos coñecer cousas novas deste personaxe, pero como nos deixaron varios contos para a biblioteca de aula, convertíronse nun dos nosos contos preferidos. Estamos moi animados a descubrir novas aventuras de Cancodrilo LENDO os seus contos!!

OS REIS PASARON POLO COLEXIO!!

 

 

 

Á volta das vacacións de nadal atopámonos coa grata sorpresa de que os Reis Magos deixaron un montón de regalos para as aulas de Infantil.

Mirade que festa na apertura dos regalos!!

 

A VENDIMA EN INFANTIL DE 5 ANOS

 

 

En Infantil de 5 anos participamos con moito afán na vendima, así que aquí tedes o resultado do noso traballo de agricultores aplicad@s. Que ricas estaban as uvas antes de pisalas!!

Tamén observamos cadros de diferentes autores que pintaron sobre a vendima, pero o que máis nos gustou foi o de Sorolla. E nós, coma el, tamén fixemos o noso cadro titulado "A vendima".

 

 

INFANTIL DE 5 ANOS CON MOITO PULO

 

En Infantil de 5 anos están dispostos a vivir unha nova aventura durante este curso 2016/17, e para collelo con ímpeto recordan con alegría as aventuras do verán, que podedes ver no mural que elaboraron dentro da aula.

                
Distribuir contido


by Dr. Radut