Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

AMBIENTE DE ARTE (MARZO)

Velaquí algunhas das propostas que, ao longo do mes de marzo, ocuparon o noso tempo no ambiente de arte. Desde actividades relacionados co proxecto do aire que as nenas e nenos de infantil estiveron a traballar neste segundo trimestre, como creación de esculturas con papeis e pintura de dedos, debuxos no espello, recreación de pirámides con palliñas e crebadendentes, reproducións na mesa de luz coas figuras xeométricas, coñecemento e representación da obra “Flores” de Andy Warhol, deseño de bolboretas, … Propostas entre as que non podían faltar o xogo simbólico no espazo do hospital e dos desfraces que tanto gusta!

EXHIBICIÓN DE VOO

O alumnado de educación infantil realizou unha exhibición de voo no patio do centro. Nela comprobaron o bo funcionamento dos seus avións.

TALLER DE COLARES PARA TAPABOCAS

O xoves 24 de marzo o alumnado de educación infantil participou nun taller de colares para tapabocas que viñeron a facer dúas mamás, Celia e Silvia. Todas e todos estaban encantados cos seus colares, moitas grazas mamás!!

 

 

O ambiente das verbas no ENTROIDO.

Foi unha semana ben divertida a do entroido, fixemos máscaras, colares e pulseiras de entroido, traballando así a motricidade fina, escribimos palabras típicas destas datas, decoramos antifaz con plastilina, e todo isto, sen deixar de lado a esencia do noso ambiente, o xogo simbólico coa cociña e os nosos bebés, a nosa cama que nos translada a momentos de paz e tranquilidade, a biblioteca donde desfrutamos cos nosos libros e a mesa sensorial e de transvases que sempre temos sorpresas que nos encanta descrubrir.

TEMPO DE ENTROIDO!

 

PDI CIENCIA:AIRE OU VENTO?

Nos recreos sacamos moitas veces a bolsa do aire, como lle chaman na aula, e que consiste nunha cesta con diferentes obxectos relacionados co aire que aportaron as familias, usan os abanicos, as cometas, cazan discos voadores, ventiladores,disparan foguetes,etc…

Na aula de natureza preparamos unha proposta con auga e barcos de papel para mover única e exclusivamente con obxectos que consideraran que podían facer vento, e cada quen buscou o que lle interesou dende un libro, a propia man, fuelle, inflador, abanicos ou un cartón.

 

Outra proposta que tiveron, foi elaborar unha cortina voadora, contaron as tiras,recortaron,dobraron, colocaron na corda  e tocou a hora de facer voar polo aire(festa rachada).

 

AMBIENTE DE ARTE: FEBREIRO

Seguimos a desenvolver o noso espírito artístico e creativo nas distintas propostas que atopamos no ambiente de arte.

No mes de febreiro pintamos con xeo, debuxamos e fixemos distintos trazos con escuma, mesturamos cores á vez que traballamos a pinza, modelamos barro e fixemos distintas obras artísticas estampando e inscrustando nel distintos materiais, elaboramos os nosos pai pais….

Pero iso non foi todo, pois no mes de febreiro non podían faltar as propostas de Entroido. Desfraces e máis desfraces, caroutas, coroas, antefaces,….

O AMBIENTE DAS VERBAS: XANEIRO

No ambiente das verbas estivo moi presente o inverno. Por iso, tivemos distintas propostas na aula: o vocabulario de inverno, creamos as nosas bufandas, fixemos copos de neve recortando e pegando sobre eles, pintando ao seu redor, con pedras, palliñas, pompóns… os animais da antártida, xogamos na mesa sensorial con temática de inverno, pintamos e poñémonos roupa adecuada para estas datas. Pero non queda aquí a cousa, tamén levamos a cabo actividades que xorden na nosa vida diaria: duchamos, peinamos, cambiamos de roupa e de cueiros as nosas e os nosos bebés, preparamos a comida, colgamos nas perchas a roupa e a dobramos, preparamos a comida…

 

 

AMBIENTE DE NATUREZA:PROPOSTAS

Diferentes propostas levadas a cabo no ambiente de natureza cando van rotando os grupos, aquí podedes ver o alumnado de 3 ,4, e 5 anos relizando aquelas actividades que máis lles interesan. a tenda, tableta,imáns, números, lego,taller, transformes con instruccións,olfato, anterior ou posterior, recortado para composicións,mapa mundi,policubos, series,areeiro,...

 

AMBIENTE DE NATUREZA :OS PULMÓNS

Representación do aparello respiratorio en papel,plastilina e no seu corpo despois do visionado de varios vídeos e da disección. Recoñecemento das diferentes partes que participan na respiración no corpo humano da aula .Téñennos localizados no tórax debaixo das costelas e que temos un músculo chamado diafragma que está situado por debaixo con forma de paracaídas e que axuda a inspirar e espirar o aire.

AMBIENTE DE NATUREZA:DISECCIÓN DOS PULMÓNS

CIRUXÍA DOS PULMÓNS:

Estes días nas aulas de educación infantil están coñecendo de primeira man como funcionan os pulmóns, e tamén  realizamos unha disección dos pulmóns deun cerdo para poder ver como son por dentro.Bisturí na man e cun permanente marcaron por onde ían cortar, díronse conta da exactitude que hai que ter para cortar. Con esta proposta educativa preténdese lograr que o alumnado adquira coñecementos  e concienciación sobre o seu corpo ,traballando diferentes aspectos como a repiración…todo isto sempre  partindo do xogo .Resultou moi interesante e asombrosa para o alumnado na gran maioría aínda que houbo algún ,que asco!.

Observamos que son os órganos máis grandes do corpo, que son esponxosos, blandos (aínda que cando queremos cortalos co bísturí son un pouco duros), rosáceos ,estaban fríos, e que ademáis flotan(realizamos a hipótese de que pasará cando mergullemos un anaco de pulmón en auga).

Resultaron ser verdadeiras ciruxanas e ciruxáns en todo momento!

 

 

Distribuir contido