Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Infantil
Érase unha vez...
Érase unha vez un lugar especial. Moi especial... Era un lugar marabilloso no que as nenas e os nenos atopaban a maxia de ser e de vivir. Que lugar cheo de soños !!!!!...e de ciencia e de experiencias, de risas e de coñecementos. De choros e de apertas, de enfados, de amores, de alicerces... Era un lugar de mancharse co barro e bailar baixo a chuvia, de pintar e cantar, de bailar e xogar. Un lugar cálido e fermoso no que nenos e nenas observan, tocan, discuten, falan, crean. Aprenden e ensinan. Onde cada día é novo e diferente e que mostra todos os camiños para crecer e para percorrer a vida. Un lugar que acolle e ofrece oportunidades. Onde caben todas, todos, coas súas diferenzas e as súas peculiaridades, con moita alegría e unha pizca de travesura. Un lugar que xera enerxía e benestar. Ese lugar é o noso lugar, onde queremos estar e compartir. Ese lugar está en Fene, é a nosa escola. O colexio Centieiras. |
AMBIENTE DE NATUREZA:MARZO II
As actividades Stem están tendo moito éxito coma esta de construir unha tirolina con lego,corda e poleas.
Observación das cenorias,cortalas e poñelas en auga para ver como brotan outra vez facendo unha cenoria con cosido.
Construcción con policubos da figura dunha xirafa e trasladandoa ao papel para coloreala .
Gusano do 100:unir cos botóns as diferentes partes 10,20,30,40,.... para contar de 10 en 10 e colocar as decenas correspondentes ou facer conteo de palillos.
Completar cos guisantes de gomets os colchóns do conto "La princesa y el guisante.
Pelado de cabeza de allos ,separación de dentes, conteo, ulir e utilizar todos os sentidos(xurdiron conversas como o allo pica nas feridas,é dificil quitarlle a pel,cheira ben ou mal, para facer empanada,.....
Tenda de camisetas e o que conleva coma poñer etiquetas con prezos,amosar,dobrar,cobrar e palabras de cortesía.Elaboramos dous dobradores de camisetas con cartóns e poideron aprender a dobralas e ver que con poucos pasos é moi doado.Fomenta a autonomía para recoller a súa camiseta e sentirse importante.
Dia da poesía
Esta semana celebramos o Día da Poesía enchendo o noso pobo con poemas de cordel. Continuando cos elementos que empregamos para ist, disfrutamos dunha instalación de xogo no cubo sensorial na que puidemos experimentar co cordel, coas pinzas, coas letras de POESÍA e con prendas de roupa. Pasámolo xenial e deixamos á nosa creatividad voar.
VERBAS MARZO
Durante o mes de marzo no ambiente de verbas levamos a cabo distintas actividades:
En canto a lectroescritura completamos palabras coas letras de madeira, traballamos coas tarxetas tres partes das aves, completamos o abecedario buscando as letras iguais e descubrimos a palabra máxica sacada de distintas imaxes.
Traballamos a motricidade fina cosendo en coas nosas propias mans nun bastidor, escurrimos a area que collíamos coa culler para así so quedarnos coas pedras de cores, pasamos pedras dun cazo a outro e transvasamos a través dun colador arroz.
Creamos a nosa propia cidade decorando casas de madeira e rolos de papel con cintas e la.
Decoramos os colchóns do conto " A princesa e o guisante" tirando o dado e facendo en cada colchón as grafias que nos pedía.
Xogamos na mesa de transvases, limos na biblioteca e descansamos na cama.
Na cociña tivemos unha nova incorporación: SAE AUGA DO GRIFO!
Aprendimos a lavar e secar os pratos e sen dúbida foi unha actividade moi divertida.
AMBIENTE DE NATUREZA MARZO I
As propostas desta quincena na súa maioría estiveron ambientadas no conto "La princesa y el guisante" del escritor danés Christian Andersen ,conto co que se traballaron valores como non xulgar polas apariencias, amor,amizade,sinceridade e xenerosidade.
- Coroa con pissla
- Construira cama da princesa con Lego
- Guisantes pequenos,medianos e grandes.
- Conteo de guisantes con plastelina para colocar nas súas vainas.
- Unir con números un castelo.
- Creación dun castelo con pezas imantadas.
- Seguir o código de cores ,cantidades e formas do castelo.
- Cortar uvas pola metade para comer .
- Panel de igualdade
- Tarxetas tres partes dos resaques Montessori
- Tenda de mascotas
BENVIDA A CENTIEIRAS CARLA!
O xoves 23 de febreiro empezou Carla,unha nena nova de 5 anos na aula de 6º de educación infantil.Recibímola con moito agarimo a ela e a súa familia que a acompañou á aula para que se sentise segura e tranquila.Os vindeiros días Carla estivo moi a gusto na aula e no patio facendo amizade ben rápido.O alumnado ensinoulle a aula,espazos da mesma, baños,propostas,etc e pouco a poco irase familiarizando coa axuda do grupo que pon moito interese e vontade.
Desexamos que Carla e a súa familia se sintan ben en Centieiras .
Día de Rosalia
Ao longo destas semanas estivemos preparando a celebración do Día de Rosalía para conmemorar a esta importantísima figura da nosa literatura. Para facelo, ademais dos poemas que recitamos polas prazas, tamén quixemos plantar unhas sementes que levasen ao crecemento dunha planta no futuro, como unha metáfora do viva que está en nós Rosalía de Castro.
Vos deixamos algunhas fotos do proceso que fomos seguindo, repatíndonos as tarefas nos ambientes. Así, no ambiente de verbas escribimos o nome desta autora e reflectimos a idea de que Rosalía VIVE; no ambiente de arte confeccionamos a base sobre a que iría a planta e no ambiente de natureza puxémonos mans á obra na plantación das sementes.
FEBREIRO NO AMBIENTE DE ARTE (ENTROIDO II)
Xa se vai o mes de febreiro!
Neste mes fixemos moitas cousas no ambiente de arte, algunha delas para celebrar o Entroido, como as caretas ou a confección de disfraces, e outras diferentes como os resaques, os murais ou os collages.
Desfrutamos tamén de espazos polivalentes como o noso cubo, no que poder ter un espazo de luz, un espazo de creación libre con ladrillos; a mesa de minimundos, a biblioteca, que nalgunhas ocasións convertiuse nun espazo secreto, a mesa de construccións ou a nosa Centi-consulta.
Ademais preparamos unha pequena sorpresa para o Día de Rosalia en colaboración cos outros ambientes.
Pasámolo moi ben e xa estamos preparadas e preparados para a chegada de marzo!
ENTROIDO NO AMBIENTE DE VERBAS
Durante a tempada de entroido no ambiente de verbas fixemos distintas actividades relacionadas con estas datas.
Na mesa de transvases encontramos confeti para pasar duns vasos a outros, na mesa sensorial encontramos con tiras de cores para enroscar, xirar, pasar polo centro dos tubos, tapar, e crear distintos escenarios con só as tiras de cores e os tubos de cartón.
Na mesa de grafomotricidade tivemos a creación de máscaras onde tiñan que debuxar distintas grafías, recortar, picar co punzón e por último decorar ao gusto de cada unha/un.
Diante dun espello decoramos máscaras con distintos materiais: pedras, pompóns e diamantes. Así facíamos unha pero podíamos chegar ver no reflexo hasta tres iguais.
Tamén adornamos máscaras seguindo a serie de cores con plumas e buscamos as parellas de distintas imaxes de máscaras de entroido.
Na mesa de lectoescritura escribimos vocabulario de entroido e tamén buscamos o nome do disfrace que tiña posto cada neno/a da imaxe.
Lemos contos, fixemos de comer na cocina, coidamos os bebés, limpamos o espello, fixemos a cama e deixamos a clase moi moi limpa antes de irnos.
